Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI420B
Axudas, en concorrencia competitiva, dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán as condicións de axudas ás comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), para facer actuacións de mellora enerxética cofinanciadas con fondos europeos, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, correspondente ao código de procedemento VI420B.
2. Así mesmo, por medio desta resolución, procédese á convocatoria desta subvención para o exercicio 2019.
Ámbito de aplicación desta subvención.
O ámbito de aplicación desta resolución comprende os edificios de vivendas e os conxuntos das vivendas unifamiliares protexidas promovidas polo IGVS respecto aos cales, no momento da presentación da solicitude da axuda, non transcorresen máis de vinte e cinco anos desde a data de outorgamento da súa cualificación definitiva.
Actuacións subvencionables.
1. Considéranse actuacións subvencionables aquelas obras integrais de mellora de eficiencia enerxética que supoñan a redución mínima da demanda enerxética en calefacción do edificio nun 20 % e a subida dunha letra na escala de cualificación enerxética en emisións de CO2, consistentes en melloras do illamento térmico e/ou da carpintaría da envolvente, que poderán ir acompañadas de melloras nas instalacións térmicas, sempre que se axusten á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.
2. Estas actuacións poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, sempre que non teñan comezado antes do 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria e non teñan executado máis dun 60 % do custo total das obras.
3. Non serán subvencionables as actuacións que teñan custos pagados con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano da correspondente convocatoria, nin as que teñan pagamentos efectuados por un importe superior ao 60 % do custo da obra con anterioridade á data da solicitude.
Poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios/as dos edificios previstos no ámbito de aplicación, que constitúan a totalidade dun mesmo edificio ou dun conxunto de vivendas unifamiliares e que vaian realizar actuacións de mellora de eficiencia enerxética obxecto da subvención.
Obrigas das comunidades beneficiarias.
1. Son obrigas das comunidades beneficiarias, ademais das recollidas no artigo 11 da LSG, as seguintes:
a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo máximo establecido na resolución de concesión e manter as actuacións dos investimentos subvencionados destinados ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante, polo menos, un período de 5 anos.
b) Xustificar ante o IGVS o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a súa concesión.
c) Someterse ás actuacións de comprobación material do investimento que efectúe o IGVS, así como calquera outra actuación de comprobación e verificación de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Axencia Estatal, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como os órganos de control da Comisión Europea como o Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión, a Autoridade de Certificación e o Tribunal de Contas Europeo, para o que se deberá achegar canta información se lle requira no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
d) Asinar a acta de conformidade que acredite a comprobación material do investimento, segundo dispón o artigo 30 da LSG, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, en cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles.
e) Dispoñer da documentación xustificativa durante, polo menos, un período de 3 anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a un 1.000.000 de euros, de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída.
f) Comunicar inmediatamente ao IGVS cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, en relación coas actuacións que solicita, así como a modificación das circunstancias que teñan fundamentado a concesión da subvención. A dita comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvenciones doutras administracións públicas, supere o custo elixible do proxecto que vai desenvolver o beneficiario.
g) Cumprir as obrigas en materia de información e comunicación sobre o apoio procedente do Feder, de acordo co punto 2.2 do anexo XII do Regulamento nº 1303/2013 e de acordo coas especificacións técnicas establecidas nos artigos 3 ao 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, da Comisión, do 28 de xullo.
En particular, o beneficiario deberá informar o público do apoio obtido do Feder, colocando unha placa permanente nun lugar visible do edificio obxecto da actuación, unha vez rematadas as obras. Para estes efectos, o IGVS, xunto coa resolución de concesión, facilitará ao beneficiario as características, material, tamaño e modelo desta placa de información.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total o parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da LSG.
i) Aceptar a súa inclusión na lista de operacións a que fai referencia o artigo 115, número 2, e co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
2. As comunidades beneficiarias quedarán incluídas na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Edificación e Calidade
Area Central s/n. Poligono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541916
Email: dtsoloedificacionecalidade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/05/2019 00:00 - 01/07/2019 23:59
1. O prazo de presentación da solicitude será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no mes de vencemento. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.
b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.
c) Que posúan capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir cos obxectivos do proxecto polo que se solicita a axuda, en cumprimento do artigo 125.3.d) do Regulamento 1303/2013.
d) Que sexan seleccionadas conforme a prelación das puntuacións obtidas en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto desta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.
A solicitude de axuda (anexo I), debidamente cuberta e asinada, deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria necesaria para a tramitación deste procedemento:
a) Certificado expedido polo/a secretario/a da comunidade, no cal consten os acordos adoptados pola xunta de persoas propietarias de solicitar a axuda, de executar as actuacións solicitadas e do nomeamento da persoa autorizada pola comunidade para a tramitación da subvención, no caso de non ser a persoa que exerza a presidencia da comunidade.
b) Memoria baseada nunha auditoría enerxética que conteña a descrición do estado actual do edificio, a descrición das obras propostas para a mellora enerxética, a porcentaxe de redución da demanda enerxética, o aforro de emisións de CO2, a cualificación enerxética comparativa do estado actual e do estado coa mellora proposta e o prazo da execución estimado das obras. Para os efectos, será preciso xuntar a certificación enerxética do edificio, xerada cos programas informáticos de cálculo recoñecidos polo ministerio con competencias en enerxía.
c) Orzamento total dos gastos necesarios e subvencionables para a realización da obra, de acordo co ordinal décimo primeiro.
d) Fotografías do estado do edificio.
e) Calquera outro documento que a comunidade solicitante considere necesario como complemento da documentación anterior.
Se a solicitude non reúne os requisitos necesarios, requirirase a solicitante para que no prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se dará por desistida e ditarase resolución para o efecto.
A solicitude deberá presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación da solicitude poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse tamén de forma electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se a solicitude e/ou a documentación complementaria se realizase de forma presencial, requirirase a comunidade interesada para que a presente de forma electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación aquela en que fose atendido o requirimento, de conformidade co artigo 68.4 da LPACAP.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que os documentos que se presenten superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido, deberán seguirse para a súa presentación as instrucións da sede electrónica da Xunta de Galicia sinaladas no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/axuda/como-podo
As comunidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser presentados de xeito electrónico, accedendo á carpeta cidadá da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.
Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa representante.
Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro respectivo, habilitado para tal efecto no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 11 de abril de 2019 pola que se regulan as bases das axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas por esta entidade, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre a súa convocatoria (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
-
Extracto da Resolución do 11 de abril de 2019 pola que se regulan as bases das axudas dirixidas ás comunidades de propietarios/as de edificios de vivendas protexidas promovidas por esta entidade, co obxecto de realizar actuacións de mellora enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre a súa convocatoria (DOG nº 82 do 30 de abril de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano