Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR349I
Programa II: Procedemento de Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2017 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e Unións Temporais de Empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de Unións Temporais de Empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881586/ 881881583
Fax: 881881581
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294274
Fax: 982294358
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, 79, 7º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386825
Fax: 988386770
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817076
Fax: 986817010
Prazo de presentación: PECHADO
05/08/2017 00:00 - 02/10/2017 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida inicial a tempo completo e non ter traballado no día natural anterior á data da contratación.
2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
3. Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
4. Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán ás persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despedimento disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se producisen por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.
No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
5. Os contratos de traballo subscritos cos traballadores e traballadoras seleccionados/as deberán comunicarse á oficina de emprego correspondente, necesariamente a través do aplicativo CONTRAT@, agás no caso de empresas de menos de cinco traballadores, que poderán facelo a través deste aplicativo ou ben por escrito.
Solicitude segundo o Anexo I-A, acompañada da seguinte documentación:
Declaración do cadro de persoal, neto e fixo, de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de inicio da relación laboral da persoa traballadora contratada pola cal se solicita subvención (anexo II-A). No seu caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras indefinidas contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 40.4 da orde de convocatoria.
Informe de vida laboral dun Código Conta de Cotización correspondente ao mes anterior ao da contratación indefinida inicial, máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación.
Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención, na cal se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo III-A) e a nómina do mes de contratación.
Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de exclusión social ou discapacidade recoñecida fóra de Galicia).
Declaración responsable da composición da unidade familiar (anexo IV-A).
Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar, se é o caso.
Copia do libro de familia, se é o caso.
Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar (anexo V-A).
No caso de actuar por medio de representante, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa solicitante.
Comprobación de datos.
1.Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo I-A, para as persoas solicitantes:
DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
NIF da empresa, no caso de ser persoa xurídica.
Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
2. Así mesmo, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, segundo figura no anexo V-A, para as persoas traballadoras e os membros da súa unidade familiar:
Inscrición no Servizo Público de Emprego.
De ser o caso, certificado de inscrición no rexistro de parellas de feito de Galicia.
Datos de identidade (DNI ou NIE) das persoas maiores de 16 anos.
Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativo ás persoas maiores de 16 anos.
Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas maiores de 16 anos.
Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo nos referidos anexos e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- Fase de Solicitude
- Documento de solicitude (Anexo I-A)
- Declaración responsable da composición da unidade familiar (Anexo IV-A)
- Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar (Anexo V-A)
- Relación de persoas traballadoras polas cales se solicita subvención (Anexo III-A)
- Declaración do cadro de persoal (Anexo II-A)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2017).
-
Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2017).
-
Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG. nº 167 do 4 de setembro de 2017).
-
Resolución do 3 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas polo Programa I (emprego autónomo) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto de 2017) (DOG nº 98 24 de maio de 2019),
-
Resolución do 17 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas polo Programa II (fomento da contratación por conta allea) ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 125 do 3 de xullo de 2019).
-
Resolución do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro (Diario Oficial de Galicia número 148, do 4 de agosto) (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Prazas xuvenís, Programa campaña de verán.
Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 15/05/2025 23:59
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano