Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR820A - Inicio de expedientes de regulación de emprego.
Tramitar os procesos de regulación de emprego. Estes poden estar fundados nas seguintes causas:
- Económicas
- Técnicas
- Organizativas
- Produtivas
- Desaparición da personalidade xurídica do contratante
A través dos procedementos de regulación emprego poden aplicarse as seguintes medidas:
- Extinción de relacións laborais (despedimento colectivo)
- Suspensión de relacións laborais
- Redución temporal da xornada laboral: Entenderase por redución da xornada a diminución temporal de entre un 10 e un 70 por cento da xornada de traballo computada sobre a base dunha xornada diaria, semanal, mensual ou anual.
Empresarios.
Para a levar a cabo un procedemento de regulación de emprego deben estar afectadas, segundo a medida solicitada, as seguintes persoas traballadoras:
Extinción das relacións laborais (despedimento colectivo): Considérase despedimento colectivo cando nun período de 90 días, se extinguen os contratos de, alomenos:
- 10 traballadores, en empresas que ocupen menos de 100 traballadores
- 10% dos traballadores, en empresas que ocupen entre 100 e 300 traballadores
- 30 traballadores nas empresas que ocupen a mais de 300 traballadores
- Tamén se entende como despedimento colectivo a extinción dos contratos de traballo que afecten á totalidade do cadro de persoal da empresa, sempre que o número de persoas traballadoras afectadas sexa superior a 5, cando aquel se produza como consecuencia da cesación total da súa.
Suspensión das relacións laborais: Calquera que sexa o número de persoas traballadoras da empresa e o número de afectadas.
Redución temporal da xornada laboral: Calquera que sexa o número de persoas traballadoras da empresa e o número de afectadas.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545743\ 981544615
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881582/ 981185893
Fax: 981881581
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294385
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 7ª. E
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386402/ 988386815
Fax: 988 386 933
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817008/ 986817016
Fax: 986817010
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada (BOE nº 261, do 30 de outubro de 2012).
Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 255, do 24 de outubro de 2015).
Real decreto-lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade do emprego e a transformación do mercado de traballo (BOE nº 313 do 30 de decembro de 2021)
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Comunicación segundo o Anexo I.
- Común para todos os procedementos:
- No caso dos centros de traballo afectados sen representación unitaria das persoas traballadoras, as actas relativas á atribución da representación á comisión negociadora do procedemento en representación dos traballadores.
- Escrito de comunicación dirixido ás persoas traballadoras ou aos seus representantes pola dirección da empresa da súa intención de iniciar o procedemento.Escrito dirixido aos representantes legais das persoas traballadoras da apertura do período de consultas.
- Escrito dirixido aos representantes legais das persoas traballadoras da apertura do período de consultas.
- No caso de empresas con representación dos traballadores, escrito de solicitude aos representantes legais das persoas traballadoras de emisión do informe ao que se refire o artigo 64.5 a) e b) do Estatuto dos Traballadores.
- Relación nominal das persoas traballadoras afectadas (segundo modelo anexo II).
- Número e clasificación profesional das persoas traballadoras empregadas habitualmente durante o último ano. Cando o procedemento afecte a máis dun centro de traballo, esta información deberá estar desagregada por centro de traballo e, no seu caso, provincia e comunidade autónoma.
- Documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a comunicación (copia das escrituras).
- Específica para todos os procedementos por causas económicas:
- Memoria explicativa que acredite os resultados da empresa dos que se desprenda unha situación económica negativa.
- No caso de tratarse de empresas non suxeitas a obrigación de auditoría de contas, deberase achegar declaración da representación da empresa sobre a exención da auditoría.
- Cando a situación económica negativa alegada consista nunha previsión de perdas, deberá informar dos criterios empregados para a súa estimación. Así mesmo, deberá presentar un informe tecnico sobre o volume e carácter permanente ou transitorio desa previsión de perdas baseado en datos obtidos a traves das contas anuais, dos datos do sector ao que pertence a empresa, da evolución do mercado e da posición da empresa neste ou de calquera outros que poidan acreditar esta previsión.
- Cando a situación económica negativa alegada consista na diminución persistente do nivel de ingresos ou vendas, a documentación fiscal ou contable acreditativa da diminución persistente do nivel de ingresos ordinarios ou vendas durante, polo menos, os 2 trimestres consecutivos inmediatamente anteriores á data de comunicación do inicio do procedemento, así como, a documentación fiscal ou contable acreditativa dos ingresos comúns ou ventas rexistradas nos mesmos trimestres do ano inmediatamente anterior.
- Contas anuais do último exercicio económico (dos dous últimos exercicios, no caso de despedimentos colectivos) completo integradas por balance de situación, conta de perdas e ganancias, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivos, memoria do exercicio e informe de xestión ou, no seu caso, conta de perdas e ganancias abreviada e balance e estado de cambios no patrimonio neto abreviados, debidamente auditadas, no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías.
- Contas provisionais (balance e conta de perdas e ganancias) ao inicio do procedemento, asinadas polos administradores ou representantes da empresa.
- Cando a empresa que inicia o procedemento forme parte dun grupo de empresas:
- a) Con obrigación de formular contas consolidadas cando a sociedade dominante teña o seu domicilio en España: deberán acompañarse as contas anuais e informe de xestión consolidados da sociedade dominante do grupo debidamente auditadas, no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías, dos 2 últimos exercicios económicos, sempre que existan saldos debedores ou acredores coa empresa que inicia o procedemento.
- b) Se non existira obrigación de formular contas consolidadas: ademais da documentación económica da empresa que inicia o procedemento, deberán achegarse as das demais empresas do grupo debidamente auditadas, no caso de empresas obrigadas a realizar auditorías, sempre que ditas empresas teñan o seu domicilio social en España, teñan a mesma actividade ou pertenzan ao mesmo sector de actividade e teñan saldos debedores ou acredores coa empresa que inicia o procedemento.
- Específica para todos os procedementos por causas tecnicas, organizativas ou de producción:
- Memoria explicativa que acredite a concorrencia das causas tecnicas, organizativas ou de produción.
- Informes tecnicos que acrediten a concorrencia das causas tecnicas, organizativas ou de produción.
- Específica para os procedementos de despidos colectivos:
- Cando afecten a máis de 50 traballadores, plan de recolocación externa para as persoas traballadoras afectados polo despedimento colectivo, a traves de empresas de recolocación autorizadas, nos termos sinalados no artigo 9 do Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro.
- Nos procedementos de despedimento colectivo que inclúan traballadores/ás respecto dos que deba aplicarse o disposto no artigo 51.9 do Estatuto dos Traballadores, deberá indicarse e achegarse a relación nominativa destes traballadores/as (traballadores/as de 55 ou máis anos de idade que non tiveran a condición de mutualista o día 01.01.1967).
- Certificado indicando que ten beneficios, nos procedementos de despedimento colectivo que afecten a traballadores de 50 ou máis anos, daquelas empresas que cumpran as condicións sinaladas na Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización e modernización do sistema de Seguridade Social, modificada polo Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"