Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR357B
Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para implantar a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), así como implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Liña III. Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), Certificación Empresa Saudable, así mesmo Selo Horarios Racionais (SHR).
Contía da axuda.
Será o pagamento do 80% dos custos da certificación ou verificación cun máximo de 2.000 euros por empresa.
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
As empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.
O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado sempre que estean no Réxime Xeral da Seguridade Social.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50% dende o 1 de xaneiro de 2023 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544615
Fax: 981957751
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
11/02/2023 00:00 - 10/03/2023 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social para os efectos de subvencións e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración Xeral da Comunidade Autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
2. No caso de grupo de empresas segundo a definición do artigo 42 do Código de Comercio, ou empresas vinculadas segundo a definición do artigo 18 Lei 27/2014, de 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.
3. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa foran beneficiarias destas axudas, polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores, excepto no estipulado no artigo 6 desta orde.
4. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, II ou III) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electronica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Orzamento detallado dos custos para a obtención da certificación ou verificación para a cal se solicita a subvención.
b) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.
c) Vida laboral de todos os códigos de conta de cotización da empresa desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de presentación da solicitude.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da entidade solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tibutarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
Alta no imposto de actividades económicas (IAE), no caso de ser unha persoa autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e presentar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2023).
-
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2023).
-
Corrección de erros. Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 38 do 23 de febreiro de 2023).
-
Resolución do 28 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 150 do 8 de agosto de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano