Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI426E
Acreditación para obter a condición de concello colaborador no programa de mobilización de vivendas para o alugamento en concellos.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Regular o programa de mobilización de vivendas para o alugamento en concelloscoa finalidade de que, coa súa colaboración, mobilizar o meirande número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.
O PMVAC implantarase en todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que soliciten a súa incorporación como entidade colaboradora.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Area central Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957886
Email: vivendasbaleiras2-xestion.igvs@xunta.ga
Prazo de presentación: ABERTO
21/02/2024 00:00 - 31/12/2025 23:59
A condición de concello colaborador poderá solicitarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Este prazo rematará o 31 de decembro de 2025, salvo que, con anterioridade á dita data, se publique no Diario Oficial de Galicia unha resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS que poña fin ao programa.
Solicitude para obter a condición de concello colaborador.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora á presente resolución como anexo II.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algún dos concellos presenta a súa solicitude presencialmente, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No modelo de solicitude o concello realizará as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nesta resolución.
b) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro da persoa que exerza a representación do concello.
b) Número de identificación fiscal do concello.
2. No caso de que os concellos se opoñan á consulta, deberán indicalo no oportuno recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ao concello a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que os concellos deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá do concello interesado, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se regula o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento en concellos (DOG nº 36 do 20 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas, en concorrencia competitiva, dirixidas ás comunidades de propietarios para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Prazo aberto: 09/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59
Participación no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Incorporación de parcelas ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social.
Prazo aberto: 27/01/2025 00:00 - 03/06/2025 23:59