Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR821A
Autorización para acollerse ás axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da seguridade social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento, para a Comunidade Autónoma de Galicia, de normas de carácter permanente para a xestión do procedemento das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social, a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas.
Estas axudas están destinadas a facilitar unha cobertura económica ás persoas traballadoras próximas á idade de xubilación para atender situacións de urxencia e necesidade sociolaboral que permitan paliar as consecuencias sociais derivadas dos procesos de reestruturación de empresas que poderían levar consigo o cesamento total ou parcial da actividade destas ou contribúan ao mantemento do emprego.
1. As persoas traballadoras afectadas por despedimento colectivo, do artigo 51 do Estatuto dos traballadores (ET).
2. As persoas traballadoras despedidas en virtude do artigo 52.c) do Estatuto dos traballadores (ET).
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743/ 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
1. No caso das persoas traballadoras afectadas por despedimento colectivo do artigo 51 do Estatuto dos traballadores, a empresa e a representación legal das persoas traballadoras, conxuntamente, poderán presentar a solicitude de autorización, nos quince días seguintes á comunicación á autoridade laboral do acordo acadado no período de consultas, ante o órgano competente en materia de emprego.
2. No caso das persoas traballadoras despedidas en virtude do artigo 52.c) do Estatuto dos traballadores, a solicitude presentaraa a empresa e a representación legal das persoas traballadoras, conxuntamente, ou unicamente a empresa no caso de inexistencia de representación legal das persoas traballadoras, durante o prazo de aviso previo previsto no artigo 53.1.c) do Estatuto dos traballadores, ou nos quince días seguintes ao despedimento no caso de que non se conceda este.
Requisitos segundo o artigo 3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro:
1. Ter cumprida unha idade, real ou teórica por aplicación de coeficientes redutores de idade, que sexa inferior en catro anos, como máximo, á idade que en cada caso resulte de aplicación segundo o establecido no artigo 161.1.a) e na disposición transitoria vixésima do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño. Para os efectos de determinar a devandita idade legal de xubilación considerarase como tal a que lle tivese correspondido ao traballador tendo en conta as cotizacións correspondentes ao período de percepción da axuda.
2. Ter cuberto o período de cotización esixido para causar dereito á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva no réxime da Seguridade Social de encadramento ao alcanzar a idade legal para o acceso á mesma que en cada caso resulte de aplicación de conformidade co establecido no apartado anterior.
3. Acreditar unha antigüidade mínima na empresa ou grupo de empresas de polo menos dous anos no momento da solicitude do recoñecemento, prevista no artigo 6.1. do Decreto 3/2014, do 10 de xaneiro. No caso de traballadores con contrato a tempo parcial ou fixos discontinuos a antigüidade computarase de data a data dende a data de ingreso na empresa, ata a data do despedimento.
4. No caso de traballadores afectados por despedimento colectivo, non poderán transcorrer máis de catro anos entre a data de comunicación do acordo alcanzado no período de consultas á autoridade laboral competente, e a data de acceso dos traballadores ao sistema de axudas previas.
5. Encontrarse inscritos nas oficinas de emprego como demandantes de emprego no momento da concesión da axuda, salvo o previsto no artigo 8.2 do Decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, ter esgotado a prestación contributiva por desemprego, no caso de que tivesen dereito a esta e non ter sido obxecto de sanción durante o período de cobramento mesma, como consecuencia dalgunha infracción das previstas no texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, que implique a perda do dereito á prestación por desemprego. Se a sanción implica a suspensión temporal do cobramento desta, o inicio da percepción da axuda atrasarase polo mesmo período de tempo en que quedase suspendida a prestación por desemprego.
6. Non estar incursos nalgunha causa de incompatibilidade para percibir a axuda, nin nalgún dos supostos previstos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
A solicitude de autorización figura como anexo I a esta orde e nela farase constar:
a) No caso de despedimentos colectivos realizados conforme o artigo 51 do Estatuto dos traballadores, indicación do número de expediente, para os efectos de poder acceder ao acordo acadado no período de consultas.
b) Relación das persoas traballadoras para as cales se solicitan as axudas, indicando a data de nacemento, o número de afiliación á Seguridade Social, o documento nacional de identidade, a antigüidade na empresa, o grupo de cotización á Seguridade Social, datas previstas de acceso ás axudas e unha previsión do custo económico individualizado.
As persoas interesadas deberán achegar á solicitude de autorización, anexo I a esta orde, a seguinte documentación:
a) Memoria en que se farán constar os motivos polos cales se solicitan as axudas.
b) No caso de despedimentos colectivos realizados conforme o artigo 51 do Estatuto dos traballadores, documentación que acredite a posta á disposición das persoas traballadoras da indemnización correspondente (artigo 53.1.b) do ET).
c) Nos casos previstos no artigo 52.c) do Estatuto dos traballadores acreditarase de forma que faga fe que se cumpriron os requisitos do artigo 53.1 do Estatuto dos traballadores, mediante a entrega de:
Copias das comunicacións da concesión ás persoas traballadoras do prazo de aviso previo (artigo 53.1.c) do ET).
Copias das comunicacións, por escrito, dos despedimentos ás persoas traballadoras (artigo 53.1.a) do ET).
Documentación que acredite a posta á disposición das persoas traballadoras da indemnización correspondente (artigo 53.1.b) do ET).
d) Certificado de vida laboral correspondente a cada unha das persoas traballadoras afectadas polas axudas, para os efectos da comprobación do cumprimento dos requisitos enumerados no artigo 3 do Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro.
e) Documento mediante o cal a representación legal das persoas traballadoras autorice a empresa para presentar a solicitude, cando sexa obrigatoria a presentación conxunta por ambas as partes.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento TR821C consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos:
a) Certificado de estar o día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
b) Certificado de estar o día no pagamento de obrigas tributarias coa Seguridade Social.
c) Certificado de estar o día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para quen exerza a súa representación legal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Non será necesario achegar documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018).
-
Resolución do 19 setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2018 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2018).
-
Extracto da Resolución do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito para o exercicio 2018 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 189 do 3 de outubro de 2018).
-
Resolución do 8 novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito, para o exercicio 2019, das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 8 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se publica o crédito, para o exercicio 2019, das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2019).
-
Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2020 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 239 do 26 de novembro de 2020).
-
Extracto da Resolución do 18 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2020 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 239 do 26 de novembro de 2020).
-
Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2021 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publica o crédito para o exercicio 2021 das axudas recollidas na Orde do 22 de maio de 2018 pola que se ditan, con carácter permanente, normas de procedemento para a xestión das axudas previstas no Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a persoas traballadoras afectadas por procesos de reestruturación de empresas (DOG nº 134 do 15 de xullo de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 3/2014, do 10 de xaneiro, polo que se establecen as normas especiais para a concesión de axudas previas á xubilación ordinaria no sistema da Seguridade Social a traballadores afectados por procesos de reestruturación de empresas (BOE nº 25 do 29 de xaneiro de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano