Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT221C - Subvencións para o libro galego no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT221C).
As axudas van dirixidas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras, publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras, publicadas orixinariamente noutras linguas. Nesta tradución tense en conta, especialmente na súa valoración, aqueles xéneros literarios minoritarios como son a poesía, o teatro, o álbum ilustrado e a literatura infantil.
Tamén se subvenciona a edición dos libros traducidos ao abeiro desta orde, financiándose os gastos de edición, tales como os de deseño e maquetación, preimpresión, impresión, manipulado, correccións de estilo, ortotipográfica e as probas.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2020.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución e a edición aquelas persoas físicas, ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.
Obrigas das persoas beneficiarias
1. As persoas beneficiarias desta axuda quedan suxeitos ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As persoas beneficiarias da subvención farán constar en toda a comunicación e publicidade xerada o seguinte texto: «Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia». Tamén se fará constar o logo oficial da Xunta de Galicia. Se deberá cumprir coa normativa vixente esixida para o depósito legal.
3. No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do último pagamento, a persoa peticionaria deberá presentar unha declaración complementaria das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas coma das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
4. As persoas beneficiarias desta axuda deberán presentar a documentación xustificativa de que a obra subvencionada foi editada, onde conste expresamente o número de exemplares editados. O órgano instrutor poderá comprobar, a través das canles habituais de distribución, que as obras se encontren realmente inseridas no mercado editorial galego ou dos ámbitos para os que estiver destinado o proxecto subvencionado, e requirir, de ser o caso, a xustificación acreditativa deste aspecto.
5. As persoas beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.
6. Si para a realización da actividade obxecto da subvención se utiliza calquera elemento susceptible de xerar dereitos de autor, debe cumprirse co que dispón a normativa sobre propiedade intelectual.
7. As persoas beneficiarias das axudas terán a obriga de facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
- Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro
Servizo do Libro e Publicacións
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544810 / 981545804
Fax: 881995141
Email: secretaria.xeral.cultura@xunta.es
Dirección Xeral de Cultura
Resolución do 12 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición (Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro) (DOG nº 166 do 18 de agosto de 2020).
Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición, e procédese á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2020)
Extracto da Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición e procédese á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 27 de 10 de febreiro de 2020)
Prazo de presentación: PECHADO
11/02/2020 00:00 - 10/03/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se incorpora como anexo I.
2. A presentación electrónica será obrigatoria para as editoriais que sexan persoas xurídicas e para os seus representantes, de acordo co establecido no artigo 14.2.a) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de que presenten as súas solicitudes presencialmente, requiriranse para que as emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
3. As editoriais que sexan persoas físicas, aquelas que non teñan a obriga de darse de alta como autónomas, opcionalmente, poderán presentar as súas solicitudes presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
A. Documentación de carácter xeral . Esta documentación só se presentará unha vez, no caso de varias solicitudes da mesma editorial:
– De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da editorial solicitante, tanto que sexa persoa física como xurídica. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
– Copia do último recibo do imposto de actividades económicas, certificado de exención, no caso de proceder, ou declaración xurada de tal exención.
– O catálogo actualizado da produción realizada pola editorial ou indicación da páxina web onde se poida consultar.
– No caso de que a editorial, sexa persoa física ou xurídica, non conste inscrita nas bases de datos da Axencia Estatal da Administración Tributaria, e/ou, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e/ou da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, deberá achegar unha certificación que acredite o motivo polo que non figura inscrita nas ditas bases de datos.
B. Documentación específica referida ás obras que se pretende traducir:
– Calendario de investimentos para desenvolver cada proxecto editorial.
– Modelo de contrato que a editorial asinaría coa persoa tradutora da obra, conforme ao establecido na Lei de propiedade intelectual, no que debe constar o importe da tradución, e si a obra obxecto da subvención se traduce desde a lingua orixinal ou dunha lingua distinta da orixinal.
– No caso de que a editorial conte cun equipo propio de tradución, certificación que acredite que a persoa responsable da tradución está incluída no seu cadro de persoal, nunha categoría que a habilite para o exercicio de tal labor.
– Un exemplar completo da obra para a que se solicite a axuda. Este documento deberá presentarse en soporte papel tal e como se recolle no artigo 8 apartado 6.
– Xustificante de ter os dereitos precisos para a publicación da obra.
– Plan de distribución previsto, baseado na realidade da editorial ou, se for o caso, con xustificación das expectativas.
– Nas publicacións electrónicas, bastará con que se acredite que o libro poderá adquirirse a través da páxina web da editorial ou dalgunha plataforma de venta accesible no país de destino.
– Breve referencia do interese do proxecto para a cultura galega.
– Currículo da persoa tradutora, onde se recolla os aspectos que se valoran nos criterios establecidos no artigo 12 da orde de convocatoria debidamente acreditados:
– Número de obras nas que participou como tradutor/a editorial e literario mediante a certificación da editorial que fixo a tradución da obra na que participou ou calquera outra documentación onde quede constancia de tal extremo.
– Premios, distincións e recoñecementos literarios no ámbito específico da tradución, así como outros premios, distincións e recoñecementos literarios. Deberá achegarse documentación que os acredite.
– Dominio da lingua desde a que se traduce a obra. Acreditarase o nivel de coñecemento da lingua mediante a presentación dunha certificación expedida polas institucións oficiais ou calquera outra documentación que o permita acreditar.
– Dominio da lingua para a que se vai traducir a obra. Acreditarase o nivel de coñecemento da lingua mediante a presentación dunha certificación expedida polas institucións oficiais ou calquera outra documentación que o permita acreditar.
C. Documentación para editoriais de fóra de España:
As editoriais solicitantes de fóra de España, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, deberán acreditar os mesmos extremos que as editoriais españolas, e para iso deberán achegar a documentación equivalente de acordo á lexislación vixente no seu país, tanto a prevista no artigo 7 como aquela prevista no artigo 9, que non se poida comprobar, da presente orde.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo foron presentados. Presumirase que o acceso a estes documentos é autorizado polas editoriais, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos contidos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación que se achegue coa solicitude debe vir obrigatoriamente nunha das dúas linguas oficiais de Galicia ou, noutro caso, acompañada da súa correspondente tradución, certificada pola editorial solicitante, que será responsable da veracidade da tradución.
5. A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá pedirlles as persoas solicitantes que acheguen a documentación complementaria ou orixinais que considere necesarios para acreditar os datos que figuren na solicitude, incluídos albarás, facturas, certificados de tirada e de distribución etc.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. As editoriais que sexan persoas xurídicas e os seus representantes deberán presentar a documentación complementaria electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2.b) e d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presentase a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As editoriais que sexan persoas físicas, aquelas que non teñan a obriga de darse de alta como autónomos, deberán presentar a documentación preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. As editoriais, tanto persoas físicas como xurídicas, responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, a Dirección Xeral de Políticas Culturais, poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
4. Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. Excepcionalmente, a documentación referida á achega dun exemplar completo da obra para a que se solicita a axuda, prevista no artigo 7 apartado B, deberá presentarse en soporte papel, posto que é inviable a súa presentación electrónica, en aras dunha mellor racionalización dos recursos administrativos e por motivos legais. A dita documentación poderá presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixirase a Dirección Xeral de Políticas Culturais, Servizo do Libro e Publicacións, na Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa solicitante, si a editorial solicitante é unha persoa física.
b) Documento nacional de identidade ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante da editorial solicitante, tanto sexa persoa física como xurídica.
c) Número de identificación fiscal (NIF) da editorial, cando sexa persoa xurídica.
d) Alta no Imposto de Actividades Económicas referido ao epígrafe correspondente á edición de libros, de ser o caso.
e) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesourería Xeral da Seguridade Social e da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas
2. As editoriais de fóra de España que non dispoñan da documentación prevista no parágrafo anterior, deberán achegar a súa equivalente, de acordo á lexislación do seu país de orixe, dado que automaticamente non se pode comprobar.
3. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas deberán facelo constar nos correspondentes cadros habilitados para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
4. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras y editoras nas actividades realizadas no sector do libro.