Mocidade activa
No ámbito da xuventude, a Administración autonómica ten entre os seus obxectivos fomentar a participación da mocidade na vida social. A este fin responden, nun sentido amplo, varias propostas que teñen asociados procedementos recollidos nesta sede: actividades de lecer (campamentos de traballo, campamentos de verán etc.), acceso a residencias de tempo libre, premios para fomentar a creatividade entre a xente nova, educación en materia de xuventude ou promoción do voluntariado, entre outros.
Estas medidas compleméntanse con outras centradas no ámbito do emprego para a mocidade, a mobilidade xuvenil, o acceso á formación ou axudas económicas dirixidas de maneira específica á xente nova.

IN848C
Emprego xuvenil innovador