Guía de procedementos e servizos

SI436C

Plan Corresponsables: Liña Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais e pais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 28/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

1. Liña de Plan Corresponsables a desenvolver polas asociacións de nais e pais, de centros sostidos pola Xunta de Galicia, federacións e confederacións de nais e pais. Consiste en actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con fillas e fillos menores de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

2. As actuacións destinaranse ao coidado de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos inclusive, e con carácter prioritario en caso de vítimas de violencia de xénero en todas as súas manifestacións, especialmente cando teñan que acudir a interpoñer denuncias, procesos xudiciais, citas médicas e terapéuticas, ou outros trámites burocráticos; familias monomarentais e monoparentais; mulleres en situación de desemprego para realizar accións formativas ou procura activa de emprego; mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.

3. Nos procesos de valoración de acceso aos servizos postos en marcha con cargo aos fondos recibidos deberán considerarse como criterios de valoración o nivel de renda e as cargas familiares das persoas que soliciten a participación nos mesmos.

4. Ao amparo do disposto na presente resolución serán subvencionables as seguintes tipoloxías de proxectos:

4.1. Bolsas de coidado profesional de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos de idade, coa posibilidade de desenvolver unha ou máis das seguintes modalidades:

a) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade que poidan prestarse en domicilio por un número determinado de horas semanais.

b) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade, que poidan prestarse en dependencias públicas convenientemente habilitadas para o efecto, tales como escolas, centros municipais, multiusos, polideportivos, ludotecas, entre outros, cumprindo coas garantías sanitarias, así como coa normativa que lle sexa de aplicación.

4.2 . Plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias: Implementación de plans e actuacións de formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias, para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta liña de subvención as asociacións de nais e pais de alumnado (Anpas) dos centros educativos sostidos con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

2. Tamén poderán ser entidades beneficiarias as federacións e confederacións de asociacións de nais e pais  que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade

Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade

Edificios Administrativos de San Lázaro, s/n

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995981/ 881999233/ Coordinación e dúbida sobre o procedemento: 981957689

Email: promocion.igualdade@xunta.gal ou plan-corresponsables.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Promoción da Igualdade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/07/2022 00:00 - 29/08/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

1. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das medidas de Plan Corresponsables definidas no artigo 4 referidas a custos directos de persoal e custos indirectos, nos termos establecidos no artigo  9 desta resolución.

Serán subvencionables os gastos xerados entre o  1 de setembro de 2022 e ata o 31 de decembro de 2022, ambos os dous incluídos.

2. Para determinar o gasto subvencionable e o importe da subvención, teranse en conta os custos directos de persoal dos/das profesionais que leven a cabo as medidas de Plan Corresponsables, definidas no artigo 4, máis un 10 % para o financiamento doutros custos indirectos vinculados ao desenvolvemento do programa subvencionado. Estes gastos indirectos non requirirán unha xustificación adicional.

En todo caso, a contía máxima da axuda será de  20.000 euros.

3  Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal. En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento da subvención e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden como mínimo o  25% do custo do persoal.

4. Todos os requisitos e condicións exixidos nesta resolución para as tres liñas de subvención previstas deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto a).3 do artigo 5.

- Solicitude segundo o Anexo I.3

- Anexo II.2 Certificación sobre o acordo de solicitar a subvención.

- Anexo III Memoria descritiva da actuación.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

- DNI/NIE da persoa que actúa en representación da asociación de nais e pais ou federación.

- Concesións de subvencións e axudas.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).

    • Extracto da Resolución do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59

BS404A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59

BS423A

Título de familia numerosa / Carné familiar.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano