Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR343A
Subvencións pola contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nas empresas ordinarias con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria, para o ano 2017, das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través do seguinte programa:
- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (capítulo II). Procedemento TR343A.
Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
Neste programa recóllense os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de persoas traballadoras con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal (mínimo 1 ano de duración).
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2017, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.
Neste programa subvenciónase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
Os contratos e as transformacións de contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención deberanse formalizar e comunicar á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
1. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os/as empregadores/as e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, fundacións, asociacións e outras institucións sen fin de lucro, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos neste capítulo.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, nin os centros especiais de emprego.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro S/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544682/ 981544716
Fax: 981544678
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881584/ 881881577
Fax: 881881581
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
R./Ronda da Muralla, nº 70-baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294255/ 982294260
Fax: 982294258
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 7ª
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386819
Fax: 988386770
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
R./ Concepción Arenal, nº 8, 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817076/ 986817077
Fax: 986817010
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2017 00:00 - 02/10/2017 23:59
a) As solicitudes de axudas á contratación deberanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes, que finalizará o 30 de setembro de 2017.
b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo poderán presentarse antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes, que finalizará o 30 de setembro de 2017.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
No caso das solicitudes do Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, entenderase que a persoa ou entidade solicitante desiste da súa solicitude cando o traballador ou traballadora por que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante en data anterior á resolución da concesión da axuda. A empresa solicitante está obrigada a comunicar esta circunstancia ao órgano ante o cal solicitou a axuda.
Exclusións e requisitos.
1. Exclúense dos beneficios regulados neste programa:
a) As contratacións realizadas con traballadores e traballadoras que nos 24 meses anteriores á data da contratación prestasen servizos na mesma empresa ou “única empresa”, segundo o establecido no artigo 2 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, mediante un contrato por tempo indefinido. Isto tamén será de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador ou traballadora con empresas ás cales a solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2016, do 23 de outubro.
b) Traballadores e traballadoras que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou por despedimento colectivo.
Esta exclusión non será de aplicación cando a contratación indefinida se realice cun traballador ou traballadora con discapacidade procedente dun centro especial de emprego. Tampouco será de aplicación no suposto da incorporación a unha empresa ordinaria de traballadores e traballadoras con discapacidade no marco do Programa de emprego con apoio.
2. En todo caso, as exclusións das letras a) e b) do número anterior non se aplicarán cando se trate da contratación de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
3. Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013), non se poderán conceder nos seguintes casos:
a) As empresas que operen no sector da pesca e acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013 (DOUE L354, do 28 de decembro de 2013).
b) As empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos seguintes casos:
I) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
II) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela se repercuta aos produtores primarios.
d) As empresas que realicen actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros, cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.
e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexo I desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:
a) Se o solicitante é unha persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Relación nominal dos traballadores ou traballadoras polos cales se solicita subvención, que incluirá a declaración da empresa sobre os custos salariais de dúas anualidades do traballador ou traballadora contratada (segundo o modelo do anexo II).
c) Descrición detallada do posto de traballo que se vai cubrir e as súas características técnicas, segundo o modelo anexo VII da orde, ou aqueloutro que, respectando o seu contido, presente a persoa ou entidade solicitante.
d) No suposto de empresas colaboradoras en enclaves laborais, contrato realizado co centro especial de emprego, nos termos e condicións establecidas no artigo 5 do Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro.
e) No caso do incremento das axudas pola adaptación dos postos de traballo ocupados por persoas traballadoras con discapacidade, se é o caso, memoria descritiva da necesidade de adaptación ou dotación de medios de protección persoal con indicación do seu custo e calendario de execución.
f) No caso de que as persoas traballadoras con discapacidade polas que se solicita subvención pertenzan a unha familia en que todos os seus membros están desempregados:
Declaración responsable da persoa solicitante da subvención sobre a composición da súa unidade familiar, de acordo co modelo do anexo X.
Certificado de empadroamento conxunto da unidade familiar.
Copia do libro de familia.
g) Anexo XI cuberto para a comprobación de datos da persoa traballadora contratada e das persoas que compoñen a súa unidade familiar.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nos capítulos II e III desta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social a entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria a entidade solicitante.
e) NIF da entidade solicitante.
f) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención e das persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención.
g) Inscrición como demandante de emprego no servizo público de emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e que lles sexa de aplicación esta circunstancia.
h) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e que lles sexa de aplicación esta circunstancia.
2. Cando se faga constar no anexo X que pertence a unha familia na cal todas as persoas que a compoñen están desempregadas, consultaranse ademais os seguinte datos:
a) Documento nacional de identidade das persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.
b) Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativo ás persoas membros da unidade familiar maiores de 16 anos.
c) Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar.
d) Certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, se é o caso.
3. No caso de que as persoas destinatarias finais da subvención e, de ser o caso, as persoas integrantes da súa unidade familiar, se opoñan á consulta de datos deberán indicalo expresamente no anexo XI e achegar os documentos que correspondan.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Para o procedemento do programa regulado no capítulo II desta orde (TR343A), as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De acordo co disposto no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017, a xustificación da concorrencia das circunstancias indicadas no devandito artigo para establecer a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración na presentación das persoas físicas vén motivada polo feito de que as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, as asociacións, fundacións e outras entidades sen animo de lucro e os centros especiais de emprego. Todas elas, incluídas as persoas autónomas, exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, en calquera actividade comercial que realicen.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirírase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde, nos modelos de solicitude que figuran como anexos, xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada programa, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
- Fase de solicitude
- Subvencións pola contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e das persoas que compoñen a súa unidade familiar (Anexo XI)
- Declaración responsable da composición da unidade familiar (Anexo X)
- Descrición do posto de traballo que vai ocupar a persoa traballadora con discapacidade (Anexo VII)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2017).
-
Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas no capítulo II da Orde do 5 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 239 do9 de decembro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)
Aberto todo o ano