Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR805A - Depósito de estatutos de organizaciones empresariales y sindicales.
O presente procedemento regula o depósito dos estatutos das organizacións empresariais e sindicais para a consecución da súa personalidade xurídica e a plena capacidade de obrar.
Para a constitución de calquera organización, tanto empresarial como sindical, o número mínimo de persoas (físicas ou xurídicas, segundo o caso) deberá ser de tres.
No caso das organizacións sindicais:
- As persoas que as promovan deberán acreditar, de xeito efectivo, a condición de traballadoras por conta allea en activo, polo tanto, as que teñan a condición de autónomas, como desempregadas e xubiladas, non poden ser promotoras dunha organización sindical.
No caso das organizacións empresariais:
- Para que unha organización teña a consideración de empresarial deberá estar integrada por empresarios no sentido laboral do termo; isto é, con traballadores ao seu cargo, polo que, os promotores deste tipo de asociación haberán acreditar a súa condición de empresarios mediante a oportuna achega dos respectivos modelos TC2 de cotización a Seguridade Social ou calquera outra documentación que o acredite.
- Así mesmo, deberán acreditar que as organizacións que a compoñen pertencen ao ámbito territorial e funcional correspondente.
- Ao tratarse dun rexistro regulado pola normativa laboral, estas organizacións, segundo a Sentenza do Tribunal Supremo, Sala do Social, do 25.01.1999:
As asociacións empresariais han de estar proxectadas para intervir nas relacións laborais, contribuíndo, como di o artigo 7 CE, en paralelo cos sindicatos, á defensa e promoción dos intereses económico e sociais que lle son propios. Os medios típicos de acción das asociacións empresariais son a negociación colectiva laboral, o plantexamento de conflictos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos públicos das Administracións laborais.
(...) unha asociación de empresarios que non estea deseñada para desenvolver estas actividades no campo das relacións laborais non é unha asociación empresarial no sentido estricto que ten a expresión no noso ordenamento, polo que queda fóra, por razón da materia da competencia da xurisdicción social.
En consecuencia, para que unha asociación sexa considerada empresarial, entre outros fins, deberá incluír o sinalado pola TST de 25.01.1999, que interpreta que son fins propios das asociacións empresariais:
A defensa e promoción dos intereses económicos e sociais que lle son propios, sendo os medios típicos de acción a negociación colectiva laboral, a presentación de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos públicos das administracións laborais.
- Non obstante, e no caso de que os compoñentes desta asociación sexan autónomos, a Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballador autónomo, no seu artigo 20 establece As asociacións profesionais de traballadores autónomos constituiranse e se rexerán polo previsto na Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.... Neste mesmo artigo, apartado 3 di ... as asociacións profesionais de traballadores autónomos deberán inscribirse e depositar os seus estatutos no rexistro especial da oficina pública establecida ao efecto... Dito rexistro será específico e diferenciado do de calquera outras organizacións sindicais, empresariais ...
Actualmente, o Servicio dos Autónomo, Inserción Laboral e Calidade do Emprego, dependente da Dirección Xeral de Promoción do Emprego desta Consellería de Traballo e Benestar, é a oficina pública á que lle compete o rexistro e depósito das citadas asociacións de traballadores autónomos.
Así mesmo, as normas estatutarias deben conter polo menos:
- A denominación da organización, que non poderá coincidir con outra legalmente inscrita, deberá expresar a súa condición de empresarial ou sindical, o ámbito territorial e o ámbito funcional.
- Domicilio
- Ámbito territorial.
- Ámbito funcional, é dicir, a delimitación concreta do sector ou actividade económica na que se desenvolven as súas actuacións.
- Órganos de representación, goberno e administración e o seu funcionamento, que deberá estar suxeito a principios democráticos.
- Requisitos e procedementos para a adquisición e perda da condición de afiliados.
- Réxime de modificación de estatutos, fusión e disolución.
- Réxime económico da organización:
Carácter dos recursos.
Procedencia
Destino
Medios que permitan a quen se afilie coñecer a situación económica da organización de que se trate.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752/ 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881582/ 981185893
Fax: 981881581
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294385
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196/ 988386839
Fax: 988386838
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817008/ 986817016
Fax: 986817010
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS
Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical (BOE nº 80 do 4 de abril de 1977).
Real decreto 873/1977, do 22 de abril, sobre depósito dos Estatutos das Organizacións constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, reguladora do dereito de asociación sindical (BOE nº 101 do 28 de abril de 1977).
Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 75 do 29 de marzo de 1995).
Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, que regula o dereito de asociación, que na súa disposición final segunda establece o carácter supletorio respecto de calquera outra norma, excepto leis orgánicas, que regulen tipos específicos de asociacións, ou que incidan no ámbito do dereito de asociación recoñecido no art. 22 da Constitución española (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).
ORGANIZACIÓNS SINDICAIS
Artigo 28.1 e 127.1 da Constitución española (BOE nº 311 do 29 de decembro de 1978).
Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical (BOE nº 189 do 8 de agosto de 1985).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
- Organizacións empresariais:
- Impreso de solicitude cos datos debidamente cubertos.
- Documento acreditativo do pagamento das taxas de inscrición.
- Fotocopia do DNI da persoa lexitimada para presentar a documentación, no caso de que esta non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
- Tres (3) exemplares orixinais, da acta ou certificado do acordo de constitución asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.
- Tres (3) exemplares orixinais dos estatutos asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.
- Fotocopia do DNI das persoas que asinan como promotoras ou representantes legais destas, no caso de que ditas persoas non autoricen expresamente, mediante escrito asinado por elas, a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
- Copia da escritura de constitución das entidades que actúan como promotoras onde figuren as persoas que asinan no seu nome.
- Modelos TC2 (relación nominal de traballadores) de cada entidade que acredite a condición de empresa desde o punto de vista do artigo 1.1 do Estatuto dos traballadores.
- Organizaciones sindicais:
- Impreso de solicitude cos datos debidamente cubertos.
- Documento acreditativo do pagamento das taxas de inscrición.
- Fotocopia do DNI da persoa lexitimada para presentar a documentación, no caso de que esta non autorice expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
- Tres (3) exemplares orixinais, da acta ou certificado do acordo de constitución asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.
- Tres (3) exemplares orixinais dos estatutos asinados en todas as súas follas polos promotores da organización.
- Fotocopia do DNI das persoas que asinan como promotoras ou representantes legais destas, no caso de que ditas persoas non autoricen expresamente, mediante escrito asinado por elas, a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.
- Documentos acreditativos da condición de traballadores por conta allea das persoas promotoras.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"