Guía de procedementos e servizos

TU985D

Tarxeta bono turístico #QuedamosEnGalicia21

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 14/04/2021 00:00 - 02/11/2021 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).

2. O procedemento de concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21 é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

3. Non obstante, naqueles supostos en que se lles requira aos solicitantes a emenda de erros ou omisións na solicitude ou na documentación presentada, de ser o caso, ou se presenten documentos posteriores, entenderase por rexistro de entrada da solicitude a data en que o dito requirimento estea correctamente atendido.

Persoas físicas maiores de idade.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546420

Email: xuridico.turismo@xunta.gal ou innovación.turismo@xunta.gal

https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

14/04/2021 00:00 - 02/11/2021 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución ata o día 1 de novembro de 2021 (incluído).

1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia21.

3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21, as persoas que xa resultaran beneficiarias na primeira edición do Bono turístico.

Solicitudes e declaracións responsables.

1. As persoas interesadas que desexen optar ao Bono turístico #QuedamosenGalicia21 deberán presentar a súa solicitude, conforme o modelo do anexo II, obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para estes efectos enténdese que queda acreditado que as persoas solicitantes gozan do acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios por razón da súa capacidade técnica en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes presentadas ao abeiro da presente resolución terán o carácter de declaración responsable, segundo o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co dito precepto, a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial de calquera dato ou información que se incorpore a unha declaración responsable ou a unha comunicación, así como a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable, da documentación que sexa, se é o caso, requirida para acreditar o cumprimento do declarado ou da comunicación, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio do dereito ou actividade afectada desde o momento no que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

Igualmente, a Administración pública poderá determinar a obrigación do interesado de restituír á situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente.

3. As persoas interesadas deberán declarar responsablemente:

a) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

b) Non estar incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención, particularmente as referidas a estar ao día das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.

c) Que todos os datos contidos nesta solicitude son certos.

4. As persoas solicitantes poderán consultar o estado da súa solicitude na mesma sede electrónica (https://sede.xunta.gal/chave365), a través de «A miña sede», consultando o estado do procedemento.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de empadroamento en vigor á presentación da solicitude.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes, sen que este feito afecte a preferencia derivada da presentación inicial.

Prazo de resolución:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será ata o 15 de decembro de 2021.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21, e se establece a súa convocatoria para o 2021 (DOG nº 68 do 13 de abril de 2021).

    • Extracto da Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21, e se establece a súa convocatoria para o 2021 (DOG nº 68 do 13 de abril de 2021).

    • Resolución do 28 de agosto de 2021 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 7 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia21 e se establece a súa convocatoria para o 2021 (DOG nº 167 do 31 de agosto de 2021).

Outros procedementos relacionados

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303C

Cancelación da inscrición de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano