Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI428C - Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivendas de Galicia.
O rexistro terá carácter administrativo, será público e único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
O órgano responsable do rexistro é o director ou directora xeral do IGVS, ante o que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos datos persoais. O exercicio do dereito de cancelación dos datos persoais comportará a baixa da unidade familiar ou de convivencia do rexistro como solicitante de vivenda.
O rexistro consta de seccións diferenciadas para a inscrición:
Sección primeira
Demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública promovidas polo IGVS
Inscribiranse todos os/as demandantes que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou, de ser o caso, aluguer con opción de compra dunha vivenda de protección oficial de promoción pública promovida polo IGVS.
Sección segunda
Demandantes de vivendas de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos
Inscribiranse todos os/as demandantes que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou, de ser o caso, aluguer con opción de compra dunha vivenda de protección oficial de promoción pública de núcleos rurais e núcleos históricos.
Sección terceira
Demandantes de vivendas protexidas de promoción privada ou de promoción pública promovidas por outros promotores públicos
Inscribiranse todos os/as demandantes dunha vivenda de protección autonómica de réxime especial, de réxime xeral ou de réxime concertado de promoción privada ou de promoción pública promovidas por outros promotores ou aloxamentos protexidos que, reunindo os requisitos de acceso requiridos para este tipo de vivendas, queiran acceder á compra, aluguer ou aluguer con opción de compra.
Poderase sinalar un máximo de tres concellos: un como preferente e dous concellos máis como subsidiarios, que deben de ser limítrofes co indicado como preferente ou estar na mesma área de influencia.
O/a solicitante deberá indicar o tipo de vivenda ao cal opta. A opción elixida deberá adecuarse ao cumprimento dos requisitos exixidos para ser beneficiario/a dese tipo de vivenda.
Todas as unidades familiares ou de convivencia que queiran acceder a vivendas en réxime de arrendamento incorporadas ao Programa Aluga, deberán estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, consonte o previsto no artigo 9 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro.
O procedemento para a inscrición ou anotación na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, así como para a actualización de datos, rexerase polo establecido nos artigos 9 a 16 do Decreto 1/2010 e polo regulado con carácter específico neste capítulo.
2. Con base no establecido no artigo 53.2º da citada lei, quedan tamén excluídos/as da obriga de inscrición os/as demandantes de aloxamentos protexidos destinados a albergar persoas relacionadas coa comunidade universitaria ou investigadores/as e científicos/as.
1. A inscrición realizarase nunha única sección ou, de existiren varias subseccións, nunha única subsección.
2. A inscrición do solicitante realizarase no tipo de vivenda e no réxime de adxudicación que este sinale como preferente.
3. Se o/a solicitante reúne os requisitos para ser beneficiario/a de máis tipos de vivenda de entre os sinalados no artigo 7, ou doutro réxime de adxudicación, poderá solicitar e, de ser o caso, poderán practicarse inscricións complementarias. Estas terán a consideración de anotacións.
4. A inscrición será a que determine a preferencia para optar a un tipo de vivenda e a un réxime de adxudicación determinado. Aínda así, as vivendas serán ofertadas a todos/as aqueles que figuren como inscritos/as, e aos que figuren como anotados/as na sección ou subsección correspondente ao tipo de vivendas ás cales se pretende optar.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184801
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294602
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386271
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 103 do 2 de xuño de 2010).
Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, así como das acollidas a programas de acceso á vivenda con axudas públicas (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2010).
Corrección de erros.-Decreto 84/2010, do 27 de maio, polo que se regula o Programa Aluga, para o fomento do aluguer de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 114 do 17 de xuño de 2010).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
-
Solicitude segundo o Anexo I.
-
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
-
Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización para solicitar as certificacións electrónicas necesarias para a tramitación do procedemento (anexo II).
-
Certificado de residencia da persoa solicitante, só para residentes fora da Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de non autorizar a súa consulta.
-
Certificado de titularidade de bens inmobles da persoa solicitante e de todos os membros da unidade familiar ou convivencial, só no caso de denegar a súa consulta.
-
Se e o caso, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou da sentenza na que se acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar.
-
Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-
Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-
Certificado de estar ao día de obrigas tributarias coa Administración autonómica de Galicia, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-
No caso de tratarse de demandantes de vivenda ou arrendamento do programa Aluga, para acreditar a situación de afectado por execución hipotecaria, deberá achegar a documentación acreditativa de que a vivenda habitual foi obxeto de proceso xudicial ou extraxudicial de execución hipotecaria.
-
No caso de que a persoa solicitante teña algunha vivenda, deberase presentar a correspondente xustificación documental en relación con algunha das excepcións de aplicación.
-
Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
-
Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
-
Certificado de matrimonio, só para persoas casadas e no caso de denegar a súa consulta.
-
Certificado de inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia, só para persoa inscritas e no caso de non autorizar a súa consulta.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Axudas, en concorrencia competitiva, dirixidas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Axudas para a adquisición de vivendas protexidas.
Subvencións do programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social.