Guía de procedementos e servizos

AP400C

Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora nas infraestruturas de telecomunicacións en edificios

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 07/09/2022 00:00 - 07/12/2022 23:59

Consellería de Facenda e Administración Pública

Constitúe o obxecto desta resolución a aprobación das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (programa UNICO-Edificios) previstas no Real decreto 990/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro), no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Ámbito temporal

O ámbito temporal de vixencia destas bases será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de decembro de 2025.

Ámbito material

As convocatorias ditadas ao abeiro destas bases axustarán o seu ámbito ás edificacións suxeitas ao réxime de propiedade horizontal que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT) instalada ao abeiro do Real decreto lei 1/1998, sobre infraestruturas comúns nos edificios para o acceso aos servizos de telecomunicación, é dicir, edificacións cuxa construción xa estaba en fase avanzada ou concluída antes da entrada en vigor do primeiro regulamento técnico aprobado polo Real decreto 279/1999, do 22 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior dos edificios e da actividade de instalación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións (edificios concluídos antes do 1 de xaneiro de 2000).

Tipos de proxectos obxecto de subvención

1. Os proxectos que se presenten ás convocatorias ditadas ao abeiro destas bases destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa). Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Os elementos de captación, adaptación, distribución, dispersión, co cablaxe imprescindible, para asegurar a correcta captación, distribución e entrega, polo menos, dos servizos radiodifundidos. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo I do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo. Así mesmo, logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores, tales como aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial, ao non incluír para radiodifusión sonora e televisión dixital nin os elementos de captación –antenas– nin de adaptación –equipamento de cabeceira–). Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Os elementos de distribución e dispersión, co cablaxe imprescindible, para asegurar a correcta distribución e entrega, polo menos, dos servizos radiodifundidos. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo I do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo. Así mesmo, logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores, tales como aparellaxe, cables, antenas, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida. Renovaranse con esta liña do programa:

1º. Logo de consulta aos operadores de comunicacións electrónicas, despregarase na edificación unha rede de banda larga ultrarrápida desde un punto de interconexión que se deberá instalar no inmoble e ata cada PAU. Para ese efecto, tomaranse como referencia as características técnicas previstas no anexo II do regulamento aprobado polo Real decreto 346/2011, do 11 de marzo.

2º. E, de ser o caso, procederase á desinstalación e retirada dos equipamentos e sistemas de telecomunicacións externos en desuso, unha vez realizadas as actuacións anteriores tales como aparellaxe, cables, incluídos os eléctricos ou electrónicos que teñan asociados, e procederase á súa correcta xestión ambiental en cumprimento da normativa vixente e aplicable aos residuos xerados.

As comunidades de propietarios dun edificio ou conxunto de edificacións, suxeitos ao réxime de propiedade horizontal, establecidos no artigo 396 do Código civil, así como nos correlativos da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, que precisen adaptar as súas instalacións de telecomunicacións no interior do edificio ou conxunto de edificacións e que este edificio ou conxunto de edificacións sexa subvencionable segundo o indicado no artigo 3.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Área de Sociedade Dixital

Departamento de Sociedade e Talento Dixital

Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica- CeMIT

Monte Gaias, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545271/ 981545535

Email: amtega@xunta.gal

https://amtega.xunta.gal/

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

07/09/2022 00:00 - 07/12/2022 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes de subvención é de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o mesmo día en que se produza a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias:

a) As entidades en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014, e co disposto nos artigos 1.4.c) e 2.18) de Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (texto pertinente para efectos do EEE), Diario Oficial de la Unión Europea do 26.6.2014.

c) As empresas que se encontren suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.

1. As solicitudes serán presentadas pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 10 (modelo anexo II).

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emenda través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, de non o facer, se considerará por desistida da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante, de ser o caso.

c) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

g) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas, para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (modelo anexo V).

b) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que poidan afectar o ámbito obxecto de xestión (modelo anexo VI).

c) Acordo adoptado validamente no cal se aprobe a realización da actuación obxecto da petición de axuda.

d) Informe técnico de renovación (modelo anexo VII) subscrito por titulado ou titulada competente en materia de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT), no cal se indicarán a tipoloxía de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición da actuación subvencionable, a contía máxima da axuda solicitada e o orzamento aprobado dos seus honorarios profesionais.

e) Orzamento desagregado (modelo anexo VIII) aprobado pola propiedade á empresa instaladora de telecomunicacións rexistrada para a execución da actuación acordada; orzamento que será realizado con base no previsto no informe técnico de renovación, antes citado.

f) Consulta descritiva e gráfica de datos catastrais do inmoble en que se van a levar cabo as actuacións, que acredite o uso e o seu ano de conclusión, en cumprimento do disposto no artigo 3 destas bases reguladoras.

g) Copia de documento que acredite a titularidade da conta bancaria onde se realizará o aboamento da subvención.

h) Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o indicado no artigo 10.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en a que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2022).

    • Extracto da Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2022-2023 (DOG nº 169 do 6 de setembro de 2022).

    • Resolución do 25 de maio de 2023 pola que se dá publicidade á relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 25 de agosto de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, así como a selección da entidade colaboradora que participará na súa xestión, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convoca para o período 2022-2023 (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR002A

Queixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano