Guía de procedementos e servizos

TR357C

Liña II: Axudas para a implantación de plans de igualdade.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 04/05/2017 00:00 - 05/06/2017 23:59
Sobre o procedemento

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras, para o ano 2017, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes e micropemes, incluídos autónomos, para implantar a a igualdade laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Liña II. Implantación de plans de igualdade (TR357C). Subvencionarase a obtención de certificacións de plans de igualdade expedidos polo Servizo de Igualdade (anteriormente denominada Unidade Administrativa de Igualdade) da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Contía da axuda.

Será o pagamento de 2.000 € por empresa que achegue a certificación da implantación do Plan de Igualdade.

O método de xustificación empregado será o de custos simplificados (importe a tanto global), consonte o disposto no artigo 67.1.c) do Regulamento (UE) 1303/2013.

As empresas solicitantes da liña II (igualdade) poderán ser pemes, micropemes ou persoas traballadoras autónomas con traballadores/as por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentaren a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.

Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, que deberán ter contratado nesta Comunidade Autónoma un mínimo de 10 persoas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957752 / 981957744

Fax: 981957751

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

04/05/2017 00:00 - 05/06/2017 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG. Se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

- As solicitantes deben atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.

- Para os efectos destas axudas, terán a consideración de pemes as empresas que reúnan as seguintes condicións:

a) Que conten con persoas traballadoras por conta allea, cun máximo de 250 persoas. Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea no momento da presentación da solicitude.

b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

- Deberán cumprir os requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

- No caso de empresas relacionadas en que dúas ou máis empresas teñan unha mesma persoa nos seus órganos directivos e, ademais, teñan o mesmo obxecto social, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.

Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas relacionadas que xa tivesen sido beneficiarias en anos anteriores.

- Na liña II (igualdade), non se concederán axudas ás empresas que foron beneficiarias nesta medida, en convocatorias anteriores, desta orde.

- Non serán beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.

  • As solicitantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Anexo II desta orde debidamente cuberto e asinado.

    • b) Copia da escritura de constitución da empresa solicitante, que acredite o seu domicilio social e a potestade da persoa que actúa e que asina a solicitude.

    • c) Balance e conta de resultados da empresa solicitante do exercicio 2016.

    • d) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa referida aos 30 días inmediatamente anteriores ao da presentación da solicitude.

    • e) Memoria explicativa das actuacións que a empresa vaia realizar para a obtención da certificación de igualdade do Servizo de Igualdade da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

  • Comprobación de datos. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

    • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante legal.

    • b) Tarxeta acreditativa do número de identificación fiscal da empresa solicitante.

    • c) Certificados de débedas expedidos para a obtención de subvencións, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

  • No caso de que as interesadas se opoñan ás consultas anteditas, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo e achegar os documentos.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Se algunha das persoas interesadas presenta as súas solicitudes presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

    No caso das persoas traballadoras autonómas, que exercen unha actividade económica, considérase que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración.

    Por tanto, no caso de solicitantes que sexan persoas físicas (persoas traballadoras autonómas), e conforme o artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as solicitudes tamén se presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos.

  • A documentación complementaria tamén deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

    Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 84 do 3 de maio de 2017).

    • Corrección de erros. Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 95 do 19 de maio de 2017).

    • Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 61 do 27 de marzo de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340E

Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

TR350D

Habilitación do Libro de subcontratación para o sector da construción

Tramitar en liña

Aberto todo o ano