Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR651C - Axudas destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, en concorrencia competitiva.
2. Poderán ser obxecto de axuda as seguintes actuacións:
a) Actuación 1. Servizo de apoio técnico para a xestión forestal.
b) Actuación 2. Revisión de esbozos das carpetas-ficha en CMVMC, consonte a disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
c) Actuación 3. Deslindamentos parciais entre CMVMC, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
d) Actuación 4. Deslindamentos parciais entre a CMVMC e propiedades particulares, consonte o artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
3. As actuacións elixibles no punto 2.a) e b) deste artigo ampáranse nas actuacións dos investimentos I4, xestión forestal sustentable do compoñente 4, do Plan de recuperación transformación e resiliencia (PRTR) para o período 2021-2023, segundo o acordado na conferencia sectorial de referencia, e recollidas no anexo IB cuxa certificación do devandito acordo adoptado foi asinada con data do 14 de xullo de 2021 polo secretario xeral técnico do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e secretario da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, e polo tanto, o marco normativo básico é o seguinte:
– Regulamento (UE) núm. 2020/2094, do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.
– Regulamento (UE) núm. 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
– Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España aprobado o 16 xuño de 2021 mediante decisión de execución do Consello de Europa.
– Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.
– Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.
– Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que deben proporcionar as entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos, e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para os fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia –financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU– que se poidan establecer.
As actuacións elixibles no punto 2 a) e b) deste artigo acóllense ademais ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), ou de ser o caso, estas axudas acolleranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013), modificado polo Regulamento (UE), núm. 316/2019, do 21 de febreiro de 2019.
4. As actuacións elixibles no punto 2.c) e d) deste artigo ampáranse nos artigos 21.1.d) e 25 do Regulamento (UE) núm. 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e no artigo 35 do Regulamento (UE) núm. 702/2014, da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, e modificado, por última vez, mediante a Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño.
Comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).
Obrigas .
1. A beneficiaria da axuda e o solicitante están obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.
2. A beneficiaria está obrigada a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.
3. Os beneficiarios das actuacións recollidas nas alíneas a) e b) do punto 2 do artigo 1, e de acordo co establecido no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) núm. 2021/241, deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un período de 3 anos a partir do pagamento.
1. As beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
3. Non poderán ser beneficiarias as empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
4. Non poderán ser beneficiarias aquelas CMVMC que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546072/ 981546073
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 26 do 9 de febreiro de 2021).
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 26 do 9 de febreiro de 2021).
Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021).
Extracto da Orde do 18 de marzo de 2021 pola que se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso á boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021).
Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-20 (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021).
Extracto da Orde do 8 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-20 (DOG nº 116 do 21 de xuño de 2021).
Orde do 7 de decembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).
Anuncio do 24 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C) (Diario Oficial de Galicia número 26, do 9 de febreiro de 2021) (DOG nº 40 do 28 de febreiro de 2022).
Orde do 18 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 100 do 25 de maio de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
10/02/2021 00:00 - 16/04/2021 23:59
1. Segundo a Orde do 18 de marzo de 2021 (DOG nº 55 do 23 de marzo de 2021), modifícase o número 1 do artigo 10 da Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG nº 26 do 9 de febreiro de 2021) no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que pasa a ser de corenta e cinco días hábiles.
2. As actuacións solicitadas na solicitude de axuda poderán iniciarse logo da presentación da declaración responsable establecida no artigo 16 desta orde.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Deberán presentar unha solicitude por actuación do artigo 1, punto 2, correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude ou á súa revogación, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedesen. Estes datos son:
a) Datos da entidade solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).
b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.
c) Tres ofertas de diferentes provedores, en que debe constar como mínimo: sinatura, NIF, número do Resfor, nome e enderezo da empresa ofertante ou da persoa que asine; o nome ou razón social da entidade solicitante da axuda; a data de expedición; os conceptos ofertados e o seu importe.
d) Tipo de actuación: deberá constar que tipo de actuación do artigo 1, punto 2, se solicita.
Documentación necesaria para a tramitación do procedemento .
1. As entidades deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:
A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:
1. Poder notarial.
2. Representación legal, debendo presentar a autorización asinada (persoas físicas) ou copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal (persoas xurídicas).
B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):
Realizará o levantamento de acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, e deixará constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro, apartarase desde ese momento a persoa representada do procedemento e dirixiranse as seguintes actuacións ao representante.
C. Mentres non entre en vigor o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos, declaración responsable asinada electronicamente polo solicitante e a persoa a que se lle outorga a representación, en que se deixe constancia de que a partir dese momento un suxeito actúa en nome e representación doutro suxeito.
a.2) Acreditación da propiedade:
A propiedade acreditarase mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
a.3) Deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor). Por outra banda, non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que se atopen nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.
a.4) Unha memoria de actividades que conterá coma mínimo:
a.4.1) Os datos básicos da CMVMC e do/s monte/s da súa propiedade.
a.4.2) Memoria valorada xustificativa de todas as accións que se van realizar, de acordo coas epígrafes que figuran no anexo IV, indicando unidades e custo.
a.4.3) Para as actuacións de revisión de esbozos e deslindamentos parciais, a estimación de quilómetros de perímetro obxecto de solicitude de axuda pública.
a.5) No caso de dispor dela, documentación xustificativa que acredite que a superficie obxecto de solicitude está baixo certificación forestal consonte algún dos sistemas recoñecidos internacionalmente (PEFC ou FSC).
a.6) Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario co visto e prace do presidente, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite axudas á consellería competente no medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude. Este certificado non será obrigado no caso de existir unha situación de emerxencia sanitaria que limite ou prohiba a reunión de persoas, neste caso o dito certificado será entregado xuntamente coa solicitude de pagamento.
2. A documentación deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
6. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Trámites posteriores á presentación das solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
c) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
d) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
e) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).
f) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
g) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
h) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
i) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.
j) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.
k) Concesións de subvencións e axudas.
l) Estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, e anexo III (se for o caso), e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.
Declaración responsable para aproveitamentos de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola administración.