Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI422F
Subvencións para rehabilitar as edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
Os concellos de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184824
Fax: 981184860
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294600
Fax: 982294624
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Antonio Sáenz Díez, nº 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386273
Fax: 988386235
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia, nº 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805610
Fax: 986805663
Prazo de presentación: PECHADO
15/03/2024 00:00 - 03/06/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 3 de xuño de 2024 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación desta convocatoria.
b) Contar cun número de demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu concello, cando menos igual ao de vivendas para as cales se solicita a axuda.
c) Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano desta convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que se encontren nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Solicitudes e documentación complementaria.
1. A solicitude realizarase conforme o formulario que se incorpora como anexo I desta resolución (código de procedemento VI422F). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.
2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.
3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da Alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.
4. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, en que se acepten os termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta á solicitude.
b) Certificado da Secretaría municipal no cal se acredite que a edificación ou a vivenda obxecto de rehabilitación é da súa titularidade e que se cumpren os requisitos recollidos no ordinal quinto da Resolución da presidenta do IGVS, do 23 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugueiro social.
c) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar na edificación ou na vivenda. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:
– Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal, relativo á localización da edificación ou da vivenda, ao ámbito en que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe conterá unha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e unha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.
– Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución. Este calendario é necesario para establecer a repartición das anualidades no momento da concesión da subvención.
– Informe do/da técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.
d) Documentación acreditativa da persoa titular da Alcaldía ou a persoa en quen esta delegue, de ser o caso.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal do concello solicitante.
b) Documento nacional de identidade ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro da persoa representante.
2. No caso de que os concellos interesados se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I (código de procedemento VI422F) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello interesado para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que os concellos solicitantes deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá do concello interesado, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Comunicación do remate das obras (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (código de procedemento VI422F) (DOG nº 5 do 11 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 18 de novembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social (DOG nº 227 do 29 de novembro de 2022).
-
Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación (códigos de procedemento VI422F e VI406A) (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).
-
Extracto da Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se convocan para o ano 2024 distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación (código de procedemento VI422F) (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano