Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI432D - Subvencións do Programa de Fomento de Vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do Programa para o fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade previstas no capítulo X do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021).
2. A finalidade deste programa é o fomento da construción de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade, xunto coas instalacións e servizos comúns necesarios para ser explotadas en réxime de alugamento ou cesión de uso.
3. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2019, con carácter plurianual.
4. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público. Así mesmo, as entidades de dereito privado, as empresas públicas, privadas, público-privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, en cuxo obxecto social figure a promoción de vivendas.
b) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, cooperativas de autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública, e aquelas ás cales se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
2. As entidades beneficiarias deberán atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou que se lles teña revogado ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dalgunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
4. No suposto de fundacións de interese galego, para ter a condición de beneficiaria será requisito necesario que teña presentadas as contas ao protectorado do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
5. No suposto de concellos de Galicia, para ter a condición de beneficiarios será requisito necesario que o concello teña presentadas no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, conforme o artigo 208 e seguintes do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
Requisitos das vivendas .
Poderán obter financiamento con cargo ás axudas deste programa as promocións que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que se trate de edificios de tipoloxía residencial colectiva de nova construción ou de vivendas procedentes da rehabilitación de edificios.
b) Que teñan o número mínimo de vivendas que exixa a correspondente resolución de convocatoria.
c) Que se atopen totalmente baleiros de inquilinos ou outros ocupantes por calquera título.
d) Que as obras da promoción non estean iniciadas e/ou finalizadas na data que se indique na resolución de convocatoria.
e) Que as actuacións de obra nova e de rehabilitación das edificacións se realicen conforme os criterios fixados na Guía de cor e materiais elaborada pola Xunta de Galicia.
f) Que dispoñan dunhas instalacións e servizos comúns que deberán de incluír como mínimo: asistencia social, atención médica básica 24 horas dispoñible e cercana, limpeza e mantemento, dispositivos e sistemas de seguridade, restauración, actividades sociais, deportivas, de lecer e culturais, así como de terapias preventivas e de rehabilitación. O deseño dos espazos garantirá a adecuación e a accesibilidade para o seu uso por persoas maiores ou, de ser o caso, de persoas con discapacidade.
g) Que as súas vivendas teñan unha cualificación enerxética correspondente ao consumo enerxético, como mínimo, dunha letra B, de acordo coa normativa de aplicación.
h) Que todas as súas vivendas se vaian ceder en uso ou destinar ao arrendamento durante un prazo mínimo de corenta anos, o que deberá constar, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade.
Requisitos e prazo para execucións das actuacións .
1. De conformidade co sinalado no ordinal décimo primeiro 1.b) as promocións deberán contar cun mínimo de 8 vivendas.
2. As actuacións obxecto de financiamento non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2019, e non poderán estar finalizadas con carácter previo á publicación desta resolución no DOG.
3. O prazo para executar as obras correspondentes a actuacións financiadas con cargo a esta convocatoria non poderán exceder os 24 meses, contados desde a data de notificación da citada resolución de concesión.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central, s/n - Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con financiamento plurianual (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2019).
Extracto da Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con financiamento plurianual (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2019).
Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
20/06/2019 00:00 - 19/08/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
-
A solicitude de concesión realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpore como anexo á correspondente resolución de convocatoria que deberá dirixirse ao IGVS. As entidades interesadas deberán presentar unha solicitude para cada unha das promocións que queiran financiar con cargo a este programa.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
-
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
-
No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
-
a) Declaración de que non obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
-
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para esa mesma finalidade, así como a súa contía.
-
c) Compromiso de destinar as vivendas a alugamento ou cesión en uso durante un prazo mínimo de 40 anos.
-
d) Declaración de que non se lle revogou algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á entidade solicitante.
-
e) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
-
f) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ao artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
-
g) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
-
Documentación complementaria e a súa forma de presentación .
-
As persoas xurídicas e as entidades obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos, así como as súas persoas representantes, deberán presentar a documentación complementaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. No caso de que se presente a documentación complementaria presencialmente, requiriráselles para que a emenden a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
-
As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o seu cotexo coa copia electrónica presentada.
-
No caso de que os documentos que se vaian presentar superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, deberán seguirse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/axuda/como-podo.
-
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Solicitudes e documentación complementaria .
-
A solicitude de concesión realizarase, na forma sinalada no ordinal décimo sétimo, mediante a presentación do anexo I que se acompaña a esta resolución e que deberá dirixirse ao IGVS. As entidades interesadas deberán presentar unha solicitude para cada unha das promocións que queiran financiar con cargo a este programa.
-
Coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:
-
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
-
b) Documento administrativo acreditativo da cesión ou a concesión administrativa do solo ou, de ser o caso, a escritura pública de constitución do dereito de superficie ou de titularidade do solo ou, de ser o caso, da titularidade do inmoble que se rehabilitará.
-
c) Reportaxe fotográfica do estado actual da actuación, de ser o caso.
-
d) Infografía da actuación que se vai executar.
-
e) Memoria-programa da actuación, co seguinte contido mínimo:
-
Certificación urbanística do solo que habilite a execución da promoción.
-
Número de vivendas de la promoción, cadro de superficies útiles de cada unha delas e dos seus anexos e prezo de alugamento ou cesión en uso.
-
Relación e descrición detallada das instalacións e servizos comúns con que conta a promoción segundo o establecido no punto 1.d) do ordinal décimo primeiro desta resolución.
-
Orzamento detallado da actuación para a que se solicita a subvención.
-
Programación temporal e pormenorizada da actuación coherente cos prazos establecidos nesta convocatoria.
-
Análise da viabilidade económica da actuación.
-
-
f) No caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación no DOG desta resolución, certificado emitido polo/a técnico/a director/a das obras que acredite a data de inicio das obras, así como as obras pendentes de finalización.
-
g) Declaración responsable da persoa ou entidade beneficiaria, de que a promoción se atopa totalmente baleira de inquilinos ou outros ocupantes por calquera título.
-
h) Certificado de eficiencia enerxética de proxecto que acredite a cualificación de consumo enerxético como mínimo da letra B.
-
i) Licenza municipal de obras ou, solicitude de licenza, no caso de non dispoñer dela.
-
j) No caso de edificios situados en conxuntos históricos, documentación xustificativa desta circunstancia.
-
k) No caso de solicitudes presentadas por fundacións de interese galego, certificado da persoa responsable en que se acredite ter cumprido o requisito sinalado no ordinal décimo segundo, punto 4.
-
l) No caso de solicitudes presentadas por concellos, certificado da secretaría municipal en que se acredite ter cumprido o requisito sinalado no ordinal décimo segundo, punto 5.
-
m) No caso das entidades de dereito privado, as empresas públicas, privadas, público-privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, certificado emitido polo seu órgano competente que acredite o seu obxecto social no momento da presentación da solicitude.
-
-
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa representante da entidade solicitante.
-
b) Validación do número de identificación fiscal da entidade solicitante.
-
c) Número de identificación fiscal da entidade representante.
-
d) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Renovación da axuda ao alugamento de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021.