Guía de procedementos e servizos

VI432C

Subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 30/06/2021 00:00 - 30/08/2021 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2021, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento previstas no capítulo V do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (en diante, Plan 2018-2021), que se tramitará co código de procedemento VI432C.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) As persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, que teñan a residencia legal en España.

b) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas, público-privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas en cuxo obxecto social figure a promoción de vivendas.

c) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, as cooperativas de autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública, e aquelas a que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Obrigas das persoas e entidades beneficiarias.

As persoas e as entidades beneficiarias, ademais das recollidas na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, terán as seguintes obrigas:

1. Executar a totalidade das actuacións subvencionadas dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución de concesión, cumprindo as condicións e prescricións que nela se establezan.

2. Xustificar a execución coas facturas e documentos bancarios de pagamento en que se identifiquen as persoas ou as entidades beneficiarias.

3. Destinar as vivendas a arrendamento ou cesión en uso durante un prazo mínimo de 25 anos, contado desde a data da licenza municipal de primeira ocupación.

4. Alugar ou ceder en uso as vivendas a persoas cuxos ingresos, incluídos os das persoas que integran as súas unidades de convivencia, non superen os límites establecidos nas bases reguladoras da subvención.

5. Alugar ou ceder en uso as vivendas sen exceder a súa renda do prezo máximo fixado na resolución de concesión da subvención.

6. Presentar no IGVS, para o seu visado, os contratos de arrendamento ou de cesión en uso das vivendas, nos termos establecidos nas bases reguladoras da subvencións.

7. Dar a axeitada publicidade de que as actuacións están subvencionadas no marco do Plan 2018-2021, polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, a través do IGVS.

8. Non concertar, en ningún caso, a execución total ou parcial das actuacións con persoas ou entidades que se atopen nalgún dos supostos previstos no número sétimo do artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

9. Permitir ao IGVS a realización das inspeccións e/ou as comprobacións que se consideren oportunas para verificar a exactitude dos datos achegados e/ou o destino da subvención concedida.

10. Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento en que se aboe a subvención.

11. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

12. As demais obrigas que derivan das bases reguladoras e da resolución de convocatoria.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda

Área Central, s/n - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541981

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

30/06/2021 00:00 - 30/08/2021 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas ou as entidades beneficiarias deberán atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou que se lles teña revogado ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dalgunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda por incumprimento ou causa imputable a aquelas.

3. No suposto de fundacións de interese galego, para ter a condición de beneficiaria será requisito necesario que teña presentadas as contas ao protectorado do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

4. No suposto de concellos, para ter a condición de beneficiario será requisito necesario que o concello teña presentadas no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria, conforme o artigo 208 e seguintes do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Solicitudes.

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución e deberá dirixirse ao IGVS. As persoas e as entidades interesadas deberán presentar unha solicitude para cada unha das promocións que queiran financiar con cargo a este programa.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades relacionadas no ordinal cuarto, punto 1.b) e c) e para as súas persoas representantes. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Neste suposto, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. As persoas físicas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:

a) Declaración de que non obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de solicitar ou obter algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para esa mesma finalidade, así como a súa contía.

c) Compromiso de destinar todas as vivendas ao alugamento ou a cesión en uso durante un prazo mínimo de 25 anos.

d) Declaración de que non se lle revogou ningunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

e) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

f) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

g) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.

Documentación complementaria.

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Documento administrativo acreditativo da cesión ou a concesión administrativa do solo; escritura pública de constitución do dereito de superficie, de titularidade do solo ou do inmoble que se rehabilitará, segundo sexa o caso.

c) Reportaxe fotográfica do estado actual da actuación, de ser o caso.

d) Infografía da actuación que se vai executar.

e) Memoria-programa da actuación, co seguinte contido mínimo:

– Certificación urbanística do solo que habilite a execución da promoción.

– Número de vivendas da promoción, cadro de superficies útiles de cada unha delas e dos seus anexos e prezo de alugamento ou cesión en uso, así como descrición dos espazos destinados a outros usos.

– Orzamento detallado da actuación para a cal se solicita a subvención.

– Programación temporal e pormenorizada da actuación coherente cos prazos establecidos nesta convocatoria.

– Análise da viabilidade económica da actuación.

f) No caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación no DOG desta resolución, certificado emitido polo/a técnico/a director/a das obras que acredite a data de inicio das obras, así como as obras pendentes de finalización.

g) Declaración responsable da persoa ou entidade beneficiaria, de que a promoción se atopa totalmente baleira de inquilinos ou outros ocupantes por calquera título.

h) Certificado de eficiencia enerxética de proxecto que acredite a cualificación de consumo enerxético como mínimo da letra B.

i) Licenza municipal de obras ou, solicitude de licenza, no caso de non dispoñer dela.

j) No caso de prosecución de obras en curso en vivendas ou promocións paralizadas:

– Licenza municipal de obra.

– Certificado municipal que acredite que a licenza non foi obxecto de declaración de caducidade.

– Orde/acta de paralización ou suspensión das obras, emitida pola dirección facultativa da obra.

– Certificado emitido polo/a técnico/a director/a das obras en que consten as obras executadas e o orzamento desagregado e detallado executado ata ese momento e as obras pendentes de finalización, con indicación do orzamento necesario para a súa finalización.

k) No caso de edificios situados en conxuntos históricos, documentación xustificativa desta circunstancia.

l) No caso de solicitudes presentadas por fundacións de interese galego, certificado da persoa responsable en que se acredite que a fundación presentou as contas ao protectorado do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria.

m) No caso de solicitudes presentadas por concellos, certificado da secretaría municipal en que se acredite que o concello presentou no Consello de Contas as contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao da correspondente convocatoria.

n) No caso das entidades de dereito privado, as empresas públicas, privadas, público-privadas e sociedades mercantís participadas maioritariamente polas administracións públicas, certificado emitido polo seu órgano competente que acredite o seu obxecto social no momento da presentación da solicitude.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

Forma de presentación da documentación complementaria.

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación da solicitude por esta vía. Se algún destes suxeitos presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

2. As persoas físicas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial, dentro dos prazos previstos nesta convocatoria e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante.

b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante.

f) Certificación de inhabilitacións para obter subvencións e axudas da Intervención Xeral do Estado, da persoa ou entidade solicitante.

g) Certificación de concesións de subvencións e axudas da Intervención Xeral do Estado, da persoa ou entidade solicitante.

2. Consultarase o permiso de residencia legal da persoa solicitante cando sexa estranxeira, no suposto de que faga constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado para tal efecto no formulario e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderaslles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. As persoas interesadas que non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2019).

    • Extracto da Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2019).

    • Resolución do 7 de outubro de 2019 pola que se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (DOG nº 195 del 14 de outubro de 2019).

    • Resolución do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan para o ano 2021, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (DOG nº 122 do 29 de xuño de 2021).

    • Extracto da Resolución do 16 de xuño de 2021 pola que se convocan para o ano 2021, con carácter plurianual, as subvencións do Programa de fomento do parque de vivenda en alugamento do Plan estatal de vivenda 2018-2021 (DOG nº 122 do 29 de xuño de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 (BOE nº 61 de 10 de marzo de 2018).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59