Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU983C
Subvencións ás axencias de viaxe.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Presidencia da Xunta de Galicia
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír ao desenvolvemento da normal actividade das axencias de viaxe para o ano 2022.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante.
1. Considéranse gastos subvencionables todos aqueles comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 30 de outubro de 2022 con respecto aos conceptos seguintes:
1. 1. Gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia.
Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante, a partir do 1 de xaneiro de 2022 ata o 30 de outubro de 2022, relativos á creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia, de acordo cos requisitos que se indican:
a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelería, flyers, bancos fotográficos, vídeos, anuncios..., así como de elementos de promoción (merchandising)
b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.
c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como actualizacións de páxinas web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento en buscadores SEO, email márketing, márketing dixital, plataformas de comercialización, social media, blogs e redes sociais.
d) Gastos derivados dos custos da pertenza a grupos de compra e/ou xestión do uso de ferramentas para a creación do produto turístico e/ou de comercialización do destino Galicia.
1.2. Gastos derivados da transformación dixital.
Consideraranse os conceptos de:
a) Gastos derivados dos custos das licenzas de programas de xestión para 2022.
b) Gastos derivados de ferramentas de comercialización e de servizos (IATA, AMADEUS, etc.) para 2022.
c) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software e comunicacións (non inclúe telefonía).
d) Gastos derivados de asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información.
e) Gastos derivados de asistencias para actividades de dixitalización (xestión de plataformas, web, creación de contidos, xestión de redes sociais, community manager, etc.).
2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados.
O IVE non será subvencionable excepto cando non sexa recuperable ou compensable, conforme dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Exclúense como gastos subvencionables os bens de equipo de segunda man.
3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á adquisición do ben, ao abeiro do disposto no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. O importe máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:
– Para empresas de ata 2 traballadores: 5.200,00 €.
– Para empresas de 3 a 6 traballadores: 11.200,00 €.
– Para empresas de 7 a 19 traballadores: 16.200,00 €.
– Para empresas de 20 ou máis traballadores: 21.200,00 €.
Considéranse persoas traballadoras as contratadas por conta allea, así como os autónomos societarios.
Se a entidade solicitante ten máis dun establecemento, o límite ampliaríase da seguinte forma:
– Entre 2 e 3 sucursais: 2.000,00 €.
– De 4 ou máis sucursais: 3.500,00 €.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as axencias de viaxes, entendendo por tales as empresas turísticas descritas no artigo 83 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, tanto na súa categoría de grosistas, retallistas e grosistas-retallistas, que teñan un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547404/ 981546364
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/05/2022 00:00 - 30/06/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
2. Así mesmo, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio de 2003), en función dos seus efectivos e volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supere os 10 millóns de euros; e mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non exceda os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non exceda os 43 millóns de euros.
A Axencia Turismo de Galicia poderá realizar as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de pequena ou mediana empresa, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre la definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio de 2003).
3. As entidades solicitantes deberán manter a súa operatividade durante todo o exercicio do 2022 na modalidade de atención ao público correspondente á súa clasificación. Esta atención poderá ser de carácter presencial, telefónica ou telemática. A Administración autonómica poderá requirir a documentación que considere pertinente que acredite esta circunstancia.
4. Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce unha actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
Así mesmo, terán a consideración de empresa para os efectos de poder ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas que desenvolvan a súa actividade no réxime de autónomos.
5. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do final do prazo de presentación de solicitudes.
6. Non poderán obter a condición de beneficiaria:
– Aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
– Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistido da súa solicitude, despois de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria e declaracións responsables.
1. As persoas solicitantes achegarán coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación para a tramitación do procedemento:
a) Acreditación da representatividade suficiente para actuar no nome da entidade solicitante.
b) Memoria explicativa da petición da subvención.
c) As tres ofertas de diferentes provedores consonte o artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se é o caso.
d) Orzamento desagregado por partidas correspondente aos gastos de creación e/ou comercialización do produto e dixitalización conforme o modelo do anexo III.
e) Documentación oficial que acredite os empregados da empresa solicitante no momento da solicitude. (Informe do persoal medio de persoas traballadoras en situación de alta).
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Axencia de Turismo de Galicia poderá requirirlle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
6. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
7. As entidades solicitantes deberán declarar responsablemente, segundo o modelo do anexo II:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, ningunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita a subvención.
b) Se, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
e) Que se compromete a cumprir as obrigacións e requisitos que se sinalan no artigo 18 das bases reguladoras.
f) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio de 2003).
8. Dado que a actuación está financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, as entidades solicitantes deberán, ademais, declarar responsablemente:
a) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obrigación de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
b) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
c) Que a entidade dispón da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.
e) Que conta cun sistema de contabilidade separado ou cun código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista da auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención.
f) Que vai conservar toda a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación.
g) Que vai manter os investimentos obxecto da subvención durante un período mínimo de 3 anos desde o pagamento final ao beneficiario.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar ao día no pagamento das súas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social, así como de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar as certificacións de estar ao día nas citadas obrigacións.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigacións con algunha destas administracións, requiriráselle para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente o correspondente certificado.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Orzamento desagregado (Anexo III)
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase posterior
- Renuncia (Anexo IV)
- Fase de xustificación
- Solicitude de cobro da subvención (Anexo V)
- Declaracións (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).
-
Extracto da Resolución do 12 maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).
-
Resolución do 22 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12 maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás axencias de viaxe, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 188 do 3 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización modificación de sala de bingo.
Aberto todo o ano