Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807B
Axuda para promover o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais (Programa II).
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co seguinte:
- Programa II (TR807B). Axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
Finalidade.
Será a de apoiar o funcionamento dos gabinetes técnicos das organizacións sindicais nas actividades específicas das materias correspondentes ao exercicio da actividade sindical, así como a de facilitar a formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
Actividades subvencionables.
1. Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto e específico derivadas do funcionamento ordinario dos gabinetes técnicos das organizacións sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das súas funcións, así como a impartición de actividades formativas dirixidas a cadros e delegadas e delegados sindicais. No caso de actividades formativas, os custos subvencionables por participante e por hora de impartición determinaranse de acordo cos módulos económicos máximos establecidos no anexo I da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento (BOE núm. 67, do 18 de marzo de 2008).
2. As entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde que teñan por finalidade o financiamento de plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización do plan de formación tendo en conta que a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución do plan subvencionado e que deberá ser realizada consonte o establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, os/as subcontratistas deberán facilitarlles aos organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás accións subcontratadas. Esta subcontratación poderá chegar ata o 100 % do importe do plan.
Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Que o contrato se subscriba por escrito.
b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Secretaría Xeral de Emprego a través de comunicación escrita.
As organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen en 31 de decembro de 2017 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia. Terase en conta o número de representantes que teñan as organizacións sindicais baixo a denominación coa cal figuren rexistradas na antedita data.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
11/04/2018 00:00 - 11/05/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nesta orde. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia e a repartición axustarase aos criterios que se establecen nesta orde.
2. Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde aquelas entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non serán subvencionables os gastos financeiros, os derivados de actividades de asesoría financeira e os gastos notariais e rexistrais, nin os gastos derivados da compra de equipamentos informáticos nin de calquera outro tipo de investimento que supoña un incremento patrimonial.
4. Os gastos derivados de actividades de asesoría xurídica só serán subvencionables nos casos en que o asesoramento estea referido a actividades sindicais. Para estes efectos, serán actividades subvencionables todas aquelas accións en que o dito asesoramento se realiza en nome e/ou representación da entidade solicitante para a defensa das persoas traballadoras ás cales representa en todo tipo de procedementos xudiciais e extraxudiciais.
Requisitos dos gabinetes técnicos.
Para poderen ser obxecto de subvención, os gabinetes técnicos das organizacións sindicais deberán estar integrados, como mínimo, por dúas persoas, unha das cales deberá ter unha titulación de grao ou equivalente. Estas persoas estarán contratadas a xornada completa para a realización das actividades propias dos gabinetes.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acordo do órgano reitor competente, debidamente acreditado, polo cal se decida solicitar a subvención, e poder suficiente que acredite a representación da persoa que actúe en nome da organización sindical solicitante. No caso de que unha federación ou confederación efectúe a solicitude da subvención en nome doutros sindicatos con representatividade, deberá xuntar documentación acreditativa en que conste a autorización dos sindicatos para que a confederación a solicite no seu nome.
b) Memoria explicativa da actividade ou actividades desenvolvidas ou que vaia desenvolver a organización sindical ou o seu gabinete técnico e sobre o plan de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, segundo o tipo de axuda que se solicite. En todo caso, as actuacións corresponderán ao ano 2018 e deberán constar de xeito detallado e específico.
c) As organizacións sindicais solicitantes das axudas relativas ao Programa II, ademais de achegaren a documentación anterior deberán acreditar que teñen a condición de intersectoriais.
d) Cando se trate de axudas para o funcionamento de gabinetes técnicos, tamén se deberá xuntar copia dos contratos de traballo do persoal adscrito ao gabinete e os documentos expedidos pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social que acrediten a súa alta, así como a realización dunha xornada a tempo completo como persoal traballador da central sindical solicitante.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderalle requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a cotexo da copia electrónica presentada.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de débedas expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de débedas expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de débedas expedido pola Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que o emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de marzo de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2018 (DOG nº 69 do 10 de abril de 2018).
-
Extracto da Orde do 22 de marzo de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2018 (DOG nº 69 do 10 de abril de 2018).
-
Resolución do 29 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de marzo de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 10 de abril) (DOG nº 171 do 10 de setembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59