Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR361B
Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: cantidade adicional
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia do procedemento de concesión directa da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, modificado polo Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro.
As persoas traballadoras afectadas polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, ou 25/2001, do 31 de xullo.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias, ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes:
a) Permanecer inscritas como desempregadas nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia e seguir estando dispoñibles para aceptar unha colocación que resulte axeitada á súa capacidade laboral e condicións socioprofesionais e para participar en actuacións dirixidas a favorecer a súa inserción laboral. O rexeitamento inxustificado de accións de inserción laboral suporá a perda do dereito á subvención.
b) Facilitar toda a información e documentación que lles sexa requirida en calquera fase do procedemento polos órganos de tramitación ou control da Administración, tanto para os efectos de acreditar o cumprimento dos requisitos para o recoñecemento do dereito como para manter o dereito á súa percepción.
c) Comunicarlle ao Servizo Público de Emprego de Galicia calquera variación que se produza respecto das circunstancias tidas en conta no momento da concesión, así como en relación aos requisitos exixidos para manter o dereito á percepción da subvención especial e contía adicional ou dos compromisos e obrigas asumidos pola persoa beneficiaria.
d) Comunicarlle ao Servizo Público de Emprego de Galicia o inicio de calquera traballo, ou ben o pase á situación de pensionista por xubilación ou por incapacidade permanente nos graos de incapacidade permanente absoluta para todo tipo de traballo ou grande invalidez, co fin de interromper o pagamento da subvención.
e) Comunicar a solicitude ou concesión de calquera outro tipo de axuda para a mesma finalidade que se subvenciona.
f) Cumprir as obrigas impostas pola lexislación específica aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544639
Fax: 981545765
Email: sub.orientacion.ceei@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
1. O prazo ordinario de presentación de solicitudes será de dous meses desde que se cumpran os requisitos establecidos nesta orde.
Cando a percepción da subvención especial e/ou contía adicional estean suspendidas conforme o disposto no artigo 7.1 desta orde, o prazo de dous meses para solicitar a súa renovación comezará a contar a partir do día seguinte ao da extinción do traballo por conta allea ou do cesamento de actividade por conta propia.
Cando a persoa solicitante estea a percibir a prestación contributiva por desemprego, o prazo de dous meses comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se produza a extinción da dita prestación.
No caso de que se presentase a solicitude fóra do prazo de dous meses establecido no artigo 15 desta orde, esta será admitida tendo en conta que o inicio do dereito á percepción da subvención especial e/ou contía adicional, ou a súa renovación, se producirá desde o día da presentación.
2. No caso concreto do recoñecemento inicial da subvención especial, a vixencia do dereito ao seu recoñecemento rematou o día 27 de febreiro de 2012. As persoas solicitantes que nesta data cumprían os requisitos, excepto o do artigo 3.1.c (estaban a percibir a prestación contributiva por desemprego), disporán do prazo de dous meses para solicitar a axuda contados a partir do día seguinte á extinción da citada prestación. Esta limitación non se aplica aos casos de suspensión e renovación nin á solicitude inicial da contía adicional.
a) Ter 52 ou máis anos.
b) Estar desempregado, non ocupado e inscrito como demandante de emprego nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
c) Non ter dereito ao gozo da prestación por desemprego de nivel contributivo ou, en caso de ter dereito a esta, tela esgotada.
d) Para percibir a contía adicional, ter subscrito o convenio especial coa Seguridade Social que se regula no artigo 5 bis do citado Real decreto 196/2010.
Serán persoas beneficiarias as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos do número 1 do artigo 3 e os demais establecidos nesta orde, permanezan en situación de desemprego desde a extinción dos seus contratos polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. Así mesmo, poderanse beneficiar das ditas subvencións as persoas traballadoras que, con posterioridade aos citados expedientes de regulación de emprego, realicen traballos por conta allea ou por conta propia e se produza a extinción do traballo por conta allea ou o cesamento da actividade por conta propia con anterioridade ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data, e quedasen en situación de desemprego. Se a causa da finalización da actividade por conta propia ou allea fose por vontade da persoa traballadora aplicarase, de ser o caso, o previsto no parágrafo seguinte.
Non se terá dereito á subvención no suposto de que a persoa traballadora extinguise o seu contrato por conta allea ou cesase na súa actividade por conta propia, por vontade propia sen causa xustificada no prazo dos tres meses anteriores ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data.
Cando a persoa solicitante reúna os requisitos indicados no punto 1 do artigo 3 de esta orden, agás a letra c), e estea a percibir a prestación contributiva por desemprego, o dereito ao gozo das axudas recollidas na presente orde comezará a partir do día seguinte á extinción da citada prestación.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
Para o caso de solicitar a cantidade adicional para o financiamento do convenio especial, ademais do anexo II debidamente cuberto:
Comunicación empresarial en que conste a extinción do traballo por conta allea ou acreditación do cesamento da actividade por conta propia por causas alleas á vontade da persoa solicitante no caso de extinción do traballo por conta allea ou cesamento da actividade por conta propia.
Copia do convenio especial subscrito.
Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de que a base de cotización subscrita no convenio especial non supere o máximo establecido no artigo 6 desta orde.
Resolución da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de concesión do convenio.
As solicitudes da subvención especial e/ou contía adicional, tanto para o recoñecemento inicial do dereito como para a súa renovación, deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas a presentar electronicamente as solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG nº 96 do 22 de maio de 2017).
-
Resolución do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2020, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG nº 234 do 10 de decembro de 2019).
-
Resolución do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2022 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG nº 5 do 10 de xaneiro de 2022).
-
Resolución do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2023 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001 (DOG nº 69 do 11 de abril de 2023).
-
Resolución do 19 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2025 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: axuda especial.
Aberto todo o ano
Situación legal de desemprego de socios/as de Cooperativas de Traballo Asociado.
Aberto todo o ano
Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.
Prazo aberto: 17/02/2025 00:00 - 16/09/2025 23:59