Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU985B
Concesión da tarxeta bono turístico. #QuedamosenGalicia”
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Presidencia da Xunta de Galicia
Esta resolución ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia, que se fará efectivo a través dunha tarxeta prepagamento que se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).
A citada tarxeta poderá utilizarse ata o 13 de decembro de 2020, data en que este programa quedará extinguido.
O procedemento de concesión do Bono turístico é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competititiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.
Poderán ser beneficiarias deste bono aquelas persoas empregadas públicas, tanto persoal funcionario, estatutario ou persoal laboral, fixo ou temporal, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
a) Todo o persoal do Sistema público de saúde de Galicia, tanto dependente da Consellería de Sanidade como do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas dependentes deste organismo.
b) Persoal empregado público destinado nos centros residencias de maiores, discapacidade e menores calquera que sexa a súa categoría laboral.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Estrada Santiago-Noia Km.3 A Barcia.
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546358
Prazo de presentación: PECHADO
28/07/2020 00:00 - 10/12/2020 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución ata o dia 30 de novembro de 2020 (incluído).
- Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para a concesión da tarxeta ata o 10 de decembro de 2020 (incluído), segundo Resolución do 23 de novembro de 2020.
Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa solicitante teña a condición de empregado publico das categorías establecidas no número anterior.
b) Que a persoa solicitante estivese prestando servizos dentro do período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de xuño de 2020.
- Os que, atopándose incluídos no ámbito persoal desta convocatoria, desexen optar ao Bono turístico deberán presentar a súa solicitude, conforme o modelo do anexo I, obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- O esgotamento do crédito será publicado na páxina web da Axencia Turismo de Galicia, e pasarán a formar parte dunha lista de espera aquelas solicitudes que cheguen unha vez que se esgote o crédito, para os efectos de se poderen atender no caso de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo coa orde de presentación.
- As solicitudes presentadas ao abeiro da presente resolución terán o carácter de declaración responsable, segundo o disposto no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co dito precepto, a ocultación de datos, a falsidade na documentación entregada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades que procedan.
- As persoas solicitantes poderán consultar o estado da súa solicitude na mesma sede electrónica a través de «A miña sede», consultando o estado do procedemento.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Condición de empregado público, que se comprobará de acordo coas bases de datos dos servizos de persoal das distintas consellerías.
2. Os datos incluídos nas solicitudes presentadas serán comprobados coas bases de datos de persoal das consellerías correspondentes, para garantir que as persoas solicitantes cumpren cos requirimentos recollidos no punto segundo desta resolución.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de xullo de 2020 pola que se establece o procedemento de concesión da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia (DOG nº 149 do 27 de xullo de 2020).
-
Extracto da Resolución de 22 de xullo de 2020 pola que se establece o procedemento de concesión da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia (DOG nº 149 do 27 de xullo de 2020).
-
Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplían os prazos de duración do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia e de presentación de solicitudes (códigos de procedemento TU985A e TU985B).(DOG núm. 236 do 23 de novembro de 2020).
-
Extracto da Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplían os prazos de duración do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia e de presentación de solicitudes (códigos de procedemento TU985A e TU985B).(DOG núm. 236 do 23 de novembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Inicio de actividade de axencias de viaxe.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade de restaurantes ou cafetarías.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade de establecementos hoteleiros.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade de establecementos de turismo rural.
Aberto todo o ano