Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR358D
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través do seguinte programa de axudas:
- Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
A finalidade deste programa de subvencións é o fomento e consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción laboral, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.
Actividades e gastos subvencionables.
1. Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:
a) Alugamentos de locais e equipamentos.
b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou o posto de traballo, as pagas extraordinarias, as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
c) Axudas de custo e desprazamento.
d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
e) Primas de seguros.
f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
h) Servizos profesionais independentes. En ningún caso serán subvencionables os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos órganos de goberno da entidade solicitante.
i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
j) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
k) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción dos centros especiais de emprego ou das empresas de inserción en Galicia.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de centros especiais de emprego que asocien principalmente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, así como as asociacións de empresas de inserción laboral que asocien principalmente empresas inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545679
Prazo de presentación: PECHADO
06/02/2018 00:00 - 05/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
- As entidades solicitantes, para seren beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Teren personalidade xurídica propia e independente.
b) Estaren inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia e teren actividade acreditada.
c) Teren o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñeren dunha oficina permanente nela.
d) Estaren ao día no cumprimento das obrigas referidas a depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes, segundo o establecido na normativa de aplicación.
- Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unións de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.
A documentación que se deberá xuntar á solicitude é a seguinte:
a) Memoria asinada pola persoa que exerza a representación legal da entidade e que conteña:
1. Relación nominal das entidades socias, os centros de traballo destas co seu enderezo, así como o número de persoas con discapacidade (para o caso dos centros especiais de emprego) ou en situación ou risco de exclusión (para o caso das empresas de inserción) con que contaban estas entidades en 31 de decembro de 2017.
2. Centros de traballo con que conta a asociación, o seu domicilio e horario de apertura, así como o número de persoas traballadoras adscritas con indicación para cada unha delas do sexo, tipo de contrato e número de horas traballadas.
3. Breve descrición das actividades realizadas durante o ano 2017 así como das previstas para a súa realización nos anos 2018.
b) Certificación do rexistro público competente que acredite a súa inscrición nel e as inscricións realizadas, así como que están ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos.
c) Copia dos estatutos sociais e as súas modificacións, se é o caso.
d) Libro de rexistro dos centros ou empresas asociados á entidade, debidamente actualizado.
e) TC1 e TC2 ou documentación equivalente do último mes relativo ao persoal adscrito aos centros de traballo declarados na memoria, así como os documentos acreditativos da condición de persoa con discapacidade ou de persoa en situación ou risco de exclusión social, se é o caso.
f) Relación individualizada dos gastos de funcionamento para os cales se solicita a axuda, cuantificados economicamente en todos os seus conceptos e co IVE desagregado.
g) Se é o caso, documentación acreditativa de que a entidade solicitante non pode recuperar o IVE soportado.
h) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Comprobación de datos.
1. Para la tramitación de este procedimiento se consultarán automáticamente los datos incluidos en los siguientes documentos elaborados por las administraciones públicas:
a) Número de identificación fiscal de la entidad solicitante.
b) DNI o NIE de la persona representante y de las personas por quien se solicita subvención.
c) Certificación de estar al corriente de las obligaciones con la Agencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de estar al corriente de las obligaciones con la Atriga.
e) Certificación de estar al corriente de las obligaciones con la Tesorería General de la Seguridad Social.
2. En caso de que las personas interesadas se opongan a esta consulta, deberán indicarlo en el cuadro correspondiente habilitado en el formulario de inicio del programa correspondiente y presentar dichos documentos.
3. Excepcionalmente, en caso de que alguna circunstancia imposibilitara la obtención de los citados datos, se podrá solicitar a las personas interesadas la presentación de los documentos correspondientes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible para cada programa (anexos I e IV) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente, sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo IV)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2018).
-
Extracto da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 25 do 5 de febreiro de 2018).
-
Resolución do 5 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febrero de 2018) (DOG nº 199 do 18 de outubro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de plans de autoprotección da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano