Guía de procedementos e servizos

IG524A

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das Pemes.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 02/01/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Estas bases regulan o contido e o procedemento de tramitación do programa de apoio dirixido a facilitar o acceso ao financiamento por parte das pemes do seu activo corrente.

Poderán acceder aos reavais previstos nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe da axuda que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario lle correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos do artigo 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape

Complexo Administrativo San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900815151

Fax: 981558844

Email: informa@igape.es

Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

02/01/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59

Iniciarase o 2 de xaneiro de 2017 e finalizará o 31 de outubro de 2017. No caso de esgotamento da dispoñibilidade para a concesión de avais o Igape publicará a dita circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape.

- En calquera caso, deberán ter radicado o seu domicilio fiscal en Galicia.

- En aplicación do artigo 51.b) da Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, os solicitantes poderán acreditar o cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro mediante unha declaración responsable que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.

- Ademais, deberán cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario establecida no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións, e non ser considerados empresas en crise, de acordo coa definición de empresa en crise establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE.

  • Para presentar unha solicitude de axuda o interesado, deberá cubrir previamente un formulario descritivo da empresa, do proxecto e da operación financeira a traves do enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

    Unha vez cuberto o formulario, este pasará á disposición da entidade financeira e SGR, na extranet de entidades colaboradoras e xerará unha solicitude de tramitación do expediente en formato papel que se presentará na entidade financeira, asinada polo solicitante, que a título informativo se xunta como anexo I a estas bases. Nesta solicitude, apoderase a entidade financeira para que tramite, en nome do solicitante, o expediente de axuda ante o Igape, no caso de que este aprobe a operación financeira. Para estes efectos, as entidades colaboradoras terán que acreditar a súa solvencia tecnica para acceder e xestionar a extranet de entidades colaboradoras, de acordo co establecido no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG núm. 241, do 17 de decembro).

  • Co fin de prestar asistencia para cubrir o formulario, o Igape pon á disposición do interesado o seu servizo de asistencia tecnica a traves do mencionado enderezo da internet ou dos números de telefono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47, ou os que en cada momento se establezan para esta finalidade que serán obxecto de publicidade no citado enderezo da internet. Desde este servizo poderá accederse á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, no caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet. Tamen se poderá recibir asistencia na propia entidade de credito colaboradora.

    Deberán cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda. Este IDE estará composto de 40 caracteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente.

  • As entidades de credito centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais e, no caso de aprobación da operación financeira, solicitarán en nome do interesado o reaval ao Igape no prazo máximo dun mes contado desde a entrada do formulario na extranet das entidades colaboradoras. No caso de que a operación financeira sexa denegada, a entidade financeira só comunicará a súa denegación.

    A instrución e resolución do procedemento basearase nas declaracións contidas no citado formulario.

  • As solicitudes da entidade de credito ao Igape presentaranse a traves da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es) e esta vía electrónica será obrigatoria. O Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio asinado para o efecto.

  • A autorización de acceso á extranet de entidades colaboradoras para este convenio darase de oficio para os usuarios que as entidades financeiras teñan xa rexistrados para outros convenios, ben que e posible modificar estas autorizacións ou dar novas altas mediante a solicitude do anexo II.

  • Os usuarios da extranet asinantes da solicitude por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Será necesario que o usuario da extranet asinante da solicitude teña a autorización do interesado e da entidade de credito tramitadora. A autorización por parte do interesado acreditarase mediante a solicitude orixinal (copia para a entidade de credito do anexo I); a autorización por parte da entidade financeira virá dada polo anexo II entregado ao Igape segundo se indicou anteriormente.

    b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Economía e Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG núm. 239, do 10 de decembro de 2004). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

  • Dentro dos dez días seguintes á presentación das solicitudes no rexistro electrónico, a entidade financeira comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron presentadas no Igape, o número de expediente asignado, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento (dous meses desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape) e os efectos do silencio administrativo (negativo).

  • De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os datos exixidos nestas bases, requirirase o solicitante e a entidade de credito para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento se emende a falta, con indicación de que, en caso contrario, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da citada Lei 30/1992.

  • Dentro dos 15 días hábiles seguintes á presentación da solicitude no Igape, por parte da entidade financeira, a SGR deberá manifestar a súa posición a traves da extranet de entidades colaboradoras (http://extranet.igape.es). Posteriormente, o Igape comunicará, a traves desta mesma canle, á sociedade de garantía recíproca correspondente e á entidade financeira a validación dos requisitos da solicitude da axuda en forma de garantía. A dita comunicación autoriza a formalización da operación financeira, sen que a dita remisión supoña recoñecemento do dereito do solicitante a percibir finalmente a axuda.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Dous meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

    • Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración coas sociedades de garantía recíproca galegas e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2017), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano