Guía de procedementos e servizos

TR814B

Inscripción de constitución de cooperativa.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

O procedemento de inscrición de constitución dunha cooperativa ten por obxecto a inscrición da mesma no Rexistro de Cooperativas de Galicia. Esta inscrición terá efectos constitutivos en virtude do establecido no artigo 101 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia.

Persoas promotoras designadas pola asemblea constituínte, en representación da sociedade cooperativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Promoción da Economía Social

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545540

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

https://emprego.xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As solicitudes poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, estando desde ese momento aberto permanentemente o prazo de presentación.

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Soliciutudes.

1. As cooperativas, e as persoas que as representan, están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos no ámbito do sector público autonómico segundo o establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, para todos os procedementos indicados nesta orde, agás para os procedementos TR814A ou TR814G que poden tamén inicialos as persoas físicas non obrigadas ao emprego de medios electrónicos coas administracións públicas.

2. As solicitudes e comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para as persoas que as representen.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes ou comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes ou comunicacións presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación.

Xunto coa solicitude do anexo II deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Copia autorizada da escritura pública.

b) Copia simple da escritura pública.

c) Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

d) Documentos previstos na Disposición Adicional Novena da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia, no caso de cooperativas xuvenís.

e) Xustificante do pagamento das taxas por servizos administrativos. Código da taxa: 300200

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación dos procedementos previstos nesta orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE do solicitante ou comunicante.

b) DNI ou NIE do representante.

c) NIF da entidade solicitante ou comunicante.

d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (DOG nº 251 do 30 de decembro de 1998).

    • Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2012).

    • Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 31 do 12 de febreiro de 2002).

    • Orde do 14 de xuño de 2022 pola que se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos do órgano competente do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).

Outros procedementos relacionados

TR301R

Accións formativas de formación para o emprego non financiadas con fondos públicos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.

Aberto todo o ano

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR356B

Cualificación como empresa de inserción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano