Guía de procedementos e servizos

TU970A

Subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 07/06/2023 00:00 - 06/07/2023 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

A concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE e se convoca para o ano 2023.

Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546367/ 981546360

Fax: 981546371

Email: fomento.turismo@xunta.gal

http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

07/06/2023 00:00 - 06/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e a representación teñen que coincidir cos indicados pola persoa solicitante na solicitude de subvención. A persoa solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial de Turismo) https://turespazo.turismo.gal

No caso contrario, deberase achegar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación.

2. No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

3. No caso de entidades baixo unha mesma franquía, so poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.

4. Unha vez recaída a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración outorgante, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, subrogándose o novo titular na posición xurídica da persoa beneficiaria da subvención.

5. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa ou entidade interesada, empregando o modelo que figura no anexo II.

6. Os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa ou entidade interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación complementaria e declaracións responsables.

1. As persoas interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

1.1. Categoría 1ª. Concellos.

1.1.1. Solicitude de adhesión e primeira certificación.

O concello que, por primeira vez, solicite a adhesión á Q de Calidade Turística para un ou máis recursos, bens ou servizos, deberá presentar a seguinte documentación segundo o modelo do anexo II:

a) Certificado do ICTE sobre a solicitude da adhesión do concello á marca Q.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

1.1.2. Solicitude de seguimento e/ou renovación de marca.

O concello que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca para un recurso, ben ou servizo, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Certificado da marca Q de calidade turística do ICTE para o recurso, ben ou servizo en vigor.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

1.1.3. Documentación que debe presentar o concello solicitante nos procesos de adhesión, seguimento e/ou renovación:

Certificación do/da secretario/a da entidade local en que consten os seguintes aspectos:

– Acordo de solicitar a subvención, e de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude. Este acordo deberá adoptarse antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes.

– Que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais ao Consello de Contas correspondente ao último exercicio.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

1.2. Categoría 2ª. Persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

1.2.1. Solicitude de adhesión e primeira certificación.

A persoa solicitante que, por primeira vez, accede á adhesión á Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Certificado do ICTE sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca Q.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

1.2.2. Solicitude de seguimento e/ou renovación de marca.

A persoa que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Certificado da marca Q de calidade turística do ICTE para o establecemento ou servizo en vigor.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

e) No caso de solicitudes de axudas referidas a procesos de auditoría externa de seguimento ou renovación da marca Q correspondentes a aprazamentos de procesos de mantemento da marca do ano 2022, orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca realizada ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberá reflectirse no orzamento o número de oficinas (central e sucursais) que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada unha delas.

2. Documentación acreditativa dos criterios de valoración.

As persoas ou entidades solicitantes poderán acreditar os criterios de valoración contidos nos puntos 4, 5, 6 e 7 do artigo 14 destas bases, achegando a seguinte documentación:

a) No caso de establecementos, recursos ou servizos turísticos distinguidos coa marca Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas en vigor concedido por un destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) De ser o caso, documentos acreditativos relativos ás certificacións e/ou distintivos de calidade, calidade ambiental e/ou accesibilidade e/ou sustentabilidade e/ou safe tourism en vigor do establecemento, recurso, ben ou servizo.

c) De ser o caso, documento asinado e selado pola persoa ou entidade solicitante en que se acredite o uso das novas tecnoloxías (TIC), indicando o enderezo URL da súa páxina web, e/ou URL das redes sociais en que participa, e/ou localización na súa web do espazo destinado a reservas e/ou compra en liña de servizos a través da web e/ou APP do establecemento para sistemas operativos IOS, Android, Windows Phone, Blackberry e/ou outros.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. As persoas solicitantes farán constar no modelo de declaración que se incorpora no anexo II:

a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.

b) Se se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha axuda de minimis.

c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

e) Que se compromete a cumprir coas obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 21 das bases reguladoras.

f) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio) encadrándose nalgunha das seguintes categorías:

– Microempresa: empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.

– Pequena empresa: empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.

– Mediana empresa: empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non exceda de 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non supera os 43 millóns de euros.

g) O conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indícalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos pertinentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2023).

    • Extracto da Resolución do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 106 do 6 de xuño de 2023).

    • Resolución do 17 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se convoca para o ano 2023 (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

IF504B

Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano