Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR900A
Rexistro de Empresas con risco por amianto da Comunidade Autónoma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto regular os seguintes procedementos e aprobar e dar publicidade aos seus modelos normalizados, para a súa tramitación por medios electrónicos:
a) Rexistro de empresas con risco por amianto da Comunidade Autónoma de Galicia: alta, baixa e variación de datos (anexo I).
b) Aprobación de plans de traballo con risco por amianto (anexo III).
c) Inicio de traballo con risco por amianto (anexo IV).
d) Rexistro dos datos da avaliación da exposición nos traballos con amianto (anexo V)
Empresas con risco por amianto de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Edificio SL 35. Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 35 B - 3º C-D
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957018
Fax: 881999433
Email: issga@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Centro territorial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia na Coruña
Rúa Doutor Camilo Veiras, nº 8
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182329
Fax: 981182332
Email: issga.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Centro territorial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Lugo
Ronda de Fingoi, nº 170
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294300
Fax: 982294336
Email: issga.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Centro territorial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Ourense
Rúa de Villaamil e Castro, s/n
32872 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386395
Fax: 988386222
Email: issga.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA)
Centro territorial do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Pontevedra
Camiño Coto do Coello, nº 2
36812 Redondela (Pontevedra)
Teléfono: 886218100
Fax: 886218102
Email: issga.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Aberto todo o ano
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude ou comunicación a seguinte documentación:
a) Alta no Rexistro de empresas con risco por amianto de Galicia (anexo I):
– Anexo II: ficha de inscrición, segundo anexo III do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.
– No caso de persoas xurídicas, copia dos estatutos vixentes debidamente inscritos no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate.
– No caso de traballadores/as autónomos/as con persoas traballadoras contratadas, copia do último documento RNT (relación nominal de traballadores) de que se dispoña.
– Xustificante de estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, no caso de persoas físicas.
– No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
b) Baixa no Rexistro de empresas con risco por amianto de Galicia (anexo I):
– Anexo II: ficha de inscrición, segundo anexo III do Real decreto 396/2006.
– No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
c) Variación de datos no Rexistro de empresas con risco por amianto (anexo I):
– Anexo II: ficha de inscrición, segundo anexo III do Real decreto 396/2006.
– No caso de persoas xurídicas, copia do acordo social elevado a público ou do documento acreditativo da modificación dos datos inscritos.
– No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
- Fase de solicitude
- Ficha de inscrición (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan os procedementos e se aproban e se dá publicidade dos modelos de solicitude e comunicación relativos aos traballos con risco de exposición ao amianto en Galicia (DOG nº 158 do 21 de agosto de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00