Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED021A - Procedemento para a integración no corpo de profesores de ensino secundario do persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
A presente orde ten por obxecto convocar o procedemento para que o profesorado funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que reúna os requisitos e cumpra as condicións establecidas poida integrarse no corpo de profesores de ensino secundario, de conformidade coa normativa básica establecida polo Real decreto 800/2022, do 4 de outubro. Este procedemento habilitarase na sede electrónica co código ED021A.
O profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional que reúna os requisitos e as condicións establecidas na base cuarta poderá integrarse, logo de solicitude formulada nos termos recollidos na base quinta, nunha das especialidades do corpo de profesores de ensino secundario que se relacionan no anexo II da presente convocatoria.
Para poder participar na presente convocatoria pública de integración no corpo de profesores de ensino secundario deberán reunirse e acreditarse, no prazo de finalización de solicitudes, os seguintes requisitos e condicións:
1. Ser persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
2. Ser titular da especialidade en que se solicita a integración.
3. Ter destino definitivo ou encontrarse en expectativa de destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. Estar en situación de servizo activo ou na situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero e excedencia por razón de violencia terrorista, sempre que tivese o seu último destino en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
5. Posuír, ou estar en condicións de obter antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes establecido na base quinta, unha das seguintes titulacións: grao, doutoramento, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente para os efectos de acceso á función pública docente, diplomatura universitaria, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Ed. Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545445
Email: persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Orde do 28 de outubro de 2022 pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2022).
Resolución da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario pola que se modifica a resolución do 7 de marzo 2023.
Orde do 17 de abril de 2023 pola que se resolve o procedemento de integración no corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A), convocado mediante a Orde do 28 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 9 de novembro) (DOG nº 78 do 24 de abril de 2023).
Corrección de erros. Orde do 17 de abril de 2023 pola que se resolve o procedemento de integración no corpo de profesores de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED021A), convocado mediante a Orde do 28 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 9 de novembro) (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
10/11/2022 00:00 - 09/12/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Unha vez rematado o dito prazo, a solicitude de integración será vinculante nos seus termos para a persoa aspirante e non poderá ser obxecto de modificación. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 3 da base quinta, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes de integración.
Solicitudes .
As persoas interesadas deberán formular unha solicitude (anexo I) obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED021A).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude deste procedemento normalizado.
Con todo, o persoal solicitante deberá proceder do xeito que se indica a seguir:
1. Persoal solicitante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021, pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais, que consten no expediente serán empregados na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros necesarios para a xestión do persoal docente.
O persoal solicitante poderá verificar o seu expediente persoal na páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais. No caso de que sexan correctos todos os datos profesionais e académicos, sobre todo a titulación que lle permite a integración no corpo de profesores de ensino secundario, o persoal solicitante soamente deberá presentar a solicitude de integración por medios electrónicos, de conformidade co establecido nesta convocatoria pública.
2. Persoal solicitante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido nesta base, o persoal docente que solicite a integración e non teña o seu expediente actualizado, concretamente os datos académicos referidos ás titulacións que posúe, ademais de presentar a solicitude de integración por medios electrónicos (código de procedemento ED021A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).
Para estes efectos, aquelas persoas que non dispoñan do título deberán presentar, xunto coa solicitude do procedemento normalizado ED011A, a certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención do título, xunto co recibo acreditativo conforme se efectuou o pagamento correspondente das taxas de expedición deste. No caso de titulacións expedidas no estranxeiro, deberá achegarse a credencial que acredite a súa homologación ou a declaración de equivalencia a nivel académico de grao, segundo o Real decreto 889/2022, do 18 de outubro, polo que se establecen as condicións e os procedementos de homologación, de declaración de equivalencia e de validación de ensinos universitarios de sistemas educativos estranxeiros, e polo que se regula o procedemento para establecer a correspondencia ao nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos universitarios oficiais pertencentes a ordenacións académicas anteriores, e o Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativas ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro).
Comprobación de datos .
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades verificará na súa base de datos de persoal os seguintes requisitos e condicións de participación da persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A):
a) Condición de persoal funcionario de carreira do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional.
b) Especialidade da cal é titular.
c) Situación administrativa e, de ser o caso, onde teña o seu último destino en servizo activo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso mediante concurso de méritos a corpos de persoal docente non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres.