Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU501C
Subvencións a xeodestinos de Galicia para o desenvolvemento de actuacións para a dinamización turística.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
Esta convocatoria queda sen efecto por causas sobrevidas derivadas do impacto do COVID-19 en virtude do disposto na Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o desenvolvemento de actuacións para a dinamización turística nos xeodestinos de Galicia durante o ano 2020.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
3. Ao abeiro desta resolución son subvencionables as seguintes actuacións:
a) Planificación, creación e consolidación de produto turístico no xeodestino.
b) Comercialización, promoción e difusión do produto turístico.
c) Formación dirixida ao sector turístico.
d) Novas tecnoloxías aplicadas ao turismo.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os requisitos establecidos nestas bases, as seguintes tipoloxías de entidades supramunicipais xestoras dos xeodestinos de Galicia definidos no artigo 23 da Lei 7/2011, do turismo de Galicia, que desenvolvan actuacións de dinamización turística durante o ano 2020, que se distribúen en dúas categorías:
1.1. Categoría 1ª: entidades locais.
a) Mancomunidades e consorcios locais constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Estas entidades supramunicipais deberán ter atribuídas competencias en materia de turismo.
b) Agrupacións de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse a un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
1.2. Categoría 2ª: outras entidades.
a) Os grupos de desenvolvemento rural (GDR) recoñecidos polo Acordo do Consello de Dirección da Agader do 16 de novembro de 2016 polo que se resolve a convocatoria sobre a selección de estratexias de desenvolvemento local e de grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia, así como sobre a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
b) Outras asociacións legalmente constituídas onde haxa unha participación maioritaria dos concellos que integran o xeodestino, sempre e cando os seus estatutos recollan as actuacións en materia de turismo como un dos seus obxectivos.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Calidade e Proxectos Europeos
Estrada Santiago-Noia km. 3, A Barcia
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547406/ 981542567
Email: proxectos.turismo@xunta.gal
Esta convocatoria queda sen efecto por causas sobrevidas derivadas do impacto do COVID-19 en virtude do disposto na Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
20/12/2019 00:00 - 17/02/2020 23:59 Ampliado o prazo en virtude da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. Ampliado o prazo en virtude da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro).
Será requisito indispensable que o ente beneficiario teña contratado un/unha técnico/a en turismo dedicado ao seguimento e coordinación das actuacións obxecto da actuación. Esta persoa deberá estar contratada como mínimo durante o período de execución das actividades obxecto da subvención, ben a tempo completo ou parcial, como parte do cadro de persoal; ou ben mediante contrato de servizos. En caso de non cumprir este requisito no momento de presentar a documentación, o ente solicitante deberá comprometerse por escrito na solicitude á súa contratación en tempo e forma.
Será necesario que exista un cofinanciamento mínimo por parte da entidade beneficiaria dun mínimo do 10 % do importe da subvención solicitada e concedida. Esta cantidade deberá ser xustificada xunto co importe da subvención.
Os requisitos para ser persoas beneficiarias deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración do representante legal da entidade xestora do xeodestino.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán facerse constar naquela os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
Así mesmo, e para os efectos das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada unha das entidades que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder da entidade representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. A documentación administrativa que deberá presentarse será a seguinte:
A) Na categoría 1ª: as entidades locais deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do/da secretario/a da entidade local en que conste o acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para as actividades ou proxectos e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes.
b) Certificación da secretaría do concello, da mancomunidade ou consorcio, que acredite que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.
c) No caso de agrupación de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos, que deberá incluír, en todo caso os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles e a designación do/da representante ou apoderado/a único/a da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
Así mesmo, achegarase unha certificación emitida pola secretaría do concello representante na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
– Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as actividades e proxectos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nestas bases, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro destas bases ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
– O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
– Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia efectuouse antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión da solicitude.
d) No caso de que se trate dunha mancomunidade ou consorcio, deberá presentarse o instrumento xurídico acreditativo da súa constitución. Os acordos ou certificacións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
B) Na categoría 2ª: os grupos de desenvolvemento local e outras asociacións interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación do/da presidente/a da entidade co acordo do órgano competente polo que se acorda participar nesta convocatoria.
b) Escritura de constitución.
2. No que respecta á documentación do proxecto (para ambas as dúas categorías), deberá achegarse:
– Memoria de actuacións explicativa e completa das accións que se vaian desenvolver cos obxectivos para acadar, as fases de execución e os recursos involucrados, cunha extensión mínima de 15 páxinas e máxima de 40 a dobre espazo por unha soa cara, letra Arial, tamaño 11, coas accións descritas no artigo 5 destas bases e cos diferentes aspectos técnicos, económicos e financeiramente viables e que poidan ser avaliables segundo o artigo 6 destas bases reguladoras. A memoria incluirá un orzamento desagregado por conceptos do investimento que se vai realizar, para cada unha das actividades descritas no proxecto ou memoria, especificando a aportación que será efectuada pola entidade beneficiaria.
– Documentación que acredite o número de anos que a entidade vén desenvolvendo actuacións de dinamización turística en colaboración con Turismo de Galicia.
3. Ademais, no modelo de declaración que se incorpora no anexo II farase constar:
a) Conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10, números 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 21 das bases reguladoras.
g) Que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda autonómica e coa Facenda estatal e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda con ningunha outra Administración pública.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
– NIF da entidade solicitante.
– NIF da persoa xurídica representante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Consellería de Facenda.
– Consulta de concesión de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Esta convocatoria queda sen efecto por causas sobrevidas derivadas do impacto do COVID-19 en virtude do disposto na Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de maio de 2020 pola que se deixan sen efecto por causas sobrevidas diferentes convocatorias de concesión de subvencións, bolsas e patrocinios (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2020).
-
Extracto da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2020).
-
Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C) (DOG nº 241 do 19 de decembro de 2019)
-
Extracto da Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C) (DOG nº 241 do 19 de decembro de 2019).
-
Correción de erros. Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C) (DOG nº 248 de 31 de decembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Declaración de municipio turístico.
Aberto todo o ano
Declaración de festa de interese turístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de lecer educativo e de tempo libre.
Prazo pechado: 02/05/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59