Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR820Y
Declaración de empresa dependente ou integrante da cadea de valor.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento e aprobar e dar publicidade do modelo normalizado (código de procedemento administrativo TR820Y), para a súa tramitación por medios electrónicos, sobre a solicitude de declaración pola autoridade laboral (autonómica ou provincial) de que teñen a condición de empresas integrantes da cadea de valor ou dependentes indirectamente, nos termos referidos no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
Empresas con expedientes de regulación temporal de emprego baseados no artigo 22 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, que estean prorrogados automaticamente ata o 31 de xaneiro de 2021 e que consideren que cumpren co establecido na disposición adicional primeira do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
San Lázaro
Teléfono: 981547241, 981957752
Prazo de presentación: PECHADO
05/10/2020 00:00 - 19/10/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitude de declaración estenderase desde o día da publicación no DOG ata o 19 de outubro de 2020.
Poderán realizar esta solicitude todas aquelas empresas con expedientes de regulación temporal de emprego baseados no artigo 22 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, que estean prorrogados automaticamente ata o 31 de xaneiro de 2021 e que consideren que cumpren co establecido na disposición adicional primeira do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro.
1. A solicitude de declaración de empresa dependente ou integrante da cadea de valor realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e chave Chave365.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Informe ou memoria explicativa de que concorren as circunstancias para ser empresa integrante da cadea de valor ou empresa dependente indirectamente dunha empresa do anexo do real decreto Lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego.
b) Documentación acreditativa das circunstancias que se citan no informe ou memoria.
c) Documentación acreditativa da comunicación ás persoas traballadoras de que se vai presentar a solicitude e do traslado do informe e documentación acreditativa, no caso de existir, á representación destas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– Documento acreditativo da personalidade da persoa solicitante, consistente no NIF no caso de persoas xurídicas, e DNI ou NIE no caso de traballadores/as autónomos/as con persoas traballadoras contratadas.
– DNI ou NIF da persoa representante, e NIF da entidade representante.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de outubro de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e dá publicidade do modelo de solicitude de declaración de empresa dependente ou integrante da cadea de valor das empresas dos códigos do CNAE 09 previstos no anexo do Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (código de procedemento administrativo TR820Y). (DOG núm. 201, do 5 de outubro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano