Guía de procedementos e servizos

TU986C

Informe previo relativo ao cumprimento dos requisitos mínimos de infraestrutura e servizos para apartamentos e vivendas turísticas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Presidencia da Xunta de Galicia

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. As empresas turísticas que proxecten a apertura, construción ou modificación de apartamentos ou vivendas turísticas, antes de iniciar calquera tipo de actuación ou trámite ante o concello correspondente, poderán solicitar da Axencia Turismo de Galicia, un informe relativo ao cumprimento dos requisitos mínimos de infraestrutura e servizos, empregando modelo normalizado que figura no anexo II.

2. O órgano competente para a emisión deste será a Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia na que radique o establecemento, que deberá emitilo no prazo máximo de dous meses, con expresa inclusión do pronunciamento correspondente á clasificación solicitada. A validez do informe será dun ano sempre que permaneza en vigor a normativa turística respecto da que se emite informe.

3. En ningún caso este informe será suficiente para a clasificación do establecemento, debendo contar coa correspondente clasificación turística prevista neste decreto.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184674/ 981184681

Fax: 981184678

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294220/ 982294227

Fax: 982889053

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Ourense

Avenida da Habana nº 81

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386069/ 988386035

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Pontevedra

María Victoria Moreno 43 – 6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805553

Fax: 986805575

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos 3 meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de maio de 2017.

Cumprir os requisitos establecidos pola normativa vixente.

  • Solicitude segundo o Anexo II.

  • Memoria que describa e xustifique o cumprimento dos requisitos recollidos no decreto referidos a infraestruturas e servizos mínimos, así como planos acoutados a escala da distribución de plantas e de sección.

  • Outra documentación (Indicar outra documentación de interese que se aporta).

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2017).

    • Instrución interpretativa 1/2017, do 9 de maio, para a aplicación do Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 89 do 10 de maio de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano