Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU404C - Subvencións para participar no programa de turismo interior “Elixe Galicia”: Colectivo familias.
1. As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto a participación de persoas maiores, mozos/as menores de 30 anos e familias con fillos menores, nas rutas que conforman o programa Elixe Galicia.
2. Estas axudas terán a consideración de subvencións en especie, ao abeiro do disposto na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o disposto no artigo 3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta contía pagarase á empresa adxudicataria do contrato de servizo para a creación, organización, xestión e comercialización do programa Elixe Galicia polo que a Axencia Turismo de Galicia aboará á empresa adxudicataria do programa os importes correspondentes segundo as prazas concedidas.
3. O procedemento de concesión das axudas aos beneficiarios das prazas, tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A concesión das prazas no suposto de máis solicitudes que prazas convocadas, terá lugar a través de sorteo entre todas as solicitudes que cumprindo os requisitos establecidos nas presentes bases se presenten en prazo.
Realizaranse dous sorteos, un para as solicitudes correspondentes o ano 2020 e outro para as solicitudes do ano 2021. As datas, lugar e hora da celebración dos sorteos publicaranse no taboleiro de anuncios da páxina web da Axencia Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/espazo-institucional.
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas residentes legalmente na Comunidade Autónoma de Galicia, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores á data final do prazo de presentación de solicitudes establecido nestas bases.
b) Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
c) Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
d) Efectuar o pago do prezo estipulado.
C) Familias con fillos/as menores de idade:
Enténdese por familia, as persoas unidas entre si por matrimonio ou unha relación análoga de afectividade, as persoas que dependan delas por filiación, adopción, tutela, garda, garda de feito ou acollemento permanente ou preadoptivo, e as persoas que estean ao seu cargo, sempre que formen un núcleo estable de convivencia.
Calquera outra forma de relación estable entre membros dunha parella considérase asimilada ao vínculo por matrimonio, sempre que estea acreditada pola inscrición no correspondente rexistro.
Os fillos menores entre 0-3 anos non ocuparán praza.
Terán a condición de beneficiarios os/as fillos/as entre 4 e 18 anos, os fillos/as e ascendentes con discapacidade en grado igual o superior ao 33 % sempre que a viaxe a realicen cos seus pais/fillos/as e se aloxen na mesma habitación ou, no seu caso abonen o suplemento establecido para habitacións individuais que estará suxeito a dispoñibilidade de praza e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polos pais, titores ou fillos/as cos que viaxan.
Os/as fillos/as maiores de 18 anos e os ascendentes, salvo os fillos/as ou ascendentes con discapacidade, pagarán o 100 % da praza.
Do total das prazas destinadas ao colectivo de familias con fillos/as menores de idade, reservarase un 10 % do total para familias numerosas. Na solicitude deberá indicarse se se trata dunha familia numerosa.
2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
3. Non poderán obter a condición de beneficiaria aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, empregando o modelo que figura no anexo IV.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981542525/ 981957061/ 981957062
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 15 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 150 do 28 de xullo de 2020).
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (DOG nº 150 do 28 de xullo de 2020).
Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (códigos de procedemento TU404A, TU404B e TU404C) (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2020).
Extracto da Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (códigos de procedemento TU404A, TU404B e TU404C) (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
04/02/2020 00:00 - 03/03/2020 23:59
01/10/2020 00:00 - 02/11/2020 23:59
Para a tempada do ano 2020 será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Prazo de presentación de solicitudes para a tempada do ano 2021
As solicitudes presentaranse entre o 1 de outubro e o 2 de novembro de 2020 nas axencias comercializadoras do programa que teñan asinado o correspondente contrato coa empresa adxudicataria do contrato.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes. Conforme ao artigo 30.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, considéranse inhábiles os sábados, domingos e os declarados festivos.
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura ao final destas bases como Anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Así mesmo, a solicitude poderá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As axencias de viaxes colaboradoras poderán informar e prestar a súa asistencia aos/ás solicitantes para o cumprimento das solicitudes.
2. As persoas interesadas achegarán a seguinte documentación:
– Anexo II: modelo de solicitude normalizado segundo colectivo beneficiario, no que se indicará a modalidade do programa, ano e a tempada de desfrute:
Anexo II-C: para o colectivo de familias.
– No colectivo de maiores presentarase o libro de familia cando se inclúan na solicitude como persoas beneficiarias os/as cónxuxes e os/as fillos/as con discapacidade.
– No caso do colectivo familias, deberá achegarse libro de familia ou documento que acredite a convivencia.
– Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade, no caso de que o órgano que realiza tal recoñecemento non dependa da Xunta de Galicia.
– Título de familia numerosa no caso de non ser expedido pola Xunta de Galicia.
– Anexo III en calquera dos colectivos cando se inclúan na solicitude outras persoas beneficiarias ou acompañantes, segundo se establece no artigo 3.
3. A documentación complementaria presentarase tamén preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
6. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.
8. A unidade administrativa encargada da tramitación deste procedemento poderá solicitar, no caso de consideralo necesario, a documentación complementaria aclaratoria dos datos que figuren na solicitude.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
– DNI ou NIE da persoa solicitante e, no seu caso, do cónxuxe e fillos/as acompañantes, e dos membros da familia, así como dos mozos/as que se presenten colectivamente.
– NIF da entidade representante, para todos os colectivos.
– DNI ou NIE da persoa representante, para todos os colectivos.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, da persoa solicitante. No caso do colectivo de mozos/as que presenten solicitude colectivamente consultaranse os datos de todos/as os/as solicitantes.
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social, da persoa solicitante. No caso do colectivo de mozos/as que presenten solicitude colectivamente consultaranse os datos de todos/as os/as solicitantes.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Consellería de Facenda, da persoa solicitante. No caso do colectivo de mozos/as que presenten solicitude colectivamente consultaranse os datos de todos/as os/as solicitantes.
– Consulta de datos de residencia da persoa solicitante e demais beneficiarios, en todos os colectivos.
– Certificados de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante.
– Certificado discapacidade dos fillos/as, no caso de que se inclúa na solicitude como acompañante, no colectivo de maiores e no colectivo de familias.
– Certificado de pensionista no Sistema Público de Seguridade Social da persoa solicitante, no colectivo de maiores.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas, da persoa solicitante. No caso do colectivo de mozos/as que presenten solicitude colectivamente consultaranse os datos de todos/as os/as solicitantes.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas, da persoa solicitante. No caso do colectivo de mozos/as que presenten solicitude colectivamente consultaranse os datos de todos/as os/as solicitantes.
– Título de familia numerosa, no caso de ser expedido pola Xunta de Galicia, no caso do colectivo de familias.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e no Anexo III segundo corresponda, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha das administracións arriba indicadas, requirirase a persoa solicitante ou beneficiaria para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"