Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802Q
Premios á cooperación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega. O código do procedemento para a tramitación destes premios é o TR802Q.
Premio aos valores cooperativos.
a. Outorgarase á cooperativa galega que máis teña destacado no impulso dos valores e principios cooperativos.
b. O tribunal valorará a traxectoria das candidatas, especialmente as actuacións dirixidas á aplicación práctica dos valores e principios cooperativos, a súa comunicación e difusión, así como a súa adecuación ao marco socioeconómico galego. Os principios cooperativos establecidos pola Alianza Cooperativa Internacional son:
a) Adhesión voluntaria e aberta.
b) Xestión democrática por parte das persoas socias.
c) Participación económica das persoas socias.
d) Autonomía e independencia.
e) Educación, formación e información.
f) Cooperación entre as cooperativas.
g) Interese pola comunidade.
Os valores cooperativos son:
a) Axuda mutua.
b) Responsabilidade.
c) Democracia.
d) Igualdade.
e) Equidade.
f) Solidariedade.
g) Transparencia.
Premio ao mellor proxecto cooperativo novo.
a) Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destacase nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
b) O tribunal terá en conta a especial relevancia do proxecto, que pode vir determinada, entre outros, polo seu carácter innovador, a súa sustentabilidade, a súa repercusión positiva no seu contorno, especialmente nos eidos económico, social, cultural e laboral.
Premio á traxectoria cooperativa.
a) Outorgarase á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses, e que teña destacado pola súa traxectoria no ámbito económico e social.
b) O tribunal terá en conta especialmente a solidez dos resultados económicos acadados, a xeración de postos de traballo, as relacións de intercooperación ou a expansión territorial do seu negocio.
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificio Administrtivo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999268
Prazo de presentación: PECHADO
07/02/2023 00:00 - 28/04/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 28 de abril de 2023. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderanse presentar no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia.
2. Non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultasen premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos.
3. Tampouco poderán resultar premiadas as cooperativas en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunhas das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
3. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Datos identificadores da cooperativa: data de constitución, número e clase de persoas socias, número de traballadores/as, actividade e volume de negocio anual.
b) Memoria explicativa dos méritos que distinguen a candidatura, que permitan apreciar os criterios de valoración correspondentes á modalidade ou modalidades ás cales se presente. Esta memoria non poderá exceder as 20 páxinas e deberá incluír un índice e unha ficha resumo.
c) Documentación xustificativa dos méritos alegados en formato texto, vídeo, fotografía etc., de modo que o tribunal poida obter unha visión o máis completa posible.
d) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitarse novamente á persoa interesada a que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos premios á cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 5 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2023 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego
Aberto todo o ano
Axudas ás ONGD para execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.
Prazo aberto: 20/06/2025 00:00 - 21/07/2025 23:59
Cualificación como Centros Especiais de Emprego.
Aberto todo o ano
Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.
Aberto todo o ano