Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR814H
Altas e baixas de socios de asociacións de cooperativas.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
O procedemento de comunicación das altas e baixas das persoas socias das asociacións de cooperativas ten por obxecto o seu arquivo no expediente rexistral da entidade no Rexistro de Cooperativas de Galicia e a emisión do certificado correspondente, segundo o establecido no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia.
As asociacións de cooperativas, ou as persoas que as representen.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545540
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
As comunicacións poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, estando desde ese momento aberto permanentemente o prazo de presentación.
Soliciutudes.
1. As cooperativas, e as persoas que as representan, están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos no ámbito do sector público autonómico segundo o establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, para todos os procedementos indicados nesta orde, agás para os procedementos TR814A ou TR814G que poden tamén inicialos as persoas físicas non obrigadas ao emprego de medios electrónicos coas administracións públicas.
2. As solicitudes e comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para as persoas que as representen.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou comunicación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes ou comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes ou comunicacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación.
Xunto coa comunicación do anexo VIII deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Certificación acreditativa de altas e baixas.
b) Outros.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos previstos nesta orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE do solicitante ou comunicante.
b) DNI ou NIE do representante.
c) NIF da entidade solicitante ou comunicante.
d) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo VIII)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (DOG nº 251 do 30 de decembro de 1998).
-
Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2012).
-
Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 31 do 12 de febreiro de 2002).
-
Orde do 14 de xuño de 2022 pola que se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos do órgano competente do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59