Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR807A
Axuda para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais (Programa I).
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas que concederá a Consellería de Economía, Emprego e Industria ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co seguinte:
Programa I (TR807A). Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais.
Finalidade.
Será a de facilitarlles axudas económicas ás organizacións sindicais con representación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades ordinarias que lles son propias e que se desenvolvan no ano 2017.
Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións ordinarias e habituais realizadas polas organizacións sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das funcións que lles son propias.
Non serán subvencionables os gastos financeiros, os derivados de actividades de asesoría financeira e os gastos notariais e rexistrais nin os gastos derivados da compra de equipamentos informáticos nin de calquera outro tipo de investimento que supoña un incremento patrimonial.
Os gastos derivados de actividades de asesoría xurídica só serán subvencionables nos casos en que o asesoramento estea referido a actividades sindicais. Para estes efectos, serán actividades subvencionables todas aquelas accións en que o dito asesoramento se realiza en nome e/ou representación da entidade solicitante para a defensa das persoas traballadoras ás cales representa en todo tipo de procedementos xudiciais e extraxudiciais.
As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e nesta orde. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva de conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia, e a repartición axustarase aos criterios que se establecen nesta orde.
As organizacións sindicais solicitantes a que se refire o artigo 1.2 desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
11/05/2017 00:00 - 12/06/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde aquelas entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cada solicitude deberá ir xunto coa seguinte documentación:
a) Acordo do órgano reitor competente, debidamente acreditado, polo que se decida solicitar a subvención e poder suficiente que acredite a representación da persoa que actúe en nome da organización sindical solicitante. No caso de que unha federación ou confederación efectúe a solicitude da subvención en nome doutros sindicatos con representatividade, deberán xuntar documentación acreditativa na cal conste a autorización dos sindicatos para que a confederación a solicite no seu nome.
b) Memoria explicativa da actividade ou actividades desenvolvidas ou que vaia desenvolver a organización sindical ou o seu gabinete técnico e sobre o plan de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais, segundo o tipo de axuda que se solicite. En todo caso, as actuacións corresponderán ao ano 2017 e deberán constar de xeito detallado e específico.
Comprobación de datos:
a) Copia do DNI ou NIE da persoa representante da central sindical, só no caso de denegar expresamente a consulta dos datos de identidade da persoa representante no Sistema de verificación de datos de identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificados de débedas expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta á Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
A documentación complementaria tamén se deberá presentar electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de abril de 2017 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2017 (DOG nº 89 do, 10 de maio de 2017).
-
Extracto da Orde do 26 de abril de 2017 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2017 (DOG nº 89 do 10 de maio de 2017)
-
Resolución do 9 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2017 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio) (DOG nº 58 do 22 de marzo de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59