Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN822D - Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
Convocar o V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as.
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia, xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora, capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.
Categorías do V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as
a) Identificación de oportunidades: premiarase a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro da Administración. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar e definir unha problemática que estea a afrontar a Administración autonómica galega no exercicio das súas competencias, así como as razóns que motivan a necesidade de interese que tería a súa resolución.
b) Proxecto coa temática máis innovadora: premiaranse proxectos innovadores xa realizados ou en curso. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar o proceso do proxecto, expoñer os puntos considerados fundamentais e xustificar as características que outorgan carácter innovador ao seu proxecto. Premiaranse aqueles proxectos coa temática máis vangardista e innovadora.
Premios
Establécense os seguintes premios:
1. As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros de se tratar dunha solicitude individual. Se a solicitude é dun equipo, o importe do premio en metálico será de 3.000 euros para o conxunto do equipo.
2. Ao abeiro da Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, e da Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral, ser beneficiario/a do Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, convocado pola Axencia Galega de Innovación, constituirá un criterio de avaliación dos graos I e II da carreira administrativa da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Todas as persoas premiadas das diferentes categorías do premio gozarán de recoñecemento público a través do acto de entrega, entrevistas para publicación e diploma acreditativo de tal condición.
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a) e 4.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
1. A forma de participación poderá realizarse a título individual ou conformando un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como voceiro do equipo, que será a encargada das comunicacións.
2. Mesmo cumpridos os requisitos recollidos na convocatoria, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas en que concorran algunhas das causas de exclusión recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nas súas normas de desenvolvemento, ou en calquera dos puntos desta convocatoria.
Tampouco poderá ser beneficiario o persoal incluído no artigo 37 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
3. Non se poderán presentar a este premio os proxectos que xa fosen gañadores nalgunha das edicións anteriores.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Área de Programas
Rúa Airas Nunes, s/n,
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957866
Email: programas.gain@xunta.gal
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Resolución do 8 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2023).
Extracto da Resolución do 8 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 161 do 25 de agosto de 2023).
Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se adxudica o V Premio empregados/as públicos/as innovadores/as, correspondente á convocatoria do ano 2023 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
26/08/2023 00:00 - 02/10/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de outubro de 2023.
Forma e lugar de presentación das postulacións
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo I).
2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
– Ficha de postulación (anexo II).
– Pluralidade de persoas solicitantes (anexo III), se aplica na súa solicitude.
– De xeito opcional, unha memoria que achegue máis información sobre a súa candidatura.
3. A ficha de postulación (anexo II) contará coas seguintes epígrafes:
– Na categoría «Identificación de oportunidades»: resumo da postulación; campo ou problemática que se pretende resolver; explicación do impacto, beneficios e efecto dinamizador sobre o escenario actual, e posibilidade de dar resposta á oportunidade detectada.
– Na categoría «Proxecto coa temática máis innovadora»: resumo da postulación; explicación do grao de innovación do proxecto; identificación da repercusión do proxecto sobre a problemática que se está a solucionar, o servizo público que se ve mellorado ou sobre a efectividade ou a calidade do traballo desenvolvido polo/a empregado/a público/a; explicación das capacidades do equipo técnico; explicación da utilidade que o proxecto pode ter noutro ámbito da Administración ou das sinerxías que se poden xerar con outras iniciativas.
4. Co obxecto de garantir o anonimato, no anexo II non figurará ningún dato persoal da persoa ou equipo de persoas autoras das propostas. Neste sentido, a Dirección da Axencia Galega de Innovación facilitaralle ao Comité de Avaliación, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e os datos non identificativos que a persoa solicitante incluíse no anexo II, e manterá custodiada a identidade da persoa autora ata que se resolva o procedemento.
5. No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os seus membros, exceptuando o representante, deberán cubrir o anexo III, referente á pluralidade de persoas solicitantes.
6. A/s persoa/s interesada/s poderán achegar, de xeito opcional, xunto coa solicitude (anexo I), unha memoria en formato libre que achegue máis información sobre a súa candidatura. Esta memoria ten que cumprir o seguinte formato: tipografía Xunta Sans, tamaño 11 puntos, entreliña de 1.5 e extensión non maior a dez páxinas.
7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
9. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social da persoa solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias á AEAT da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa solicitante.
f) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.
g) DNI ou NIE das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
h) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
i) Certificado de estar ao día no pagamento á Administración pública da Comunidade Autónoma das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
j) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
k) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes, no caso de tratarse de candidaturas en equipo.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"