Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR820F
Axudas para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, apoiando as persoas traballadoras e ás empresas, afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos e redución de xornada
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A presente orde ter por obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución da xornada, así como axudar as empresas afectadas no relativo á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTE, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR820F).
Así mesmo, xunto con esta orde procédese á convocatoria das citadas axudas para o ano 2020.
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras e as empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución de xornada.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Ed. Administrativo San Lázaro, s/n - planta 0
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743/ 981957744
Prazo de presentación: PECHADO
02/07/2020 00:00 - 31/10/2020 23:59
01/11/2020 00:00 - 10/11/2020 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, xunto coa convocatoria do ano 2020, e permanecerá aberto ata o 31 de outubro de 2020, agás o suposto establecido no artigo 9.1, en que se permitirá ata o 10 de novembro de 2020.
1. Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se trate de persoas traballadoras afectadas por un ou varios expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas e/ou de produción (ERTE ETOP), en que a decisión empresarial sobre a suspensión ou redución da xornada tras a finalización do período de consultas fose comunicada á autoridade laboral competente ou en virtude de resolución xudicial adoptada no seo dun procedemento concursal.
Requírese que o período de consultas ou ben o procedemento de mediación que sexa de aplicación no ámbito da empresa conclúa con acordo entre as partes.
b) Que o/os expediente/s de regulación temporal de emprego afecten, dentro do período subvencionable, un máximo de 300 persoas traballadoras por centro de traballo da empresa radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que as suspensións de contratos de traballo ou reducións da xornada se fixesen efectivas ao longo do período subvencionable a que se fai extensiva á axuda e que será o establecido na respectiva convocatoria.
d) Que os ingresos brutos mensuais das persoas traballadoras, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen 2.500 euros, ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.
e) Que, no caso de ERTE de suspensión, teña unha duración de, polo menos, 25 días dentro do período subvencionable. Nos supostos de ERTE de redución de xornada a duración mínima para poder acceder á axuda será o equivalente a 25 xornadas completas dentro do referido período subvencionable. A duración máxima será de 180 xornadas de suspensión/redución dentro do período subvencionable por persoa traballadora.
Non poderán ser beneficiarias aquelas persoas traballadoras que conten con contratos de alta dirección recollidos no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección nin tampouco aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Poderán ser beneficiarias todas aquelas empresas que conten con persoas traballadoras afectadas por ERTE de suspensión de contratos ou redución de xornada que cumpran os requisitos establecidos no punto 1 deste artigo, podendo compensar os custos derivados da formación do dito persoal, sempre que as ditas empresas cumpran cos requisitos seguintes:
a) As empresas afectadas deberán ter pactado, formando parte do plan de acompañamento social, un plan de formación coa representación legal das persoas traballadoras ou, de ser o caso, coa comisión negociadora do ERTE.
b) O plan de formación deberá executarase durante a duración do ou dos ERTE de suspensión/redución, e desenvolverse accións formativas vinculadas á actividade profesional das persoas traballadoras afectadas, co obxecto de incrementar a súa empregabilidade e adaptación ao ámbito dixital. A duración do plan formativo poderá ser a mesma que a pactada para o ERTE. A formación poderá ser presencial ou en liña.
c) No plan de formación levado a cabo deberá recollerse, como mínimo:
– A identificación das persoas traballadoras ás cales se lles impartiu a formación e para as que se solicitan axudas para compensar a perda do seu poder adquisitivo por estaren afectadas polo respectivo ERTE de suspensión/redución.
– A descrición detallada da totalidade das accións formativas desenvoltas, con desagregación do número de horas de formación, así como o número total de horas de formación que se recolle no citado plan.
– Calendario de execución das accións formativas que conteña as datas de inicio e fin e os horarios de realización das citadas actividades formativas.
– Plataforma e medios, ben da propia empresa ben contratados cunha entidade externa, para impartir as accións formativas.
– A duración do conxunto das accións formativas que se impartiron, que deberá ser de 50 horas como mínimo e de 250 horas como máximo.
Exixirase un mínimo de asistencia e de aproveitamento aos cursos, e non se permitirá a ausencia de cada alumno/a de máis dun 20 % do tempo total de duración da actividade formativa que, en todo caso, terá que ser con aproveitamento acreditado pola persoa ou entidade docente.
Non poderán ser beneficiarias as entidades solicitantes en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Obrigas das persoas e entidades beneficiarias
Son obrigas das persoas e entidades beneficiarias destas axudas as seguintes:
1. Acreditar con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter realizado a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención.
3. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou ingresos que se percibisen para a mesma finalidade.
5. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
Solicitudes
1. As solicitudes de axuda para compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas polos ERTE poderán ser formalizadas directamente pola persoa traballadora afectada ou pola empresa afectada polo procedemento de ERTE, en calidade de autorizada pola persoa traballadora, acreditada segundo o anexo III desta orde, e cando concorra algunha destas circunstancias:
Que finalizase o período completo de suspensión/redución de xornada acordado no ERTE.
No caso de estar afectada por varios ERTE, que finalizasen os efectos do último expediente de regulación temporal de emprego.
Que a persoa traballadora beneficiaria alcanzase o número máximo de xornadas completas subvencionables (180).
Excepcionalmente, no suposto de que na data máxima para a presentación de solicitudes (31 de outubro de cada exercicio) non finalizase o período completo de suspensión acordado no expediente de regulación temporal de emprego, poderá presentarse a solicitude ata o 10 de novembro de cada exercicio por aquelas xornadas obxecto de suspensión/redución ata o 31 de outubro, sempre que estas sexan polo menos 25, tal como se regula no artigo 3.1.e).
2. As solicitudes de axuda para compensar os custos do plan de formación serán formalizadas pola empresa afectada polo ERTE.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para quen exerza a súa representación legal.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. No caso das persoas traballadoras afectadas, deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Certificado emitido pola empresa, segundo o anexo II, en que consten os seguintes datos da persoa traballadora: o período de suspensión/redución efectiva, dentro do período subvencionable que se estableza na decisión final comunicada, con indicación do número de xornadas completas de suspensión e os meses concretos en que se fixo efectiva a suspensión e, de ser o caso, a porcentaxe de redución de xornada, en que se fixo efectiva a redución.
b) Certificado emitido pola empresa, segundo o anexo III en que consten, de forma individualizada, os seguintes datos: a retribución mensual bruta (excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias) e a base de cotización por continxencias comúns dos seis meses completos anteriores ao inicio das suspensións ou reducións de xornada.
c) Autorización da persoa traballadora para a presentación da solicitude no seu nome, segundo anexo IV desta orde, no suposto de presentación pola empresa afectada polo procedemento de regulación temporal de emprego.
d) Certificado de vida laboral actualizado emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social en que conste o período de suspensión ou redución para o cal se solicitou a axuda.
e) Copia da documentación fidedigna que acredite a representación, no suposto de actuar mediante representante.
2. No caso das empresas afectadas polo ERTE, para compensar os custos de formación, deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) O plan de formación, que deberá estar pactado e asinado pola representación da empresa e pola representación legal das persoas traballadoras ou, de ser o caso, pola comisión negociadora do ERTE e que debe recoller o contido mínimo establecido no artigo 3.2.c).
b) Relación das persoas traballadoras afectadas polo ERTE de suspensión/redución que participaron nas accións formativas. Deberá achegarse cos partes diarios de asistencia ás accións formativas, asinados polas respectivas persoas traballadoras e polo persoal docente.
c) Descrición das acción formativas desenvoltas segundo anexo V.
d) No caso de que a formación sexa impartida pola propia empresa:
I. Persoal docente: factura que desagregue os custos do persoal docente, indicando denominación da acción formativa impartida, número de horas de formación impartidas, custo por hora e importe total que se percibirá e documento bancario que acredite as transferencias aboadas.
II. Custos de materiais didácticos e subministracións: facturas que identifiquen o material didáctico, de seguridade, de protección e consumibles entregado ás persoas traballadoras, indicando o número de unidades adquiridas, o prezo por unidade e o importe total e os correspondentes xustificantes de pagamento.
e) No caso de que a formación sexa prestada por unha entidade externa deberase achegar:
I. Contrato realizado en que figuren o seu obxecto e a súa duración.
II. Factura correspondente como xustificante de gasto, no cal se inclúan a actividade realizada, o número de horas impartidas, o custo por hora e o importe total correspondente.
III. Documento bancario que acredite a transferencia aboada.
f) Copia da documentación fidedigna que acredite a representación, no suposto de actuar mediante representante.
Forma de presentación da documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. Non será necesario achegar documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) DNI ou NIE da persoa traballadora (cando non sexa a mesma que a persoa solicitante).
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificados de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo I, así como no anexo IV, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Autorización para a presentación da solicitude pola empresa en nome da persoa traballadora (Anexo IV)
- Certificación da empresa. Datos salariais e de cotización da persoa traballadora (Anexo III)
- Solicitude (Anexo I)
- Descrición da/s acción/s formativa/s (Anexo V)
- Certificación da empresa. Período de suspensión efectiva do contrato de traballo como consecuencia do expediente de regulación temporal de emprego (Anexo II)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 129 do 01 de xullo de 2020).
-
Extracto da Orde do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 129 do 01 de xullo de 2020).
-
Resolución do 17 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos ou redución da xornada para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano