Guía de procedementos e servizos

TR349L

Incentivos á contratación de persoas mozas no marco do programa operativo de emprego xuvenil.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 15/10/2022 00:00 - 15/11/2022 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 do programa de incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, vinculados aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para os anos 2020 e 2021, publicadas no DOG núm. 13 do martes 21 de xaneiro de 2020 e DOG núm. 21, do martes 2 de febreiro de 2021, respectivamente (código de procedemento TR353B). Ambas as dúas ordes cofinanciadas polo FSE, POEX.

2. A finalidade é favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego descritos no parágrafo anterior.

3. A xestión desta orde realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Gastos subvencionables.

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas participantes dos programas de emprego das convocatorias dos anos 2020 e 2021, que obtivesen a cualificación de aptas na fase de formación, en ocupacións do ámbito das materias impartidas nos programas de emprego detalladas no anexo II.

2. Os contratos terán unha duración mímima de 6 meses e deberán ser a xornada completa. Se a modalidade contractual pola que se opta é de carácter temporal, e por tratarse de contratos de duración determinada que resultan necesarios para a execución de programas de carácter temporal cuxa financiación provén de fondos da Unión Europea, segundo o disposto na disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, utilizarase a modalidade denominada «contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos».

3. O período para realizar as contratacións será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 15 de novembro de 2022.

4. As contratacións deberán estar realizadas no momento de presentación da solicitude.

Poderán ser persoas e entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 5, 6 e 7 desta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para realizar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

San Lázaro, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544666/981/ 981544610

Email: sx.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

15/10/2022 00:00 - 15/11/2022 23:59

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 15 de novembro de 2022.

1. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, así como as entidades sen ánimo de lucro.

2. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4. A xustificación por parte das persoas ou entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obter a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Deberán cubrirse, necesariamente, todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, sendo unicamente válidas as solicitudes que se presente no modelo establecido.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención, de ser persoa ou entidade beneficiaria dela.

Documentación complementaria.

1. As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito, que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

b) Autorización para a comprobación de datos das persoas traballadoras contratadas (anexo III).

c) Declaracións da persoa traballadora contratada (anexo IV).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa ou entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código do procedemento (TR349L) e o órgano responsable, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento o órgano xestor da axuda consultará automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

e) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

h) Consulta concesións pola regla de minimis.

i) Consulta concesións de subvencións e axudas.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións.

k) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

l) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.

m) Inscrición da persoa traballadora contratada como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego, nas datas de referencia (selección e contratación).

n) Inscrición como beneficiaria no ficheiro do SNGX nas datas de referencia (selección e contratación).

2. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa ou entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A persoa ou entidade beneficiaria e as persoas destinatarias finais das axudas, mediante a sinatura dos anexos I e III respectivamente, autorizan expresamente ao organismo intermedio do programa operativo de Emprego Xuvenil (a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos) a consultar a información relativa á obriga de manter o contrato de traballo durante un mínimo de 6 meses.

Para tal fin, a persoa ou entidade beneficiaria someterase ás actuacións de comprobación e control, e facilitará toda a información requirida polos órganos verificadores establecidos en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).

    • Extracto da Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).

    • Corrección de erros. Orde do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano