Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR359E
Inscrición de federacións, confederacións e unións de asociacións no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
A regulación do procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
Para os efectos da inscrición e depósito dos estatutos no rexistro, enténdese por asociación profesional de traballadores autónomos, conforme o establecido no artigo 20.2º da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, aquela que teña por finalidade a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das traballadoras/es autónomas/os e funcións complementarias, que poderá desenvolver todas aquelas actividades lícitas dirixidas a esta finalidade. En ningún caso poderá ter ánimo de lucro.
Este procedemento regula inscrición da federacións, confederacións e unións de asociacións.
Asociacións profesionais de traballadores autónomos que agrupen as persoas físicas que estean comprendidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que teñan por finalidade a defensa dos intereses profesionais das súas persoas asociadas e funcións complementarias, e desenvolvan principalmente as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia
Enténdese que as asociacións profesionais de traballadores autónomos desenvolven a súa actividade principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia cando máis do 50% das súas persoas asociadas estean domiciliadas nela.
Será potestativa a inscrición das federacións, confederacións ou unións de asociacións profesionais de traballadores autónomos comprendidas no mesmo ámbito territorial.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15871 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545625/ 981957590
Fax: 981544678
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Xustificante de aboamento da taxa correspondente.
Certificación expedida polas persoas ou cargos con facultade para certificar de cada una das asociación que se integren na federación, confederación ou unión de asociación do acordo adoptado para a súa integración e designación da persoa ou persoas que representen á entidade asociativa no acto constitutivo desta.
Acta fundacional, na que deberá constar a denominación, nº de inscrición e domicilio de cada una das asociacións fundadoras.
COMPROBACIÓN DE DATOS:
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos:
NIF da entidade solicitante
DNI/NIE da persoa representante
NIF da entidade representante
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
-
Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185, do 24 de setembro de 2010).
-
Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222 do 12 de novembro de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano
Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.
Aberto todo o ano
Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
Bono das persoas traballadoras autónomas.
Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59