Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
DE400D - Axudas a persoas técnicas/adestradoras e xuíces /árbitros de alto nivel 2023.
Establecer as bases reguladoras da concesión de axudas destinadas a apoiar persoas galegas que desenvolven funcións como técnicas ou adestradoras e xuíces ou árbitros de alto nivel que acrediten os requisitos administrativos e deportivos que se desenvolven nas presentes bases.
As persoas adestradoras ou técnicas e xuíces ou árbitros de alto nivel.
Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas adestradoras ou técnicas e xuíces ou árbitros de alto nivel que cumpran os seguintes requisitos:
◦ Ter acadado o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como persoas adestradoras ou técnicas, xuíces o árbitros de alto nivel nos anos 2022 ou 2023.
◦ Ter solicitado o recoñecemento como persoas adestradoras ou técnicas, xuíces o árbitros de alto nivel á Secretaría Xeral para o Deporte, previamente ao remate do prazo de solicitudes da presente convocatoria e acadado unha posterior resolución positiva.
◦ Declarar no momento da solicitude, con certificación federativa posterior que tramitará a Fundación Deporte Galego:
▪ Ter licenza federativa en vigor.
▪ Non estar cumprindo sanción disciplinaria firme en materia deportiva grave ou moi grave.
▪ Nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade na que desenvolven as súas funcións, conforme aos apartados 6.3.1. e 6.3.2.
• Persoas técnicas e adestradoras: vinculación a un deportista ou equipo que acrediten ter conseguidos os resultados requiridos no baremo 6.3.1.
• Persoas xuíces e árbitros: participación nas competicións detalladas no baremos 6.3.2.
◦ Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.
No caso de todos os tipos de Axuda, a persoa solicitante deberá cumprir cos criterios específicos estipulados no apartado 6.2. Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Rúa Madrid 2-4, edificio EGAP, 2ª p
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996371
Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal
Fundación Deporte Galego
Anuncio da convocatoria de axudas a persoas técnicas/adestradoras e persoas xuízas/árbitras galegas de alto nivel 2023 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2023).
BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A PERSOAS TÉCNICAS/ADESTRADORAS E XUÍCES/ ARBITROS DE ALTO NIVEL 2023
Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se lles recoñece ás persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento e rendemento deportivo de base, persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas e árbitras a condición deportiva de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa (DOG nº 51 do 12 de marzo de 2024).
Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se publica a relación vixente de persoas deportistas de alto nivel, alto nivel vitalicio, alto rendemento, rendemento deportivo de base, xuíces, árbitros e técnicos (DOG nº 60 do 25 de marzo de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2023 00:00 - 14/08/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Solicitudes .
As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude ( Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Tamén poderán presentarse s solicitudes presencialmente no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 hora.
Documentación complementaria .
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
· Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.
· Anexo III. Formulario de participación (persoas xuíces e árbitros) ou mellores resultados deportivos (persoas adestradoras e técnicas), acadados en 2022.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente nos lugares e rexistros indicados no apartado 5.1 das bases.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento DE400D e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos .
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
· NI/NIE da persoa solicitante.
· DNI/NIE da persoa representante.
· Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
· Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
· Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites posteriores á presentación de solicitudes .
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente na forma e nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2023
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición profesional de Galicia 2019.
Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia.
Axudas Galicia Paris 2024.
Subvencións a concellos para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.
Selección dunha entidade colaboradora para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do bono deporte.