Guía de procedementos e servizos

TR359D

Inscrición da apertura e/ou peche de delegacións ou establecementos no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A regulación do procedemento de inscrición das asociacións, as súas federacións, as súas confederacións e unións constituídas ao abeiro da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Para os efectos da inscrición e depósito dos estatutos no rexistro, enténdese por asociación profesional de traballadores autónomos, conforme o establecido no artigo 20.2º da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, aquela que teña por finalidade a defensa e tutela colectiva dos intereses profesionais das traballadoras/es autónomas/os e funcións complementarias, que poderá desenvolver todas aquelas actividades lícitas dirixidas a esta finalidade. En ningún caso poderá ter ánimo de lucro.

Este procedemento regula a inscrición da apertura e peche de delegacións ou establecementos

Asociacións profesionais de traballadores autónomos que agrupen as persoas físicas que estean comprendidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que teñan por finalidade a defensa dos intereses profesionais das súas persoas asociadas e funcións complementarias, e desenvolvan principalmente as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

Enténdese que as asociacións profesionais de traballadores autónomos desenvolven a súa actividade principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia cando máis do 50% das súas persoas asociadas estean domiciliadas nela.

Será potestativa a inscrición das federacións, confederacións ou unións de asociacións profesionais de traballadores autónomos comprendidas no mesmo ámbito territorial.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

Edificios Administrativos San Lázaro, s/n

15871  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625/ 981957590

Fax: 981544678

Servizo de Emprego Autónomo

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Acta da reunión ou do acordo adoptado ou certificado da acta ou do acordo no que deberá constar, ademais da data na que se adoptase: a rúa, número, municipio, localidade, provincia e o código postal do domicilio da nova delegación ou establecemento, no caso en que se inscriba a súa apertura ou da delegación ou establecemento que se pecha, no caso en que se inscriba o seu peche.

  • No caso de que se acorde a apertura ou peche dunha ou varias delegacións ou establecementos, deberán constar os datos do punto anterior respecto de cada unha delas.

  • Xustificante de aboamento da taxa correspondente.

COMPROBACIÓN DE DATOS:

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos:

  • NIF da entidade solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade representante

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 222, do 12 de novembro de 2009).

    • Orde do 17 de setembro de 2010 pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 185, do 24 de setembro de 2010).

Outros procedementos relacionados

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR341D

Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR341Q

Bono das persoas traballadoras autónomas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/01/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59