Guía de procedementos e servizos

VI426A

Inscrición obrigatoria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Este decreto ten por obxecto crear e regular o Censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O censo ten como finalidade servir de instrumento para que o órgano competente en materia de vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia dispoña de información adecuada en relación co estado de ocupación do parque de vivendas de Galicia, co obxecto de realizar a planificación social da política de vivenda.

Deberán inscribirse neste censo todas as vivendas baleiras que formen parte de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de complexos inmobiliarios situados en concellos de máis de 10.000 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que sexan propiedade de entidades de crédito, das súas filiais inmobiliarias ou das entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestruturación bancaria, con independencia de onde estea o domicilio social dos seus titulares.

Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais de poboación, en 1 de xaneiro de cada ano, aprobadas polo correspondente real decreto.

Propietarios de vivenda.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982/ 981957529

Fax: 981545384

Email: sx.igvs@xunta.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor ao mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. *Información do prazo para inscribir as vivendas no último parágrafo do apartado documentación.

  • A inscrición obrigatoria realizarase mediante a presentación dunha solicitude.

  • A presentación da solicitude unicamente poderá realizarase por medios electrónicos, a traves do formulario electrónico normalizado dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • A solicitude axustarase ao modelo normalizado que figura como anexo I a este decreto, xunto co que deberá achegarse a seguinte documentación:

    • a) Acreditación da representación da persoa que actúe en nome da entidade propietaria da/s vivenda/s.

    • b) Anexo II, debidamente cuberto.

    • c) Copia debidamente compulsada da solicitude de inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxetica de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia dependente do Instituto Enerxetico de Galicia, no suposto de que non estea rexistrado (de estalo, indicarase o número de rexistro no anexo II).

    • d) Documentación relativa a calquera outro dato que a persoa titular queira facer constar na inscrición por consideralo relevante ou de interese en relación co grao de mantemento e conservación das vivendas.

  • A documentación complementaria presentarase electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • No suposto de modificación da inscrición, anexo III debidamente cuberto, xunto coa copia da documentación xustificativa da desocupación temporal ou da necesidade de modificación dos datos do censo.

  • No suposto de cancelación da inscrición, anexo III debidamente cuberto, xunto coa copia da documentación xustificativa da ocupación ou da transmisión da vivenda ou da perda das condicións mínimas de habitabilidade.

  • *O prazo para solicitar a inscrición segundo o artigo 8 do presente Decreto será de oito meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se producise algún dos seguintes actos: a notificación da concesión da licenza de primeira ocupación, a desocupación da vivenda por vencemento ou resolución do contrato ou a adquisición da vivenda.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 17/2016, do 18 de febreiro, polo que se crea e se regula o Censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2016).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI402B

Programa "Avais para a adquisición de vivenda".

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

VI406E

Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59