Guía de procedementos e servizos

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede quere obter ou renovar unha tarxeta que habilite para o goberno de embarcacións de lecer, debe solicitalo á Consellería do Mar.

Período de validez da documentación.

1. Os títulos non teñen caducidade e as tarxetas terán un período de validez de dez anos desde a data de expedición, transcorrido o cal deberán renovarse, xuntando á correspondente solicitude: acreditación da aptitude psicofísica para o manexo de embarcacións de lecer, que será realizada polos centros de recoñecemento de condutores (CRC), segundo o establecido no artigo 22 do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247 do 11/10/2014) e o xustificante de pagamento de taxas de renovación.

2. Cumpridos os setenta anos de idade, os interesados deberán renovar as tarxetas por períodos de cinco anos e con pagamento de taxas especiais.

3. Aquelas persoas que soliciten por primeira vez algunha das titulacións establecidas nesta orde e teñan cumpridos os setenta anos de idade, deberán pagar as taxas completas de expedición.

4. As solicitudes de renovación por caducidade tramitaranse, como mínimo, un mes antes da súa caducidade. No caso de que incorran en caducidade, aplicaranse as taxas correspondentes á expedición.

Renovación de títulos e tarxetas.

1. Ademais dos supostos previstos nos puntos 1 e 2 do artigo 13, procederá a renovación da tarxeta nos seguintes casos: deterioración, perda ou roubo. A solicitude de renovación deberá realizarse ante a Administración que expediu a tarxeta.

2. A solicitude de renovación farase ante a administración que expediu o título orixinal.

A Dirección Xeral da Marina Mercante canxeará aquelas titulacións expedidas polas CCAA si así o solicitan os interesados. Para iso, ademais de achegar a fotocopia do título ou tarxeta que se desexe canxear, seguirase o procedemento establecido no artigo 24, parágrafos a e b do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247 do 11/10/2014).

Solicitantes de: tarxetas de identidade acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

https://mar.xunta.gal/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Por expedición de tarxetas acreditativas das titulacións ou dos certificados para o goberno de embarcacións de lecer ( 30.21.03)
  • Renovación de tarxetas acreditativas das titulacións de patrón de embarcación de lecer ( 30.21.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificante de aboamento das taxas.

  • Acreditación da aptitude psicofísica para o manexo de embarcacións de lecer segundo o regulado no artigo 22 do Real Decreto 875/2014.

  • Consentimento dos seus pais, nais ou titores/as legais para os menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade, para obter o título de patrón/patroa para navegación básica.

  • Certificado das prácticas de seguridade e navegación.

  • Certificado das prácticas de radiocomunicacións.

  • Certificado das prácticas de navegación a vela.

  • Certificado das prácticas regulamentarias de navegación.

  • Copia do título académico, título profesional, tarxeta profesional, ou certificación emitida pola Dirección da Ensinanza Naval da Armada.

  • Copia da tarxeta de patrón/patroa de embarcacións de lecer, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que soliciten a tarxeta de patrón de iate.

  • Copia do título de patrón/patroa de iate, se foi expedido fora da Comunidade Autónoma de Galicia, para as persoas que soliciten a tarxeta de capitán/capitá de iate.

  • Outra documentación.

  • COMPROBACIÓN DE DATOS.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Título de patrón/patroa de motonáutica A.

  • Título de patrón/patroa de motonáutica B.

  • Título de patrón/patroa para navegación básica.

  • Título de patrón/patroa de embarcacións de lecer.

  • Título de patrón/patroa de iate.

  • Título de capitán/capitá de iate.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

    • Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).

    • Resolución do 27 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se modifica o anexo VII do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 13 do 15 de xaneiro de 2015).

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616B

Tarxetas de identidade profesional náutico pesqueira.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano