Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU503G
Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
A convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación de espazos singulares, dixitalización de recursos con potencial turístico e mellora da fachada turística dirixida a concellos no ámbito territorial do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os concellos situados no territorio do litoral galego, definido coma terra xunto á costa marítima dos mares Atlántico e Cantábrico.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547405/ 981546360
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/03/2023 00:00 - 15/05/2023 23:59
Segundo a Resolución do 11 de abril de 2023 (DOG nº 72 do 14 de abril de 2023), amplíase o prazo de presentación de solicitude nun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
1. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade local solicitante.
3. Os concellos solicitantes deberán ter remitida a conta xeral do exercicio orzamentario 2021 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Solicitudes.
1. Cada concello poderá presentar como máximo unha solicitude de axuda por cada liña de acción. Para este fin, utilizaranse os modelos previstos no anexo II.
2. As solicitudes (anexo II) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https:// sede.xunta.gal).
De conformidade co previsto no artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación co artigo 14 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, se algunha das entidades solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a entidade interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se lle terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta resolución para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser entidade beneficiaria dela.
4. As entidades solicitantes deberán declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou ou non, ou se recibiu ou non, algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita a subvención.
b) A veracidade de todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día nas obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.
g) Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
h) Non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
i) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da actuación para a cal se solicita a axuda.
j) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.
k) Conservar toda a documentación relativa á subvención segundo o establecido nos regulamentos de aplicación aos fondos que financian a axuda concedida durante o período indicado no artigo 23.
l) Estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
m) A actividade que se vai subvencionar non causa un prexuízo significativo («do no significant harm») aos obxectivos ambientais nos termos do artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088, e restante normativa de aplicación.
n) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 23 das bases reguladoras.
Documentación complementaria.
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:
1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente polo/pola secretario/a do concello ou entidade local solicitante, segundo o modelo do anexo III, na cal se faga constar:
a) O acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para a liña que se pretende executar ao abeiro desta resolución, e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nela, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude. O acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
b) Que a entidade local cumpriu coa súa obriga de remisión da conta xeral do exercicio orzamentario 2021 ao Consello de Contas de Galicia.
c) Que as actuacións para as que se solicita subvención non estaban iniciadas antes do 1 de xaneiro de 2023.
d) Certificación emitida e asinada electronicamente polo/pola secretario/a do concello ou entidade local sobre a plena dispoñibilidade sobre os terreos e inmobles en que se van desenvolver as actuacións, durante un período que, como mínimo, garanta o cumprimento das obrigas previstas no artigo 23 destas bases.
O incumprimento dos requisitos establecidos nas letras anteriores determinará a inadmisión da solicitude.
1.2. Memoria ou proxecto asinados por técnico competente que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar, que deberá incluír:
a) Memoria explicativa e xustificativa da actuación que se vai desenvolver (cunha extensión máxima de 10 páxinas) onde se indique a tipoloxía de actuación.
b) Planos de localización do investimento.
c) Planos descritivos do proxecto que se vai levar a cabo.
d) Reportaxe fotográfica do ben sobre o que se vai actuar: exteriores, interiores e da contorna, así como fotografías desde as que se aprecie de maneira concreta o elemento ou elementos obxecto da actuación.
e) Relación detallada dos mobles e equipamentos (débense indicar calidades, localización e número) que, de ser o caso, se van instalar.
1.3. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos necesarios para a execución do proxecto.
1.4. Anexo VII de declaración responsable de adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo», segundo o establecido no artigo 7.
1.5. Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VIII).
1.6. Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IX).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, esta deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de mediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha entidade presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitarlles de maneira motivada que presenten unha copia autenticada electrónica.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
d) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
e) Certificación de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
f) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
g) Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo VIII)
- Declaración responsable de adecuación ao principio de non causar prexuízo significativo (Anexo VII)
- Solicitude (Anexo II)
- Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (Anexo IX)
- Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa secretaria da entidade solicitante (Anexo III)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Renuncia (Anexo IV)
- Solicitude de cobramento da subvención (Anexo V)
- Declaracións (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 54 do 17 de marzo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 54 do 17 de marzo de 2023).
-
Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 72 do 14 de abril de 2023).
-
Extracto da Resolución do 11 de abril de 2023 pola que se modifica a Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 72 do 14 de abril de 2023).
-
Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU503G) (Diario Oficial de Galicia número 54, do 17 de marzo) (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).
-
Resolución do 26 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación e se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 14 de marzo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Declaración de municipio turístico.
Aberto todo o ano
Declaración de festa de interese turístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de lecer educativo e de tempo libre.
Prazo pechado: 02/05/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59