Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG527A - Préstamos do Igape para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do BEI.
Publicar as bases reguladoras do Programa de préstamos do Igape para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e convocar os devanditos préstamos, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva.
O Igape poderá conceder préstamos para financiar actividades empresariais en dúas modalidades:
A) Préstamos Igape-BEI-Circulante, destinados a proporcionar un fondo de manobra estable, que permita ás empresas galegas, industriais ou exportadoras, fortalecer a súa estrutura financeira para desenvolver plans de crecemento.
B) Préstamos Igape-BEI-Investimento, destinados a financiar proxectos de investimento en Galicia, fundamentalmente do sector industrial e estratexicamente relevantes.
Poderán ser prestameiros:
a) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme independente conforme o artigo 2.1 das presentes bases.
b) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme dependente conforme o artigo 2.1 das presentes bases, dentro da limitación de contía de préstamos para este tipo de prestameiros establecida nos contratos de financiamento asinados entre o Igape e o BEI.
c) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Investimento, poderán ser prestameiros empresas que non cumpran a definición de peme, sempre que pertenzan ao sector do automóbil. Neste caso as devanditas operacións de préstamo terán que ser previa e formalmente autorizadas polo BEI.
d) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Circulante, as empresas deberán ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia. Para o programa Igape-BEI-Investimento, a prestameira deberá ter ou crear cando menos un centro de traballo en Galicia, debendo estar situados os investimentos en Galicia.
As sociedades holding financeiras ou as sociedades de leasing non poderán recibir financiamento mediante os préstamos regulados nestas bases.
Non poderán ter a condición de prestameiras as empresas en crise, terase en conta para estes efectos a definición establecida no artigo 2.18 do Regulamento CE núm. 651/2014, do 17 de xuño, xeral de exención por categorías, nin as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2.b) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Estarán excluídas aquelas empresas que desenvolvan algunha das seguintes actividades:
a) A fabricación de armamento, armas e municións, as instalacións ou infraestruturas militares ou policiais e o material ou infraestruturas destinados a limitar os dereitos individuais ou a liberdade das persoas (cárceres e centros de detención de todo tipo).
b) Os xogos de azar coas instalacións conexas.
c) A produción, transformación ou distribución de tabaco.
d) As actividades que implican a utilización de animais vivos con fins experimentais ou científicos.
e) As actividades cuxo impacto sobre o ambiente só pode ser atenuado ou compensado en moi escasa medida.
f) As actividades que poidan ser controvertidas por razóns de orde moral ou ética.
g) As actividades cuxo único propósito sexa a promoción inmobiliaria.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Instituto Galego de Promoción Económica – IGAPE
Xerencia - IGAPE
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Xerencia - IGAPE
Resolución do 22 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba o Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 209 do 3 de novembro de 2015).
Resolución do 30 de maio de 2016 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2015 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba o Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 102 do 31 de maio de 2016).
Resolución do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2017).
Corrección de erros. Resolución do 22 de decembro de 2016 pola que se publica o tipo de xuro para o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2017).
Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2015 que dá publicidade do Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 101 do 30 de maio de 2017).
Prazo de presentación: PECHADO
31/05/2017 00:00 - 31/05/2018 23:59
Segundo a Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se modifica a Resolución do 22 de outubro de 2015 o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día seguinte; e rematará o 31 de maio de 2018 ou ata o momento de esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es
- Para presentar unha solicitude de axuda, o interesado deberá cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto a traves da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.
Ao citado formulario anexaranse os seguintes documentos electrónicos:- a) Informe da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
- b) Memoria en formato PDF, co seguinte contido mínimo:
- 1. Antecedentes da entidade:
- Capacidade tecnica e tecnolóxica: recursos humanos, tecnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, patentes I+D+i, certificacións de calidade e ambientais.
- Capacidade comercial da entidade: canles de comercialización, mercados, grao de internacionalización, exportacións.
- Capacidade económica da entidade: principais activos e aspectos máis significativos dos estados financeiros.
- 1. Antecedentes da entidade:
- 2. O mercado:
- Tamaño, características, competencia, etc.
- Análise comercial do produto (cota de mercado e comparación fronte á competencia). - 3. Para prestamos da modalidade Igape-BEI-Circulante:
- Xustificación da necesidade de incremento de capital circulante: previsións de crecemento e necesidades de financiamento.
- Descrición do proceso de actividade da empresa, especificando períodos de entrega de materiais, períodos de almacenamento de materias primas, períodos de transformación, períodos de venda.
- Descrición dos principais provedores e clientes, especificando volumes e condicións de pagamento.
- Detalle das operacións financeiras das que a empresa e beneficiaria, especificando as súas condicións e vencementos.
- Análise económica (previsións económicas para os anos de vixencia solicitados, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría). - 4. Para prestamos da modalidade Igape-BEI-Investimento:
- Orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto á entidade).
- Descrición tecnica (contido, metodoloxía, fases, etc.).
- Necesidades de medios tecnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).
- Necesidades de medios materiais (descrición dos materiais adquiridos e utilizados).
- Necesidades de persoal asociadas ao proxecto.
- Subcontratacións externas (axentes colaboradores, alcance e fases da colaboración).
- Análise económica do proxecto (previsións económicas para os anos de vixencia solicitados, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría). - 5. Declaración doutros prestamos obtidos a cargo dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa situación.
- Co fin de prestar asistencia na formalización do formulario, o Igape pon á disposición do interesado o seu Servizo de Asistencia Tecnica, a traves do mencionado enderezo da internet ou dos números de telefono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47, ou os que, en cada momento se establezan para esta finalidade. Desde este servizo poderá acceder á aplicación informática e cubrir o formulario e xerar o IDE identificativo, en caso de que o solicitante non dispoña dun acceso directo á internet.
Deberanse cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de prestamo. Este IDE estará composto de 40 carácteres alfanumericos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado «SHA-1 160 bits» a partir do documento electrónico xerado pola aplicación informática citada anteriormente. - A solicitude de prestamo presentarase mediante o formulario normalizado que se obterá de modo obrigatorio da citada aplicación informática e que se achega como anexo I a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 carácteres alfanumericos do IDE obtido no paso anterior. A solicitude que careza de IDE ou na cal este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non será tramitada, concedendolle ao solicitante un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución de arquivo.
- Xunto co formulario de solicitude presentarase a seguinte documentación:
- a) DNI do representante legal, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- b) NIF da empresa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- c) Contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechados.
- d) Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
- e) Declaración anual de IVE correspondente ao último exercicio.
- f) Documentación administrativa da empresa (escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se e o caso, no rexistro competente).
- g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas.
- h) Acreditación de actividade financiable (IAE, só no caso de non autorizar a súa consulta ao Igape, ou compromiso de alta modelo 036).
- i) Garantías ofrecidas: en caso de garantías hipotecarias, taxación emitida por sociedade homologada polo Banco de España dos bens ofrecidos. Nota simple do rexistro da propiedade. En caso de garantías persoais: copia de declaración de IRPF e patrimonio dos avalistas, relación dos seus bens patrimoniais e debedas. En caso de avais bancarios ou de SGR: comunicación da entidade financeira do aval que está en disposición de conceder, indicando as súas características, contragarantías e demais condicións.
- j) Para prestamos da modalidade Igape-BEI-Investimento, acreditamento da capacidade de financiamento da parte do proxecto non cuberto co prestamo solicitado, que deberá considerar ademais a totalidade dos impostos indirectos que graven as adquisicións de bens previstas. Este acreditamento poderá consistir nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
Adicionalmente o Igape poderá requirir calquera documentación ou aclaración que considere oportuna para os efectos da correcta análise da solicitude.
De acordo co disposto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non será necesario presentar a documentación que xa se encontre en poder do Igape, sempre que se manteña vixente e identifíquese no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada. No suposto de imposibilidade material de obter a documentación ou, no caso de que se constate a non validez desta, o órgano competente poderá requirirlle ao solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.
- Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de solicitude normalizada co IDE (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Alternativamente, unha vez xerada a solicitude, tamen se poderá presentar en soporte papel no rexistro xeral dos servizos centrais do Igape, nas oficinas territoriais do Igape ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario de solicitude normalizada (anexo I) co IDE, acompañado das copias simples dos documentos relacionados no artigo 12.1.4. No formulario de solicitude inclúese unha declaración responsable da persoa que asina a solicitude de que as copias constitúen unha reprodución exacta dos orixinais, os cales lles poderán ser requiridos polo Igape.
Na presentación por vía electrónica, de conformidade co artigo 35.2 da Lei 11/2007, os interesados deberán achegar coa solicitude as copias dixitalizadas dos documentos relacionados no artigo 12.1.4, responsabilizándose e garantindo a persoa que asina a solicitude a fidelidade dos devanditos documentos co orixinal mediante o emprego da súa sinatura electrónica. O Igape poderá requirir ao interesado a exhibición do documento ou da información orixinal. A achega de tales copias implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos.
Para achegar xunto co formulario de solicitude os documentos en formato electrónico o solicitante deberá previamente dixitalizar os documentos orixinais obtendo arquivos en formato PDF. A aplicación informática permitirá anexar estes arquivos en formato PDF sempre que cada arquivo individual non supere os 4 MB. En caso de que un documento PDF ocupe máis do devandito tamaño, deberá xerarse con menor tamaño. Calquera outro formato de arquivo distinto do PDF non será aceptado pola aplicación informática nin será considerado como documentación presentada.
Os solicitantes por esta vía telemática deberán reunir os seguintes requisitos:- a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de modo que, coa súa sinatura, sexa suficiente para acreditar a vontade do solicitante.
- b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se establecen as normas específicas sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, informáticos e telemáticos coa Consellería de Facenda e os seus organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro). Os certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de solicitudes. Se o certificado corresponde a unha persoa física, a súa representación acreditarase documentalmente ao longo da tramitación do expediente.
- c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. En caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá terse escaneado a formato PDF para ser anexado.
- d) Unha vez asinada a instancia de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
- e) No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
- f) Os interesados que cumpran os requisitos do punto b) anterior, tamen poderán empregar a vía telemática para a recepción de notificacións do Igape e para o envío de escritos ao órgano xestor da axuda. Para a recepción de notificacións será preceptivo que o solicitante indicase no formulario a súa preferencia polo emprego da notificación telemática neste procedemento. Neste caso o solicitante deberá acceder á web do Igape no enlace tramitación telemática, para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción electrónico). Os efectos destas notificacións serán os establecidos na Lei 11/2007, do 22 de xuño (BOE nº 150, do 23 de xuño).
- Os solicitantes poderán obter, en todo momento, un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no cuestionario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante. Dentro do prazo de presentación de solicitudes poderán modificarse os termos da solicitude inicial, utilizando para iso a aplicación informática para xerar un formulario modificado, cuxo IDE será de obrigatoria inclusión no escrito de comunicación ao Igape das devanditas modificacións. Para os efectos de prioridade na resolución terase en conta a data de presentación da solicitude modificada.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións esixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido na súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de emenda tamen se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 11.4 destas bases resulta que o solicitante non se encontra ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"