Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR670C
Prima de mantemento primeira forestación de terras non agrícolas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
A orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019, para a concesión das primas de mantemento correspondentes ás superficies forestadas mediante as axudas á creación de superficies forestais (medida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR670C) dos anos 2019, 2020 e 2021.
Finalidade.
1. Estas primas teñen como finalidade contribuír ao coidado, mantemento e demais traballos forestais posteriores á plantación, financiando os traballos mediante unha prima de mantemento anual nos primeiros anos de existencia das plantacións realizadas.
2. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.
Poderán ser beneficiarios todos os titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2018 ao abeiro das ordes do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e a creación de superficies forestais e a súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248, do 30 de decembro de 2015), e do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e a súa convocatoria para ano 2017 (DOG nº 115, do 19 de xuño de 2017) cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 e que soliciten as primas previstas nesta orde.
Obrigas.
1. O beneficiario da prima está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da consellería competente no medio rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, Tribunal de Contas e Consello de Contas, e as instancias de control comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas e a levar un sistema de contabilidade separado, ben como un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás primas solicitadas ao abeiro desta orde.
2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Fomento Forestal
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546073 / 981546075
Fax: 981546101
Email: mediorural.recursosforestais@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: PECHADO
02/02/2019 00:00 - 01/03/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
1. Os beneficiarios das primas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde e nas ordes de axudas que figuran no artigo 3 desta orde.
2. Se as superficies plantadas se transmitiren en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, e, en todo caso, o novo titular debe cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.
3. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as primas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.
4. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural nas materias relacionadas con esta orde.
5. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o dito requisito.
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procederen. Estes datos son:
a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).
b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.
c) Tres ofertas de diferentes provedores, asinadas ou seladas.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude (anexo I):
a.1) No caso do representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditar esa representación mediante algún dos seguintes medios de acreditación:
A. Por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna:
1. Poder notarial.
2. Representación legal, presentando a autorización asinada e a copia de escrituras ou poderes onde se acredite a representación legal.
B. Mediante declaración en comparecencia persoal do interesado (poder apud acta):
Realizará o levantamento da acta un funcionario público dunha oficina de asistencia en materia de rexistros, deixando constancia de que a partir dese momento un suxeito actuará como representante doutro; desde ese momento apartarase a persoa representada do procedemento e as seguintes actuacións serán dirixidas ao representante.
a.2) Deberanse presentar tres ofertas de diferentes provedores nas cales figurarán detalladas as actuacións de mantemento que se realizarán (obrigatorio, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras) nas anualidades 2019, 2020 e 2021, e o seu importe por anualidade (indicarase o custo por hectárea das actuacións de mantemento que se realizarán). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, sen admitirse as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da prima, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. As ditas ofertas deberán estar asinadas ou seladas e incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da prima, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.
a.3) Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura (Clasificación nacional de actividades económicas –CNAE– subgrupo A02: Silvicultura e explotación forestal, códigos 021 ou 024, ou obxecto social no que figure dita vinculación; ou epígrafe do IAE), polo que, xunto aos orzamentos, se deberá presentar documentación xustificativa da CNAE ou do IAE ou do obxecto social de cada un dos provedores.
a.4) Para asociacións ou agrupacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarase debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo II ou acordo de cesión.
a.5) Para proindivisos, de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarase debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo III e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.
a.6) No caso de CMVMC, certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan que o presidente da CMVMC solicite as primas á consellería competente no medio rural para a execución das accións obxecto da solicitude.
a.7) No caso doutras entidades xurídicas (cooperativas asociacións, agrupacións, etc.), acreditación da persoa física que as representa e anexo IV debidamente cuberto. Tamén deberán presentar copia dos estatutos ou escrituras de constitución, no caso de non telos presentado con anterioridade e para o cal no impreso de solicitude se deberá indicar o órgano, procedemento e ano de presentación.
b) Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase tamén por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se a presentación desta documentación se realiza presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
f) Estar ao día do pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
g) Estar ao día do pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoas solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
h) Estar ao día do pagamento coa Xunta de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
i) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.
j) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I e, se for o caso, no anexo VI, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).
-
Anuncio do 11 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas tramitadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (Diario Oficial de Galicia número 23, do 1 de febreiro de 2019) (DOG nº 86 do 7 de maio de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento como persoa silvicultora activa.
Aberto todo o ano
Autorización para a utilización do lume na eliminación de restos de aproveitamentos forestais ou selvícolas en zonas de especial risco de incendios forestais (ZER).
Aberto todo o ano
Autorización de uso de maquinaria non forestal nin agrícola nas zonas próximas aos montes.
Aberto todo o ano
Comunicación anual de datos ao rexistro de empresas do sector forestal de Galicia creado na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Aberto todo o ano