Guía de procedementos e servizos

TR349L

Incentivos á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e á súa transformación en contrato indefinido.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 31/12/2015 00:00 - 30/09/2016 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2016 dos programas de incentivos a contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, a través do seguinte programa:

- Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881586 / 881881583

Fax: 881881581

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294274

Fax: 982294358

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, 79, 7º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386823

Fax: 988386770

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817076

Fax: 986817010

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

31/12/2015 00:00 - 30/09/2016 23:59

Comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2016.

1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas desempregadas, que non tiveran traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación e inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

2. Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial superior a 6 meses, agás o contrato en prácticas realizado conforme ao artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, que terá unha duración inicial mínima de 12 meses.

3. O contrato para a formación e a aprendizaxe deberá adecuarse ao establecido no Real Decreto 1529/2012, do 8 de novembro, polo que se desenvolve o contrato para a formación e a aprendizaxe e se establecen as bases da formación profesional dual. Os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima dun ano. Non obstante, mediante convenio colectivo poderán establecerse distintas duracións do contrato, en función das necesidades organizativas ou produtivas das empresas, sen que a duración mínima poida ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos.

Así mesmo será necesario que a actividade formativa sexa autorizada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

4. Como consecuencia da contratación temporal pola que se solicita a subvención ten que incrementarse o emprego neto da entidade solicitante no ámbito territorial de Galicia respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

Para o cálculo do incremento do cadro de persoal non se computarán as persoas traballadoras cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por finalización do contrato.

5. No suposto de transformación dun contrato temporal subvencionado en indefinido, aplicaranse as normas do capítulo II da presente orde, agás o requisito do incremento do emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia.

6. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

  • As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo II-A, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada ou cotexada:

    1. No caso de non presentar a autorización para a consulta dos datos de identidade da persoa solicitante e/ou da persoa representante da entidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade, de acordo co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, copia do DNI ou do NIE.

    Se o solicitante e persoa xurídica, NIF da empresa no caso de que se denegue expresamente a súa consulta a traves do servizo de interoperabilidade correspondente, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.

    2. Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada, segundo o modelo do anexo II -B.

    3. Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que se solicita na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención, segundo o modelo do anexo II -C e a nómina do mes de contratación.

    4. Documentos TC2 correspondentes á mensualidade anterior ao mes de realización da contratación, e se e o caso, documentos TC2 correspondentes a mensualidade da contratación obxecto de solicitude de subvención.

    Se e o caso, documentos acreditativos das baixas previstas no artigo 28 punto 4.

    5. No caso do contrato para a formación e aprendizaxe, acordos para a actividade formativa autorizados pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

  • De non achegarse con anterioridade, o pagamento das subvencións quedará condicionado á presentación da documentación xustificativa para o pagamento no prazo, nos termos e no modo establecido na resolución de concesión, ou no seu caso, ata o 20 de decembro de 2016. Excepcionalmente e por causas debidamente xustificadas o órgano concedente poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación que non exceda da metade deste. O acordo de ampliación deberá ser notificado ás persoas ou entidades beneficiarias.

    A documentación a presentar e a seguinte:

    a) Documento TC2 correspondente á mensualidade da contratación obxecto de subvención.

    b) Cumprimento por parte da empresa da obriga de informar as persoas traballadoras subvencionadas acerca do financiamento comunitario da subvención dos seus contratos, segundo o modelo do anexo II -E.

    c) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo II-D.

    d) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas de información e publicidade ás que se refire o artigo 14.2.a) desta orde.

    e) Información dos indicadores de execución sobre as entidades e os participantes aos que se refiren os anexos I e II do Regulamento (UE) num. 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, de acordo co modelo que estará dispoñible na páxina web do Programa de Garantía Xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es).

    f) Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

    g) Se e o caso, extracto do balance provisional contable da entidade beneficiaria, asinado e selado, que permita verificar a contabilidade separada dos gastos subvencionados e da subvención concedida. Os documentos contables que se achegen deben incluír as contas ou as subcontas en que se contabilizaron os gastos imputados, as datas e os números dos asentos contables, e a indicación especifica do seu cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. Estes documentos contables poden ir acompañados dunha breve explicación sobre a sistemática de contabilización dos gastos.

    Non poderá realizarse o pagamento da subvención en tanto a entidade beneficiaria non estea ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social ou teña pendente de pagamento algunha outra debeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedora en virtude de resolución firme declarativa de procedencia de reintegro.

  • As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes por vía electrónica será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia,da persoa solicitante ou da persoa representante que actúe con poder suficiente.

    Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

    • Orde do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2016).

    • Resolución do 17 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2015) (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

BS303C

Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59

BS303D

Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras

Tramitar en liña

Prazo aberto: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano