Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI431F
Programa Aluga: axuda ás persoas inquilinas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
O obxecto desta resolución é convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas para o financiamento parcial da renda dos contratos de arrendamento formalizados no marco do Programa Aluga, dirixidas ao colectivo de persoas afectadas por execucións hipotecarias, así como ás persoas inquilinas de contratos de arrendamento que están xa incorporadas ao citado programa.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas integrantes de unidades familiares ou de convivencia afectadas por execucións hipotecarias e que reúnan os requisitos e condicións sinalados no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como aqueloutras que sexan titulares de contratos de arrendamento de vivendas incorporadas ao Programa Aluga.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Prazo de presentación: PECHADO
11/01/2017 00:00 - 22/01/2018 23:59
Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorizacións para solicitar por vía telemática as certificacións relativas a ingresos e debedas, así como a autorización para consultar os datos de identidade e residencia (anexo II). Estas autorizacións deberán estar asinadas por todos os membros da unidade familiar ou de convivencia.
No caso de que non conste no expediente da unidade familiar ou de convivencia do Programa Aluga e de denegar a consulta telemática da Administración, deberá achegarse a copia do DNI ou NIE de todos os integrantes da unidade familiar ou de convivencia.
No caso de que non conste no expediente da unidade familiar ou de convivencia do Programa Aluga e de denegar a consulta telemática da Administración, deberá achegarse o certificado de empadroamento de todos os integrantes da unidade familiar ou de convivencia.
De denegar a solicitude da certificación correspondente aos ingresos do último período impositivo con prazo de presentación vencido, deberá achegarse a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF) de todos os membros da unidade familiar ou de convivencia, referida ao último período impositivo co prazo de presentación vencido.
De non presentar declaración do IRPF, deberá achegarse declaración responsable de todos os ingresos da unidade familiar ou de convivencia, debidamente xustificada e referida ao último período impositivo co prazo de presentación vencido.
No caso de ingresos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse a copia da declaración similar presentada no estranxeiro, autenticada pola agregadoría laboral correspondente ou pola delegación consular en España e, de ser o caso, o certificado de correspondencia a euros do importe declarado.
No caso de denegar expresamente a autorización ao IGVS para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda, deberá achegarse a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e de non ter debedas por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) Para o caso de que variasen as circunstancias que constan no expediente da unidade familiar ou de convivencia do Programa Aluga, deberá achegarse a correspondente documentación xustificativa, conforme o sinalado no artigo 28.2 e 3 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
c) Para o caso dunha solicitude de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, deberán achegarse os xustificantes de pagamento dos últimos doce meses dos recibos de auga, electricidade e/ou gas.
A solicitude de concesión deberaa realizar a persoa titular do contrato de arrendamento mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución e deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), de acordo co establecido nos artigos 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Para a presentación da solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Tamen se poderá presentar a solicitude en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución. Este anexo tamen está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
No modelo de solicitude poderase asinar a denegación expresa para que a Administración realice as seguintes consultas:
a) Os datos de identidade (documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro (en diante, DNI ou NIE) no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Función Pública, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que a desenvolve. No caso de denegar a súa consulta, deberá achegarse a copia do DNI ou NIE.
b) No caso de actuar por medio de representante, a consulta dos seus datos de identidade (DNI ou NIE) no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Función Pública, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que a desenvolve. No caso de denegar a súa consulta, deberá achegarse a copia do seu DNI ou NIE.
c) Os datos de residencia da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Función Pública, de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e coa Orde do 7 de xullo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No caso de denegar a súa consulta, deberá achegarse o certificado de empadroamento.
No modelo de solicitude realizaranse, ademais, as seguintes declaracións:
a) Declaración de non ter solicitado ou obtido ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou concedido algunha outra axuda, deberá indicar cales.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida.
c) Declaración de que todos os datos da solicitude son certos.
d) Declaración responsable do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 43.2 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e que son:
- Ser titular dun contrato de arrendamento formalizado no marco do Programa Aluga.
- Ocupar a vivenda como domicilio habitual e permanente da unidade familiar ou de convivencia.
- Non ter relación de parentesco en primeiro ou segundo grao, por consanguinidade ou afinidade, coa arrendadora ou, se e o caso, non ser socio ou partícipe da persoa xurídica que actúa como arrendadora.
- Ter uns ingresos anuais ponderados que non excedan 3,5 veces o IPREM.
- Non ser titular doutra vivenda, salvo as excepcións previstas na normativa vixente.
- Estar ao día no pagamento da renda mensual do alugamento e, no caso de solicitude de subvención por prórroga do contrato de arrendamento, non ter pendente de pagamento ningún recibo das subministracións básicas da vivenda, auga, electricidade e/ou gas.
- Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria previstas no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia e cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da dita lei, e coas previstas no Decreto 84/2010, do 27 de maio.
- Estar ao día nas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, non ter pendente ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, e non ser debedora por resolución de procedemento de reintegro de subvencións.
*Prazo de presentación de solicitudes.
- De conformidade co establecido no artigo 45.3 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, as solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrendamento formalizado ao abeiro do Programa Aluga.
- No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do contrato ou, se e o caso, da súa prórroga.
Prazo de resolución: No mes da súa presentación,agás nas solicitudes de subvención prórroga do contrato de arrendamento.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de decembro de 2016 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas, no marco do Programa Aluga, no exercicio 2017 (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2017).
-
Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no ano 2017 (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59