Guía de procedementos e servizos

TR351B

Subvención para entidades locais que contraten axentes de emprego e desenvolvemento local.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 24/08/2016 00:00 - 23/09/2016 23:59

Contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local.

Entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881585 / 881881596

Fax: 881881576

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294241

Fax: 982294282

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, 79 - 6º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386816 / 988386807

Fax: 988386829

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817032 / 986817768

Fax: 986817010

Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

Prazo de presentación: PECHADO

24/08/2016 00:00 - 23/09/2016 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas candidatas para seren contratadas e desempeñaren as funcións de axentes de emprego e desenvolvemento local deberán ter superado con éxito os estudos de segundo ou primeiro ciclo de educación universitaria e valoranse a experiencia profesional, así como os coñecementos extraacadémicos adquiridos en cursos monográficos de desenvolvemento local ou proxectos de emprego.

2. Os AEDL e as AEDL seleccionaranos as entidades beneficiarias das subvencións logo da presentación de oferta na oficina da Rede pública de oficinas de emprego da Xunta de Galicia correspondente ao seu domicilio, entre demandantes de emprego desempregados ou coa tarxeta de mellora de emprego, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A selección deberase realizar tendo en conta a data límite para remitir a documentación xustificativa establecida na resolución concedente da subvención.

3. Se, ao tramitar a dita oferta, non se atopan persoas candidatas idóneas, a entidade beneficiaria poderá acudir a outros procedementos de selección, de conformidade coa normativa vixente na materia, sempre que se garantan a idoneidade e o cumprimento dos requisitos das persoas candidatas mencionadas no número 1, sen que sexa necesario neste caso a inscrición das persoas que se van contratar como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

4. Non será necesario realizar este proceso de selección cando a persoa que se vai contratar estea prestando servizos na entidade beneficiaria da subvención e cumpra os requisitos establecidos neste artigo (12).

  • 1. Xunto co formulario de solicitude (anexo I), deberá anexarse a seguinte documentación que, nos casos recollidos no número 2 do artigo seguinte, poderá identificar a entidade solicitante como información accesible, de xeito que a correspondente xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada polo solicitante:

    I. Copia do NIF da entidade solicitante no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.

    II. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención, no Sistema de verificación de datos de identidade (anexo I), de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI.

    III. Certificación do secretario da entidade solicitante, segundo o modelo que se publica como anexo II, na cal conste:

    a) A representación que desempeña a persoa que asina a solicitude.

    b) A disposición de financiamento para custear a parte non subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    c) A aprobación, polo órgano competente, do proxecto para o cal se solicita a subvención. En caso de solicitude conxunta de tres ou máis concellos, ou de dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos, achegaranse as respectivas certificacións de todos os concellos que se agrupan.

    d) As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotizacións empresariais á Seguridade Social, con referencia da publicación oficial do convenio colectivo que resulte de aplicación, xuntando as táboas salariais vixentes no momento da solicitude.

    IV. Memoria-proxecto que desenvolverá cada AEDL ou grupo de AEDL, na cal se especifique:

    a) Breve diagnose socioeconómica da zona de actuación.

    b) Definición do proxecto global.

    c) Fases de desenvolvemento do proxecto.

    d) Obxectivos operativos de cada fase e tempos estimados de execución.

    e) Instrumentos e infraestrutura que se posúe para a súa posta en práctica.

    f) Número de AEDL que se van contratar.

    g) Accións e actividades que desenvolverán os AEDL e as AEDL.

    h) Tempo previsto para a realización do proxecto e duración estimada dos contratos.

    i) Custos laborais totais anuais dos contratos.

    l) Plan de adaptación dos AEDL e das AEDL ao posto de traballo.

    V. Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración de desenvolvemento conxunto do proxecto e referencia ás achegas económicas e achegas dos concellos agrupados.

    2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que se conten nesta e que fai constar as cuestións seguintes:

    a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración xeral da Comunidade Autónoma.

    b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes.

    c) A veracidade da titularidade da conta bancaria da entidade solicitante onde se deba efectuar o pagamento da subvención.

    d) Que as copias dos documentos sinalados nos puntos I e II do número anterior coinciden cos orixinais, que se porán á disposición da Administración actuante para achegar estes cando se lle requira.

    3. Se do exame do expediente se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, e insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, se terá por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución que se deberá ditar nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

    4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

    5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 5 de agosto de 2016 pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2016 (DOG nº 158 del 23 de agosto de 2016).

    • Resolución do 15 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de agosto de 2016 pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2016 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 23 de agosto) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN225A

Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/04/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano